Gonzalo Mella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mella
Información persoal
Nome Gonzalo Mella Liñares
Nacemento 18 de decembro de 1967
Lugar de nacemento Rarís
Altura 1,74 m.
Posición dianteiro, dianteira
Carreira xuvenil
Calo
1985–1986 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1985–1988 Fabril
1986–1990 Deportivo da Coruña 23 (1)
1988–1989 Racing de Ferrol 21 (3)
1990–1991 Compostela 25 (4)
1991–1995 Bergantiños
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Gonzalo Mella Liñares, nado en Rarís, Teo, o 18 de decembro de 1967, é un exfutbolista galego, que xogaba de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Naceu en Rarís, sendo un dos dous fillos do aviador José Mella Pascual e de Nélida Liñares.[1] Formouse como futbolista no Calo, pasando en 1985 ao Deportivo da Coruña Xuvenil, co que non chegou a xogar a tempada completa, pois foi subido ao Fabril.[2] No verán de 1986, con 16 anos, Eusebio Ríos chamouno para realizar a pretempada co primeiro equipo do Deportivo da Coruña, disputando varios amigables e recibindo as súas primeiras convocatorias para partidos de liga.[3] Con todo, unha lesión de pube cortou a súa progresión. Recuperado, regresou ao Fabril, e o 25 de outubro de 1987 debutou en partido oficial co Deportivo da man do adestrador Luis Rodríguez Vaz, nun encontro da Segunda División ante o Granada no que tamén se estrearon co equipo os fabrilistas Busto e José Ramón. Xogou cinco xornadas consecutivas como titular e a continuación volveu ao Fabril, ata que en febreiro de 1988 sufriu unha grave lesión nun partido ante o Portonovo, con fractura de peroné e fisura de xeonllo.[4] Trala recuperación volveu ás filas do filial, e en decembro dese mesmo ano saíu cedido ao Racing de Ferrol, da Segunda División B, debutando cun gol contra o As Pontes.

Na tempada 1989/90 formou parte do primeiro equipo do Deportivo, con Arsenio Iglesias como adestrador, co que xogou 18 partidos, todos como suplente. Marcou un gol, nunha vitoria por 2-0 ante o Betis en Riazor. Deixou o club ao remate da tempada e asinou co Compostela, de Segunda B. A pesar de marcar dous goles nos seus dous primeiros partidos, custoulle entrar no once titular de Castro Santos e non chegou a ter demasiada continuidade, polo que ao remate da tempada, despois de lograr o ascenso a Segunda División, decidiu deixar o equipo.[5] A continuación fichou polo Bergantiños, co que xogou durante catro tempadas en Terceira División, ata a súa retirada en 1995.

Como preparador físico[editar | editar a fonte]

Despois de colgar as botas continuou vencellado ao mundo do fútbol e xa no ano da súa retirada pasou a traballar como preparador físico do Vista Alegre, filial do Compostela. En 1999 foi elixido por José María Caneda para exercer esa mesma función no primeiro equipo, da Segunda División.[6]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É pai de David Mella, futbolista do Fabril.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pesar por la muerte de José Mella Pascual, uno de los grandes de la aviación en Galicia". El Correo Gallego (en castelán). 6 de xaneiro de 2018. Consultado o 16 de maio de 2022. 
  2. "Mella: «Tengo ciertas esperanzas de jugar en Las Palmas, pero no me hago demasiadas ilusiones»". La Voz de Galicia. 29 de novembro de 1989. p. 52. 
  3. "Esta tarde, a las 8, en Riazor, un Deportivo-Bübao Ath. esperado con gran ilusión por los aficionados". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de setembro de 1986. p. 34. 
  4. "El deportivista Mella resultó gravemente lesionado cuando jugaba con el Fabril en Portonovo". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de febreiro de 1988. p. 58. 
  5. "Qué grande eres, Compostela". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xuño de 1991. 
  6. "Gonzalo Mella, nuevo responsable". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de marzo de 1999. p. 53. 
  7. "El cadete David Mella, convocado por la selección española sub-16" (en castelán). 11 de maio de 2021. Consultado o 16 de maio de 2022.