Goiabeira
Goiabeira | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Goiabeira (Psidium guajava) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
'Psidium guajava' L. |
A goiabeira[1] (Psidium guajava L.) é unha pequena árbore froiteira tropical, nativa de toda a América, agás Canadá[2]. O froito é coñecido como goiaba[1] ou guaiaba.[3]
No Brasil é coñecida polo nome de araçá.
Presenta tres variedades:
- Psidium guajava var. cujavillum (Burman) Krug & Urb. 1894
- Psidium guajava var. guajava
- Psidium guajava var. minor Mattos 1976
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]É un arbusto ou arboriña natural da América tropical. Moi cultivada para a produción de froitos, en pomares domésticos ou comerciais, medra espontaneamente en todo o Brasil. Hoxe atópase brava noutras zonas tropicais do planeta, coma en África do Sur. É considerada planta invasora nos EUA.
Descrición
[editar | editar a fonte]Pequena árbore semidecidua de até 6 m de altura.
Tronco tortuoso, pólas novas cuadrangulares e pubescentes. A madeira é dura, a casca, lisa, con taninos e de cor cinsenta, escama con frecuencia e presenta manchas.
Follas ovais, opostas, sinxelas, cartáceas, de até 12 cm de longo e cor verde clara.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a9/Psidium_guajava2952420494.jpg/120px-Psidium_guajava2952420494.jpg)
Flores pequenas, brancas, solitarias ou en pequenos acios, formadas na primavera[4].
Os froitos son bagas verdes ou amarelas de pela rugosa, con polpa suculenta doce acidulada aromática, branca, rósea, avermellada ou arroxada, con moitos "carozos" (sementes). Madurecen no verán.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/14/Guava_Thailand.jpg/120px-Guava_Thailand.jpg)
Os catro sépalos da flor persisten na extremidade da goiaba.
Na natureza, a goiaba é case sempre atacada polo bicho da goiaba, larva da mosca do xénero Anastrepha.
Usos
[editar | editar a fonte]As goiabas consómense principalmente frescas ou en forma de doces (goiabada), compotas, xeleas, zumes e sorbetes. Úsanse moito na industria.
Son ricas en vitamina C, con de 180 a 300 miligramos de vitamina por 100 gramos de froita (mais cá laranxa ou o limón). Ten cantidades razoábeis de vitaminas A e do complexo B, alén de sales minerais, como calcio, fósforo e ferro.
Uso medicinal
[editar | editar a fonte]En etnofarmacoloxía a raíz é usada para diarreas na infancia. A infusión, en gargarexos ou gargarismos, é usado para inflamacións da boca e da gorxa ou en lavaduras de úlceras e na leucorrea[5][6].
As follas teñen un aceite volátil rico en sesquiterpenos, entre eles o bisaboleno, alén do dietoximetano e dietoxetano que dan o aroma dos froitos. O principal compoñente do aceite das sementes é o ácido linoleico[7][8].
O extracto acuoso do "ollo" (gromo) da goiabeira ten unha intensa actividade contra Salmonela, a Serratia e Staphylococcus, grandes responsábeis das diarreas de orixe microbiana. A actividade é máis forte na variedade de polpa vermella, e máis fraca nas follas adultas e na casca[5]. A polpa é usada para tratar parasitos intestinais coma Giardia lamblia e lombrigas (Enterobius vermicularis).
Sinonimia
[editar | editar a fonte]- Myrtus guajava (L.) Kunze 1898
- Psidium cujavus L. 1754
- Psidium pomiferum L. 1762
- Psidium pyriferum L. 1762
- Psidium cujavillus Burm.f. 1768
- Psidium angustifolium Lam. 1789
- Psidium pumilum Vahl 1791
- Psidium vulgare Rich. 1792
- Psidium sapidissimum Jacq. 1798
- Psidium pumilum var. guadalupense DC. 1828
- Psidium aromaticum Blanco 1837, nom. illeg.
- Psidium pyriferum var. glabrum Benth. 1840
- Psidium fragrans Macfad. 1850
- Psidium intermedium Zipp. ex Blume 1850
- Psidium prostratum O.Berg 1856
- Guajava pumila (Vahl) Kuntze 1891
- Guajava pyrifera (L.) Kuntze 1891
- Syzygium ellipticum K.Schum. & Lauterb. 1900
- Psidium igatemyense Barb.Rodr. 1903.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009.
- ↑ Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. 13 Sep 2009
- ↑ VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 127. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0
- ↑ Lorenzi, Harri: Árvores brasileiras: manual de identificação e cultivo de plantas arbóreas do Brasil, vol. 1. Instituto Plantarum, Nova Odessa, SP, 2002, 4a. edição. ISBN 85-86174-16-X
- ↑ 5,0 5,1 Matos, F.J.A. 2002. Farmácias Vivas - sistema de utilização de plantas medicinais projetado para pequenas comunidades, 4a. edição. Edições UFC, Fortaleza. (citado en Lorenzi, Harri; Abreu Matos, Francisco José de: Plantas medicinais no Brasil: nativas e exóticas cultivadas. Instituto Plantarum, Nova Odessa, SP, 2002. ISBN 85-86714-18-6)
- ↑ Carriconde, C. 2000. Introdução ao uso de fitoterápicos nas patologias de APS. CNMP, Olinda (citado en Lorenzi, Harri; Abreu Matos, Francisco José de: Plantas medicinais no Brasil: nativas e exóticas cultivadas. Instituto Plantarum, Nova Odessa, SP, 2002. ISBN 85-86714-18-6)
- ↑ Craveiro, A.A., G.F. Fernandes, C.H.S. Andrade et al., 1981. Óleos essenciais de plantas do Nordeste. Edições UFC, Fortaleza (citado en Lorenzi, Harri; Abreu Matos, Francisco José de: Plantas medicinais no Brasil: nativas e exóticas cultivadas. Instituto Plantarum, Nova Odessa, SP, 2002. ISBN 85-86714-18-6)
- ↑ Robineau, L.G. (ed.) 1995. Hacia una farmacopea caribeña/TRAMIL. Enda-Caribe UAG & Universidad de Antioquia. Santo Domingo (citado en Lorenzi, Harri; Abreu Matos, Francisco José de: Plantas medicinais no Brasil: nativas e exóticas cultivadas. Instituto Plantarum, Nova Odessa, SP, 2002. ISBN 85-86714-18-6)
- ↑ Sinónimos en Kew