Saltar ao contido

Serratia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Serratia
Serratia
Bartolomeo Bizio 1823 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
 Taxon homónimo
Características
 Hóspede
Clasificación taxonómica
 ReinoPseudomonadati
 FiloPseudomonadota
 ClaseGammaproteobacteria
 OrdeEnterobacterales
 FamiliaYersiniaceae
 XéneroSerratia Editar o valor en Wikidata
Bartolomeo Bizio, 1823 Serratia Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/02p2cgq Editar o valor en Wikidata
MeSHD012705 Editar o valor en Wikidata
CIE-11237808899 Editar o valor en Wikidata
eMedicine228495 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2776450100 Editar o valor en Wikidata
ITIS591707 Editar o valor en Wikidata
OTT806315 Editar o valor en Wikidata
CoL7FX5 Editar o valor en Wikidata
EOL83136 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Serratia é un xénero de bacterias gramnegativas, anaerobias facultativas, con forma de bacilo da familia das Enterobacteriaceae. A especie máis común do xénero é S. marcescens, que normalmente é a única patóxena e xeralmente causa infeccións nosocomiais (hospitalarias). Porén, hai raras cepas de S. plymuthica, S. liquefaciens, S. rubidaea, e S. odoriferae que poden causar enfermidades infecciosas.[1] Membros deste xénero producen un pigmento vermello característico chamado prodixiosina, e poden distinguirse doutros membros da familia Enterobacteriaceae pola súa característica produción de tres encimas: DNase, lipase, e xelatinase.[2]

Antes pensábase que S. marcescens non era unha bacteria patóxena, ata que se descubriron as súas capacidades infecciosas. Debido ao pigmento vermello que produce, foi moi utilizada para rastrear a transmisión bacteriana e para estudar o asentamento e arrastre da bacteria polas correntes de aire.

Infeccións en humanos

[editar | editar a fonte]

Nos hospitais, as especies de Serratia tenden a colonizar nos adultos os tractos respiratorio e urinario, en vez do tracto gastrointestinal (a pesar de ser unha Enterobacteriaceae).

A infección por Serratia é responsable de aproximadamente o 2% das infeccións nosocomiais do sangue, tracto respiratorio superior e tracto urinario, feridas cirúrxicas, e pel e tecidos brandos en pacientes adultos. En salas de pediatría téñense informado de estalidos de infeccións de meninxite por S. marcescens, infeccións de feridas, e artrite.[3]

As infeccións por Serratia causaron endocardite e osteomielite en persoas adictas á heroína.[4]

Informouse de casos de artrite por Serratia en pacientes ambulatorios que recibiron inxeccións intraarticulares.

  1. Basilio J. Anía, M.D. "Serratia". eMedicine. Consultado o 2007-03-14.
  2. "Serratia". University of Texas at Houston Medical School. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2007. Consultado o 2007-03-14.
  3. Health Canada. MSDS - Infectious Substances. Serratia. (http://www.phac-aspc.gc.ca/lab-bio/res/psds-ftss/msds138e-eng.php Arquivado 04 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.) Accessed 07 July 2011.
  4. MicrobeWiki, Serratia marcescens (http://microbewiki.kenyon.edu/index.php/Serratia_marcescens). Accessed 07 July 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]