Glomerulonefrite membranosa
| Glomeruloesclerose segmentaria e focal | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||
| Características | |||||||||||||||||||||||
|
Especialidade médica
| |||||||||||||||||||||||
|
Fármacos para tratamento
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||
A glomerulonefrite membranosa (GM), tamén coñecida coma nefropatía membranosa , é unha doenza que afecta ao glomérulo renal (glomerulopatía). É a causa máis frecuente de síndrome nefrótica en adultos, afectando máis predominantemente a estes últimos e a anciáns máis que a nenos.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]Caracterízase por ser unha doenza causada por antíxenos específicos e anticorpos que se forman na membrana basal glomerular.
Aínda que a forma máis habitual é a idiopática ou primaria [2], existen outras causas que poden producir esta doenza, entre elas certas infeccións (sífilis, hepatite B, malaria), cancros coma o de mama ou pulmón, lupus eritematoso sistémico, síndrome de Sjögren, tiroidite de Hashimoto, ou fármacos coma o captopril, a penicilamina ou os sales de ouro. É máis frecuente en homes ca en mulleres.
