Saltar ao contido

Doenza de lesión mínima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Doenza de lesión mínima
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento consúltello ao médico.
 Instancia de
Características
 Especialidade médica
 Fármacos para tratamento
Códigos e identificadores
Freebase/m/06n0sr Editar o valor en Wikidata
MeSHD009402 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC34844 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB8230 Editar o valor en Wikidata
CIE-111642749578 Editar o valor en Wikidata
CIE-10N04 Editar o valor en Wikidata
CIE-9581.3 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus000496 Editar o valor en Wikidata
eMedicine243348 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2777747828 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A doenza de lesión mínima, tamén coñecida coma glomerulonefrite de lesión mínima ou doenza de cambios mínimos, é unha doenza que afecta ao glomérulo renal (glomerulopatía). Constitúe unha das glomerulonefrites máis frecuentes na idade infantil,[1] e é a doenza que máis adoita causar síndrome nefrótica en nenos, estando presente nun 80% dos casos. Tamén é a responsable do 20% dos casos de síndrome nefrótica idiopática no adulto. É lixeiramente máis frecuente en nenos que en nenas.

Até o de agora as causas da doenza de lesión mínima son desoñecidas. A asociación desta doenza co linfoma de Hodking, a grande resposta que ten ao tratamento con corticoides, e a curación da doenza cando o individuo padece xarampón, suxestona que podería estar causado por unha actividade alterada dos linfocitos T (probábelmente do subtipo CD34+). A actuación destes linfócitos podería lesionar a barreira de permeabilidade, producíndose a perda de substancias do glomérulo, e causando proteinuria e hematuria (presenza de proteínas e eritrocitos na urina). Os fármacos de tipo antiinflamatorio non-esteroideos (AINEs) poden provocar tamén doenza de lesión mínima.

Signos e síntomas

[editar | editar a fonte]

O xeito de se presentar esta doenza é en forma de síndrome nefrótica, e polo tanto adoita existir hematuria, proteinuria, edemas nas extremidades inferiores e na face, e nos casos máis graves unha insuficiencia renal aguda. Analíticamente, obsérvase unha diminución das proteínas no sangue (hiporpoteinemia), aumento dos niveis de colesterol e triglicéridos.

Tratamento

[editar | editar a fonte]

O tratamento desta patoloxía é con corticoides, que conseguen curar a doenza non 90% dos casos. Se estes non fosen efectivos, ou a doenza tornase aparecer unha vez curada, cómpre realizar unha biopsia renal para descartar que o doente non padeza outro tipo de glomerulopatía e o diagnóstico fose errado nun primeiro momento. No caso de existiren recaídas, a ciclofosfamida pode ser un fármaco axeitado, e como alternativa podería ser utilizado o tracrolimus ou a cliclosporina.

  1. Harrison: Principios de Medicina Interna, 18º Edición. DL Longo, AS Fauci, DL Kasper, SL Hauser, JL Jameson, E Braunwauld. Ed McGraw Hill, 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]