Globomedia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sede de Globomedia en Madrid.

Globomedia é unha produtora de televisión española, creadora de series de ficción, programas de entretemento, películas, anuncios de televisión e outros contidos audiovisuais. Dende 2009 está presidida por Daniel Écija. Forma parte do Grupo Globomedia, un conglomerado de empresas que actúa en toda a cadea de valor do audiovisual, con presenza en máis de 150 países de todo o mundo.

Globomedia produciu ata abril de 2015 un total de 40 series de ficción, 114 programas de entretemento, 12 longametraxes, 8 espectáculos teatrais e numerosas galas e especiais de televisión.

Televisión[editar | editar a fonte]

Series de ficción[editar | editar a fonte]

Programas de entretemento e actualidade[editar | editar a fonte]

Galas, especiais e premios[editar | editar a fonte]

Globomedia produciu, dende a súa fundación, numerosas galas e especiais para distintas cadeas de televisión, como La noche más mágica (1997, Telecinco) ou a gala dos Premios Amigo de 2000 (Antena 3).[1]

Dende 2012 produce, en colaboración con Fanta, a gala anual dos premios Neox Fan Awards.[2]

En xaneiro de 2015 produce para Antena 3 a gala 25 años emocionando, un especial de gran formato con motivo do 25 aniversario da cadea.[3]

Cine[editar | editar a fonte]

Título Xénero Director Data de estrea
La isla de la tortuga Drama Jesús del Cerro 11 de febreiro de 1999
¡Mamá, preséntame a papá! Comedia Charlotte de Turckheim 23 de xullo de 1999
No te fallaré Drama Manuel Ríos San Martín 2 de marzo de 2001
Fuera de carta Comedia Nacho G. Velilla 11 de abril de 2008
Carlitos y el Campo de los Sueños Comedia Jesús del Cerro 22 de agosto de 2008
Fuga de cerebros Comedia Fernando González Molina 24 de abril de 2009
Pájaros de papel Comedia dramática Emilio Aragón 12 de marzo de 2010
3 metros sobre el cielo Drama Fernando González Molina 3 de decembro de 2010
Águila Roja: la película Aventuras José Ramón Ayerra 20 de abril de 2011
Fuga de cerebros 2 Comedia Carlos Therón 2 de decembro de 2011
Tengo ganas de ti (3MSC 2) Drama Fernando González Molina 22 de xuño de 2012
Kamikaze Comedia dramática Álex Pina 28 de marzo de 2014
A Night in Old Mexico Drama Emilio Aragón 9 de maio de 2014

Documentais[editar | editar a fonte]

Globomedia produciu un total de 19 programas documentales, para distintas cadeas de televisión, entre os que destacan Planeta Zara (2002, Canal+), La huella de la cocaína (2003, Documentos TV de TVE) ou La vida de Miliki: el largo camino de regreso (2012, Antena 3).

Teatro[editar | editar a fonte]

Título Xénero Data de estrea
Noviembre (de David Mamet) Comedia 10 de outubro de 2008
¡Que viene Richi! Comedia. Adaptación de The Nerd de Larry Shue 12 de febreiro de 2008
Los irrepetibles Improvisación 7 de setembro de 2006
Hombres, mujeres y punto Comedia en vivo 19 de agosto de 2004
4 años y 1 día Comedia 21 de agosto de 2003
5mujeres.com Comedia en vivo 21 de agosto de 2002
Francamente, la vida según San Francisco Comedia en vivo 1 de abril de 2001
5hombres.com Comedia en vivo 29 de setembro de 2000

Música[editar | editar a fonte]

Globomedia Música é a división do Grupo Globomedia dedicada a crear música utilizada en series, programas de televisión e filmes do Grupo.[4] Editou a produción musical de artistas como Pol 3.14, Miguel Ángel Muñoz, Fran Perea, El sueño de Morfeo, Robert Ramírez e Pignoise, entre outros. Tamén xestiona a produción musical de Francis White e María Sagana.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ABC, ed. (13 de novembro de 2000). "Andreu Buenafuente conduce a gala dos Premios Amigos que este luns retransmite Antena 3". Hoy Cinema. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2015. Consultado o 30 de abril de 2015. 
  2. "Patricia Conde e Arturo Valls presentan a gala 'Neox Fan Awards'". FormulaTV. 23 de outubro de 2012. Consultado o 30 de abril de 2015. 
  3. "Gala especial por motivo do 25 aniversario de Antena 3". Antena3.com. 30 de xaneiro de 2015. Consultado o 13 de abril de 2015. 
  4. "Globomedia Música". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2015. Consultado o 24 de marzo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]