Saltar ao contido

Águila Roja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Águila Roja
Creado porDaniel Écija
Carmen O. Carbonero
IntérpretesDavid Janer
Javier Gutiérrez
Pepa Aniorte
Inma Cuesta
Miryam Gallego
Santiago Molero
Erika Sanz
Roberto Álamo
Guillermo Campra
Borja Sicilia
Óscar Casas
Patrick Criado
Elisa Mouliaá
Coa colaboración de
Manuela Velasco
Xabier Elorriaga
José Ángel Egido
Francis Lorenzo
no papel de "Comisario"
País de orixeEspaña España
Lingua(s)Castelán
Episodios116
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Hugo Villarubia
Localización(s)Madrid
Duración75 min.
Emisión orixinal
Canle de orixeLa 1
Primeiro episodio19 de febreiro de 2009
Derradeiro episodio27 de outubro de 2016
Na rede
http://www.rtve.es/television/aguila-roja/
IMDB: tt1381020 Filmaffinity: 267783 Allocine: 4811
Facebook: aguilaroja Twitter: aguilaroja_tve Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Águila Roja (en galego: "Aguia Vermella") foi unha serie de televisión española de aventuras, producida pola empresa Globomedia para Televisión Española. Foi emitida en La 1 entre o 19 de febreiro de 2009 e o 27 de outubro de 2016. Esta produción contaba no seu elenco con varios actores galegos entre os seus protagonistas, como é o caso de Miryam Gallego, Javier Gutiérrez e Francis Lorenzo.

A serie está ambientada no Madrid do Século de Ouro, durante o reinado de Filipe IV, cara ao 1660. Céntrase nas aventuras do seu protagonista, Gonzalo de Montalvo (David Janer), mestre de escola da vila e tamén heroe enmascarado.

Recibiu numerosos premios especialmente nas súas primeiras tempadas, entre eles o TP de Ouro (2009, 2010 e 2011) e o Premio Ondas (2010) á mellor serie nacional. A serie emitiuse, en versión orixinal ou adaptada, en decenas de países, entre eles Francia e o Reino Unido.

Ambientación

[editar | editar a fonte]

A serie esta ambientada en España, ao redor do ano 1660, durante o reinado de Filipe IV. Este, segundo a ficción, tivera aos dous protagonistas (Gonzalo de Montalvo e Hernán Mejías) como fillos dunha muller á que seduciu, Laura de Montignac. Outra cousa que se representa na historia é a vida do médico e nobre Juan de Calatrava, duque de Velasco e Fonseca, Grande de España. Apenas se descubriu a rotación da Terra e a circulación sanguínea, e a ciencia xa era admitida pola Igrexa Católica. O lugar de ambientación é a Vila de Madrid. En 1656, a Vila de Madrid contaba cuns 125 000 habitantes, dos cales os personaxes que aparecen son uns deles.

  • Primeira tempada: Gonzalo de Montalvo, mestre de escola, transfórmase no personaxe denominado "Águila Roja" para descubrir quen matou a súa esposa Cristina e vingar a súa morte, o que implica desbaratar as conspiracións contra a coroa dos Austrias por parte dunha sociedade secreta, a Loxa, á que pertencen Hernán Mejías (o Comisario da Vila) e Lucrecia, marquesa de Santillana. Para iso contará coa axuda de Saturno, o seu fiel criado (a quen sacou da prisión da Vila), e de Agustín, un misterioso frade que leva coidando del desde a "suposta" morte dos seus pais.
"Águila Roja" vai enmascarado e usa diversas armas: principalmente unha catana pero tamén uns shuriken, arco e frechas e unhas béstas. Nunca usa armas de fogo. Ao final desta tempada, Águila Roja descobre que o asasino da súa muller é o Comisario. Bátense a matar e é Águila Roja quen consegue desarmalo e deixalo inconsciente. Cando lle vai a asestar o golpe mortal a Hernán, aparece Agustín, dicíndolle que o Comisario é o seu irmán. Ante ese panorama, Águila Roja garda a espada, sendo incapaz de matalo.
  • Segunda tempada: Ante a profunda revelación que Agustín lle fai a Gonzalo, dicíndolle que O Comisario é o seu irmán, Águila Roja indagará sobre o seu pasado valéndose da axuda de Saturno (quen é xa practicamente da familia), sen descoidar as súas obrigacións de pai e de defensor do pobo. Nun momento da serie, descubrirá que a súa nai, Laura de Montignac, provén dun marquesado de Francia. Para a súa alegría, o esquema da súa familia comeza a completarse.
  • Terceira tempada: Águila Roja seguirá adiante coas súas investigacións para pescudar as súas orixes coa axuda de Sátur, quen o convence para que siga indagando cando Gonzalo está a piques de renderse na procura do seu pasado. Mentres, Hernán casará con Irene que, a pesar de non sabelo, é a súa irmá. De feito, só o espectador sabe que Irene é a irmá de Gonzalo e Hernán. Ela, xa que logo, tampouco sabe nada, e considérase sobriña do Cardeal Mendoza. Mentres tanto, Lucrecia verá en perigo a súa vida e, ademais, perderá o seu fillo Nuño e o seu palacio, que posteriormente recuperará. Por outra banda, móstrase o lado máis humano de Lucrecia e Hernán.
  • Cuarta tempada: Comeza a organizarse a voda de Juan e Eugenia con Margarita allea ao enlace. Mariana consegue escapar de onde a tiñan retida e pasa a vivir con Gonzalo, ante a incredulidade de Alonso e Margarita, quen pensan que esqueceu a Cristina, a súa falecida muller. Alonso comeza por isto a rebelarse contra a autoridade do seu pai, pero este mantense calado ao non poder revelar a súa identidade. Nunha casualidade, Sátur recibe a noticia de que é fillo dun duque, pero finalmente resulta que é fillo dun dos seus criados. O Cardeal Mendoza intenta por todos os medios ser o seguinte Sumo Pontífice. Juan comprometerase con Eugenia a pesar de estar comprometido con Margarita. Tamén se desvelará ao espectador o pasado pirata de Gonzalo, ao aparecer as figuras de Mariana e Richard Blake. Doutra banda, o Cardeal Mendoza empezará tamén a procura do Santo Graal.
  • Quinta tempada: O Comisario sométese á súa delicada operación e recupera a vista, mentres a súa muller Irene comeza a quitar a venda dos ollos co seu tío e a tomar decisións por si mesma. Gonzalo e Sátur descobren que tiveran na casa o Santo Graal, o que os leva a unhas termas romanas e a un suposto tesouro cobizado por Sátur. Este enfróntase ao pasado revivindo a súa estancia no orfanato e o remorso polo feito de que un neno morrese baixo terra pola súa culpa. Ademais, a Marquesa de Santillana protagoniza un escándalo promovido pola raíña que fará que sexa calumniada e rexeitada pola nobreza e polo seu propio fillo, que se avergoñará dela, e ela tratará de limpar o seu nome por medio do matrimonio. Margarita termina na fogueira denunciada por practicar bruxaría, pero logra salvarse. A Marquesa esconde que está embarazada, pois non pensa permitir que se saiba. Mariana confésase aínda namorada de Gonzalo e bícao diante de Margarita. Laura de Montignac consegue entrar no palacio real para acabar co infante herdeiro do trono en vinganza pola perda dos seus fillos por culpa do rei. Chega á vila Sagrario de Castro e o seu fillo Jacobo, o 'verdadeiro' marqués de Santillana, relegando a un humillante segundo plano a Nuño, quen comeza unha relación prohibida con Irene. Mariana é capturada polo Comisario e para que confese o paradoiro do tesouro do seu marido, entregarállela aos seus homes que a torturan e violan. Reaparece Richard Blake, terminando así coa presenza dos piratas. Catalina e Cipri continuarán co seu romance (non tan oculto xa) e Gonzalo proporase seriamente pedirlle matrimonio a Margarita. Ademais, alguén descubrirá a identidade do heroe, que continua investigando o seu pasado, relacionándoo co Santo Graal.[1]
  • Sexta tempada: A Marquesa volve máis fortalecida ca antes, despois de parir o fillo bastardo do rei. Chega á vila monseñor Adrián, un crego cunha enigmática misión secreta, que coñece a Margarita no manicomio. Por outro lado, Águila Roja e Sátur deseñan un plan para liberar a un grupo de mulleres que serán enviadas a América e o rei planea matar o suposto amante da súa muller.  O palacio real acolle ao músico máis famoso da época e descóbrense as facultades musicais do fillo de Sátur. En paralelo, a marquesa de Santillana enfróntase á sentenza de morte do tribunal da Inquisición, tras ser condenada por bruxaría. Máis adiante emprende un perigoso negocio en África pero un altivo terratenente non desexa chegar a acordos con ela por ser muller. Margarita, que segue preparándose para tomar os hábitos, recibe a visita de Gonzalo, que lle pide que case con el. En paralelo, os plans de Lucrecia topan coa aparición dunha nena sinistra. O rei ten un plan para converter o exército español en invencible: construír un artefacto voador que deberá probar Sátur. Doutra banda, a marquesa visita o convento para solicitar os servizos de Margarita e o Comisario, que xa sabe que Gonzalo é o seu irmán, conséguelle un posto como escribán no Tribunal da Cámara de Castela.[2]
  • Sétima tempada: A sétima tempada arrinca co heroe e o criado tentando escapar da gruta onde quedaron atrapados. Sátur, movido polas súas conviccións relixiosas, traizoará ao seu amo. Gonzalo busca sen descanso ao seu fillo Alonso, secuestrado polos rusos e vese obrigado a casar cunha nobre rusa por orde do rei. Para evitalo, agóchase, fuxindo da xustiza e Margarita atopa unha maneira de axudalo coa colaboración de monseñor Adrián. Gonzalo e Margarita pasan a noite xuntos mentres buscan a monseñor Adrián. Doutra banda, Lucrecia tentará axudar a Hernán despois de ser relegado do seu cargo como Comisario. Águila Roja e Sátur son testemuñas de estraños acontecementos sobrenaturais. Gonzalo non sabe que o seu criado foi crucificado xunto ao Sucesor de Cristo e monseñor Adrián e é cuestión de horas que morran na cruz. Gonzalo enfróntase a un falso Águila Roja que está masacrando a vila, para o que contará cun vello amigo de Sátur, que se converterá nun aliado fundamental. Mentres, Hernán decidiu aceptar un traballo que o afastará para sempre de Lucrecia. O rei organiza unha execución exemplar para os moitos desertores do exército onde Sátur coincidirá cun vello coñecido. Ademais, Gonzalo ve alterada a súa estabilidade tras a aparición dunha misteriosa muller.[3]
  • Oitava tempada: Comeza  coa condena a morte do Comisario. Ademais, Malasangre, un desapiadado renegado español é capturado e presentado ante Filipe IV. Como castigo ao Comisario polo seu intento de fuga, sentenciárono a morrer da forma máis cruenta: desmembrado. Sátur tentará convencer a Gonzalo para que salve ao seu irmán, pero este négase. Máis adiante, enfróntanse de novo cando o Comisario lle ofrece a Alonso un posto de traballo como garda ás súas ordes. Sátur, convencido de que cometeu unha violación, decide deixalo todo atrás e comezar unha nova vida no bosque, onde coñecerá un curioso grupo de persoas. Catalina morreu de forma inesperada e é substituída por Soledad. Gonzalo e Sátur foron apresados e viaxan nun galeón camiño de Asia para seren vendidos como escravos. Gonzalo e Margarita móstranse felices mentres se encargan dos preparativos da súa voda. Sátur séntese desprazado e pensa que xa é hora de que el tamén formar a súa propia familia. Malasangre proponlle a Filipe IV un plan suicida para acabar co conflito portugués para o que reúne un grupo de homes con habilidades especiais entre os que estarán o Comisario e Gonzalo. Son apresados polo exército portugués e van fusilalos. Allea a todo, Margarita espera o regreso do seu prometido mentres ultima os detalles da voda.[4]
  • Novena tempada: Estes novos episodios estarán marcados por unha impactante revelación: Gonzalo, o Comisario e Irene son fillos do rei. Isto leva o Cardeal Mendoza a tentar romper o matrimonio de Irene e o Comisario, quen —tras descubrir que é o primoxénito do rei—, se comporta coma se xa fose rei das Españas. A súa exaltada conduta alarma á Marquesa, que considera pertinente encerralo nun manicomio. Gonzalo descobre que Alonso se escribe con Margarita e que se verán pronto. Mentres tanto, a Marquesa está desesperada polo sometemento ao que a ten obrigada o Comisario, quen decidiu que non poderá saír do palacio e deberá vestirse recatadamente. O tío Emilio consegue de Sátur a información que estaba buscando: Gonzalo está disposto a matar o seu pai. Alguén moi próximo delatará a Gonzalo, que, coa súa identidade descuberta, estará a mercé do Comisario e o Cardeal. Os homes deste irrompen en casa de Gonzalo dispostos a detelo. Mentres tanto, o Comisario narra á marquesa o ocorrido co mestre e Lucrecia fará todo o posible por salvalo. A serie despídese da audiencia con Águila Roja e o Comisario, inimigos irreconciliables, unidos contra o Rei por moi diferentes motivos.[5]

Personaxes

[editar | editar a fonte]

1ª tempada

[editar | editar a fonte]
Actor/Actriz Personaxe Descrición
David Janer Gonzalo de Montalvo / Águila Roja Pai de Alonso e irmán do Comisario e de Irene. É fillo do Rei das Españas, Filipe IV, e de Laura de Montignac.
Javier Gutiérrez Saturno García Criado de Águila Roja e pai de Gabi.
Pepa Aniorte Catalina Muller de Floro, nai de Murillo e doncela da Marquesa.
Inma Cuesta Margarita Hernando Cuñada de Gonzalo, tía de Alonso e irmá de Cristina.
Miryam Gallego Lucrecia de Santillana Marquesa viúva de Santillana e nai de Nuño.
Santiago Molero Cipriano Pousadeiro, marido de Inés e pai adoptivo de Matilde.
Roberto Álamo Juan de Calatrava Duque de Velasco e Fonseca, médico da Vila.
Guillermo Campra Alonso de Montalvo Fillo de Gonzalo e Cristina e sobriño de Margarita.
Borja Sicilia Murillo Fillo de Catalina e Floro e amigo de Alonso.
Óscar Casas Gabi García Fillo de Sátur e Estuarda e amigo de Alonso.
Patrick Criado Nuño de Santillana Marqués de Santillana, fillo da Marquesa e do Comisario.
Xabier Elorriaga Filipe IV de Austria Rei das Españas, pai de Gonzalo, do Comisario e de Irene.
Francis Lorenzo Hernán Mejías Comisario da Vila e amante da Marquesa.
Marta Aledo Estuarda Nai de Gabi, prostituta e muller amada por Satur.
Juan Carlos López Agustino Carcereiro Carcereiro dos calabozos da Vila.
Marta Calle Marta Criada nova da Marquesa.
Sonia Lázaro Matilde Torres Filla da curandeira, recollida por Inés e Cipri.
Bárbara Lennie Cristina Hernando † Esposa de Gonzalo, irmá de Margarita, nai de Alonso.
Israel Elejalde Capitán Rodrigo † Membro da loxa que pretendía impedir o atentado contra o rei.
Íñigo Navares Juanillo † Amigo de Alonso.
Pepe Quero Floro † Barbeiro da Vila, marido de Catalina e pai de Murillo.
Enrique Alcides Simón † Irmán máis novo de Lucrecia.
Christophe Miraval Felipe de Valois † Duque de Valois, candidato da loxa ao trono.
Joan Massotkleiner Márquez † Líder da loxa que quería atentar contra o rei.
Adolfo Fernández Agustín † Frade ao servizo do rei e mestre de Águila Roja.
Jesús Granda Lugartenente † Primeiro lugartenente e man esquerda do Comisario.
Erika Sanz Inés † Pousadeira, muller de Cipri e nai adoptiva de Matilde.
Isak Ferriz Iñigo Socio de Victor Navas, marido de Margarita.

2ª tempada

[editar | editar a fonte]
Actor/Actriz Personaxe Descrición
José Ángel Egido Cardeal Francisco de Mendoza Cardeal e tío adoptivo de Irene.
Elisa Mouliaá Ana de Austria e Montignac / Irene Sobriña adoptiva do Cardeal Mendoza, irmá de Gonzalo e do Comisario.
Alejandro Navarro Pedro Segundo lugartenente e man dereita do Comisario.
Roger Berruezo Martín Sobriño de Catalina e xardineiro da Marquesa.
Francisco Merino O Ourive † Ourive encerrado no manicomio.

3ª tempada

[editar | editar a fonte]
Actor/Actriz Personaxe Descrición
Manuela Velasco Eugenia de Molina Duquesa de Monfragüe e antiga noiva de Juan de Calatrava.
Alberto San Juan Víctor Navas † Membro da compañía de Juan e exmarido de Margarita.
Juan Fernández Ricardo † Cuñado da Marquesa, conde de Lizana e irmán do Marqués de Santillana.

4ª tempada

[editar | editar a fonte]
Actor/Actriz Personaxe Descrición
Mónica Cruz Mariana Muller de orixe nobre, antiga noiva de Gonzalo que vive na súa casa.
Lydia Bosch Isabel de Montejo Monxa recentemente chegada dun convento de Porto Rico.
Antonio Molero Mateo Panadeiro que se fixo pasar por cura. É un vello amigo de Sátur.
Julia Gutiérrez Caba Laura de Montignac Nai de Gonzalo de Montalvo, do Comisario e de Irene, muller do rei Filipe IV.
José María Pou Padre Alejandro Monxe encargado de custodiar o 5º Evanxeo.
Álvaro de Luna Duque de Alba Duque de Alba
Jimmy Shaw Richard Blake Capitán pirata e marido de Mariana.

5ª tempada[6]

[editar | editar a fonte]
Actor/Actriz Personaxe Descrición
Loles León Sagrario de Castro Antiga amante do Marqués de Santillana
Carlos Areces Jacobo Fillo da anterior e do Marqués, "verdadeiro" herdeiro deste
Marta Etura Eva Aristócrata culta e misteriosa pola que Gonzalo se sente atraído
Eloy Azorín Padre Javier Colgou os hábitos para casar cunha nobre máis vella ca el
Paula Prendes Ana Substitúe a Margarita no palacio da Marquesa. Meterase en problemas

con Sagrario

Peter Vives Capitán Patrick Walcott Namórase de Margarita

6ª tempada

[editar | editar a fonte]
Actor/Actriz Personaxe Descrición
Nicolás Coronado Manuel Misterioso carpinteiro relacionado coa existencia do sucesor de Cristo
Carles Francino Monseñor Adrián Conquista o corazón de Margarita
Edu Soto Curmán do rei Mete en problemas ao monarca
Florentino Fernández Vello compañeiro de armas de Sátur

7ª tempada[7]

[editar | editar a fonte]
Actor/Actriz Personaxe Descrición
Enrique San Francisco Santiago Vello amigo de Sátur que axuda a Gonzalo contra o falso Águila Roja

8ª tempada[7]

[editar | editar a fonte]
Actor/Actriz Personaxe Descrición
Carmen Maura Duquesa de Fournier Foi quen introduciu a Lucrecia na alta sociedade, cando ninguén

a aceptaba pola súa orixe

Eusebio Poncela Sebastián Ventura,

Malasangre

Renegado que acaba converténdose en conselleiro do rei
Gabino Diego Bernardo Un don ninguén que intenta conquistar a Marquesa
Gorka Otxoa Zigor Experto no manexo de coitelos, participa no plan de Malasangre

para acabar co conflito portugués

Neus Sanz Soledad Substitúe a Catalina. Moi estrita e cun pasado turbio
Belén López Purificación Casará con Sátur
Marián Aguilera Contorsionista
Miguel Rellán Emisario real no capítulo 100 (especial)
Pepe Viyuela Nai de Bella no capítulo 100 (especial)

9ª tempada[8]

[editar | editar a fonte]
Actor/Actriz Personaxe Descrición
Jorge Sanz Trinidad Bandoleiro, róuballe as pertenzas a Gonzalo e pídelle que o axude a atopar un irmán

desaparecido

Tina Sainz Flora Antiga prostituta que é a sombra protectora de Anaís
María Pedroviejo Anaís Medina Madame do novo bordel "La Deleitosa"
Manuel Manquiña Tío Emilio Ex-presidiario que se instala por sorpresa na casa de Gonzalo

Águila Roja, la película

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Águila Roja: la Película.

Daniel Écija, un dos creadores de Águila Roja e presidente do Grupo Globomedia, rodou unha película baseada na serie co elenco habitual, ademais doutros novos que participaron só no proxecto cinematográfico, cuxa función foi realizada por Luis San Narciso, director de casting da produtora e artífice do elenco de coñecidas películas como Mar adentro, Os luns ó sol ou Volver.[9] A trama consiste nun conflito entre España, Portugal e Francia e a súa estrea realizouse o día 20 de abril do 2011. Esta película é a segunda adaptación ao cine dunha serie española, tras No te fallaré (baseada en Compañeros).

  1. "Temporada 5 de Águila Roja Serie - PLAY Series". abc (en castelán). 2017-04-19. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-14. 
  2. "Temporada 6 de Águila Roja Serie - PLAY Series". abc (en castelán). 2017-04-21. Consultado o 2018-12-14. [Ligazón morta]
  3. "Temporada 7 de Águila Roja Serie - PLAY Series". abc (en castelán). 2017-04-21. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-14. 
  4. "Temporada 8 de Águila Roja Serie - PLAY Series". abc (en castelán). 2017-04-22. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-14. 
  5. "Temporada 9 de Águila Roja Serie - PLAY Series". abc (en castelán). 2017-04-23. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-14. 
  6. "dossier aguila roja - Google Search". www.google.com. Consultado o 2018-12-14. 
  7. 7,0 7,1 "Águila Roja - Actores famosos que han participado en 'Águila Roja'". RTVE.es (en castelán). 2016-10-13. Consultado o 2018-12-14. 
  8. "Personajes de Águila Roja - Web Oficial". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2018-12-14. 
  9. Águila Roja, superhéroe de cine · ELPAÍS.com

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]