Saltar ao contido

Anclados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Anclados
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Lingua
 Lingua orixinal
Implicados
 Creador/a
 Compañía produtora
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
25 de maio de 2015 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
13 de xullo de 2015 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
Cifras e dimensións
 Número de episodios
   8 Editar o valor en Wikidata
 Número de tempadas
   1 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
IMDB: tt4051972 Filmaffinity: 891150 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Anclados é unha serie de televisión española de xénero cómico, ambientada no día a día da singular tripulación dun cruceiro e ás cómicas situacións ás que dará lugar a súa convivencia durante meses. Está producida por Mediaset España, en colaboración con Globomedia, para a súa emisión en Telecinco. Na repartición destacan Miren Ibarguren, Alfonso Lara, Joaquín Reyes, Úrsula Corberó, Fernando Gil e Rossy de Palma como principais protagonistas. Estreouse o 25 de maio de 2015.

Gabriel (Alfonso Lara), o capitán do barco "Ancla II", é un inmaturo ao que lle é imposible ser fiel por culpa da súa diagnosticada adicción ao sexo. O seu peor pesadelo converterase en realidade cando a súa exparella, Marga Santaella (Miren Ibarguren), entre a traballar no barco como nova directora. Ríxida, controladora, mordaz e moi esixente, chega a ocupar o posto do seu irmán, Mariano Santaella (Joaquín Reyes), un tipo con grandes ínfulas que en realidade é tan inepto, torpe e mentireiro que o seu propio pai, dono da compañía navieira, relegouno a un posto irrelevante que el mesmo bautizou como "Supervising Jefe". Palmira (Rossy de Palma), será a veterana limpadora do barco, unha señora deslinguada e mordaz que leva máis anos traballando no cruceiro que os seus propios xefes e que non se baixa os pantalóns ante ninguén, ademais levarase fatal cunha clienta rica e malcriada, Natalia de Figueroa Martorell (Úrsula Corberó) que terá que soportar a estanza no barco por culpa do seu marido.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]