UHF

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

UHF (Ultra High Frequency) é un rango de ondas electromagnéticas con frecuencias entre os 300 MHz e os 3 GHz, sitúase entre a SHF (Super High Frequency) e a VHF (Very High Frequency). Nesta banda prodúcese a propagación por onda espacial troposférica, cunha atenuación adicional máxima de 1 dB se está despexada a primeira zona de Fresnel.

Televisión[editar | editar a fonte]

Basicamente a UHF emprégase para as emisións de televisión. Na banda IV, comprendida entre as frecuencias 470 MHz a 590 MHz e a banda V entre 590 MHz e 862 MHz, transmítense as emisións da televisión terrestre, analóxica primeiro e agora dixital, e correspóndese coas canles 21 á 35 e 36 á 69, respectivamente. A cobertura das ondas de UHF é menor que as de VHF, correspóndolles, en condicións normais, entre os 50 e os 100 km; para distancias superiores precísanse repetidores.

Os intervalos entre 950 a 2.150 MHz utilízanse para as emisións da televisión por satélite.

Radio[editar | editar a fonte]

Telefonía móbil[editar | editar a fonte]

  • Norma GSM, arredor dos 900 MHz
  • Norma DCS1800, arredor dos 1800 MHz
  • Norma PCS1900, arredor 1900 MHz