B&b, de boca en boca
| B&b, de boca en boca | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
|
Xénero
| |
|
Lingua orixinal
| |
|
Lingua
| |
| Autoría | |
|
Director/a
| |
| Temática | |
|
Ambientado en
| |
| Publicación | |
|
País de orixe
| |
|
Produtor/a executivo
| |
|
Compañía produtora
| |
|
Emisora orixinal
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Data de comezo
| |
|
Data de remate
| |
|
Precedido por
| |
| Dimensións | |
|
Número de episodios
| |
|
Número de tempadas
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Páxina WEB
| |
| Wikidata |
B&b, de boca en boca foi unha serie de televisión cómica española, creada por Daniel Écija e producida por Mediaset España Comunicación en colaboración con Globomedia para a súa emisión en Telecinco. Está ambientada na redacción dunha revista de moda e actualidade de tirada nacional, que conta, con Belén Rueda, Gonzalo de Castro, Macarena García e Dani Rovira como principais protagonistas.
A ficción foi estreada o 17 de febreiro de 2014 en horario central.[1]
Argumento
[editar | editar a fonte]Oscar Bornay (Adolfo Fernández), o dono de B&B, decide contratar a Pablo (Gonzalo de Castro) como novo director co obxectivo de incrementar as vendas da revista. A nova fichaxe sorprenderá a Candela (Belén Rueda), a subdirectora da publicación, que era a candidata natural para cubrir o posto. Por se fose pouco, Pablo é un antigo noivo que a abandonou 18 anos atrás sen dar explicacións. A chegada de Pablo coincidirá coa de Sonia (Macarena García), a filla universitaria de Candela, que afronta a súa primeira experiencia profesional.
Outro dos redactores é Juan (Dani Rovira), un xornalista júnior, apaixonado e cheo de ilusión que comparte piso con Mario (Fran Perea), un fotógrafo aposto e mullereiro que traballa na revista. Juan está tolamente namorado de Vero (Cristina Brondo), a doce e encantadora axudante de Estilismo. A moza esconde un gran segredo que Juan descubrirá no primeiro capítulo da serie.
O xefe directo de Vero é Clara (Cristina Alarcón), a filla do presidente de B&B e principal artífice da fichaxe do novo director, ao que coñeceu en Bos Aires e do que se namorou perdidamente. Lucas (Jorge Usón), o xefe da sección de Sociedade, conxenía á perfección con Clara pero móstrase contrario aos cambios que Pablo introduce na revista, encamiñados a convertela nunha publicación máis próxima e menos elitista.
Pola súa banda, o novo director pedirá axuda a César ([[Carlos Iglesias Serrano]), un dos seus mellores amigos e colaboradores nos seus anos de xuventude, irmán de Candela e marido de Susana (Neus Sanz), a eficiente secretaria de Produción, coa que ten dous fillos: Toño (Emilio Palacios) e Cesítar (Alejandro Rodríguez), de 17 e 11 anos, respectivamente. César sempre traballou na redacción de Deportes de diversos medios, pero despois de dous anos no paro non lle quedará máis remedio que aceptar a oferta do seu colega.
Repartimento
[editar | editar a fonte]- Gonzalo de Castro é Pablo Balboa, director de B&b.
- Belén Rueda é Candela Bermejo, subdirectora de B&b.
- Macarena García é Sonia Balboa Bermejo, bolseira de B&b, filla de Candela e Pablo.
- Adolfo Fernández é Óscar Bornay, presidente do grupo empresarial de B&B.
- Puchi Lagarde é Ángeles Miralles de Luzuriaga "Tita", esposa de Óscar.
- Cristina Alarcón é Clara Bornay, xefa de estilismo, filla máis vella de Tita e Óscar.
- Sara Sálamo é Cayetana Bornay, filla máis nova de Tita e Óscar.
- Luisa Martín é Carmen, cociñeira dos Bornay.
- César Mateo é Hugo, chofer dos Bornay e sobriño de Carmen.
- Paula Prendes é Martina, secretaria de Óscar Bornay e filla de Carmen.
- Carlos Iglesias Serrano é César Bermejo, redactor de deportes, irmán de Candela e esposo de Susana.
- Neus Sanz é Susana, secretaria de produción de B&b, cuñada de Candela e esposa de César.
- Emilio Palacios é Toño Bermejo, fillo máis vello de César e Susana.
- Alejandro Rodríguez é Cesítar Bermejo, fillo máis novo de César e Susana.
- Fran Perea é Mario, fotógrafo da revista.
- Dani Rovira é Juan Gutiérrez, xornalista en prácticas.
- Cristina Brondo é "Vero" Camacho, axudante de estilismo.
- Jorge Usón é Lucas Berdún, xefe de sociedade.
Episódicos
[editar | editar a fonte]- Andrés Velencoso é Rubén Barahona, actor internacional.
- Juan Carlos Librado Nene é Julián.
- Helena Kaittani é Bea, noiva de Juan.
- Fernando Cayo é Charlie Gómez
- Andrés Herrera é Andrés Carrasco El Poni
- Ana Marzoa é Paula Dobao.
- Abraham Mateo é el mesmo.
- Asuncion Balaguer é 'Doña Justa.
- Alejandro Tous é Alberto, exmarido de Vero e pai de Nico.
- Miguel Guardiola é o pai de Fernando Vidal.
- Fanny Gautier é Nati Gómez de Urquijo.
- Roberto Álvarez
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fórmula TV, ed. (4 de febreiro de 2014). "Telecinco estrea o próximo luns 17 de febreiro 'B&B: De boca en boca' e despraza 'La que se avecina' ao mércores". Madrid: Noxvo Editorial. Consultado o 11 de febreiro de 2014.