Saltar ao contido

Giorgio Armani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGiorgio Armani

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xullo de 1934 Editar o valor en Wikidata
Piacenza, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte4 de setembro de 2025 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Milán, Italia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Milán Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDeseño de moda Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónemprendedor, deseñador de moda, autobiógrafo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorGiorgio Armani Editar o valor en Wikidata
Patrimonio estimado8.500 M$ (2019) Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsRossana Armani Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0004714 Allocine: 35332 Allmovie: p79930
Facebook: armani.japan Twitter: giorgioarmani BNE: XX1595825 Musicbrainz: 4117dc38-9655-48c4-948d-8a88c4e9a4e2 Discogs: 3301115 WikiTree: Armani-9 Editar o valor en Wikidata

Giorgio Armani, nado en Piacenza o 11 de xullo de 1934 e finado en Milán o 4 de setembro de 2025,[1] foi un deseñador de moda e empresario italiano.

Principalmente coñecido pola súa roupa para os homes, formou a súa propia empresa en 1974 e 37 anos máis tarde a revista Forbes considerouno o deseñador italiano de maior éxito comercial, estimando a súa fortuna en 9,8 miles de millóns de dólares. Admirado e promovido por diferentes actores de cinema e músicos, Armani diversificou a súa produción con perfumaría e outros complementos no que se coñece como Emporio Armani.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aínda que a súa primeira afección foi a fotografía, Giorgio Armani estudou tres anos de medicina na Universidade de Milán. Cumpriu co servizo militar e debido á súa formación médica foi asignado ao Hospital Militar de Verona, onde puido asistir a especáculos na Arena. Finalmente decidiu seguir un camiño diferente na súa carreira.[2]

En 1957, comezou a traballar nos grandes almacéns La Rinascente de Milán. Comezou como vendedor do departamento de homes, logrando unha valiosa experiencia nos aspectos de mercadotecnia da industria da moda.[3] Foi tamén deseñador de escaparates.

Entre 1961 e 1970 foi deseñador en Nino Cerruti e tras abandonar esta firma decidiu abrir a súa propia. Tan só catro anos máis tarde fundou xunto ao seu socio Sergio Galeotti a sociedade Armani, dedicada á moda masculina inicialmente e un ano máis tarde tamén á feminina,[4] coincidindo coa chegada da súa irmá Rosanna á empresa. Galeotti faleceu en 1985, once anos despois da fundación.

Armani en setembro de 1997

Giorgio Armani é un empresario sagaz, hábil ao modular a creatividade e a fantasía de acordo coas novas necesidades da vida moderna. As aúas prendas son cómodas, habitualmente de liñas rectas e máis ben sobrias, aínda que confeccionadas en materiais selectos. As súas coleccións de muller inciden nunha estética bastante andróxina, non resaltan as formas e procuran unha estilización realzando a verticalidade. Non abusa das cores, aínda que inclúe ocasionais aplicacións de pedraría e fíos metálicos.

Armani é considerado unha marca (label) ou garantía de elegancia contida, fronte ao atrevemento máis arriscado doutros deseñadores. A súa moda non experimenta cambios rápidos e moitos persoeiros considérana un recurso infalible para vestir nas grandes ocasións.

Vestiu asiduamente grandes estrelas de Hollywood, tanto dentro dos filmes como nas súas aparicións públicas. Os seus deseños para o filme American Gigolo, cun novo Richard Gere,[5] axudaron á súa irrupción no mercado estadounidense. Tamén se encargou do estilismo do filme Phenomena, do director italiano Dario Argento. Armani deseñou o vestiario de máis de cen filmes, como o de The Untouchables (1987).[6] É un deseñador recorrente entre as estrelas que acoden ás entregas dos premios Óscar. A cantante Beyoncé converteuse na imaxe publicitaria da súa flagrancia "Diamonds".

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Armani é unha persoa moi discreta, mais identificouse publicamente como bisexual. Mantivo unha longa relación co seu socio, o arquitecto Sergio Galeotti, quen faleceu dun ataque ao corazón en 1985.[7][8][9] Armani é afeccionado ao club de fútbol Inter de Milán.[10] Dende 2008 é dono do equipo de baloncesto EA7 Emporio Armani Olimpia Milano.

  1. Pérez Méndez, María José (5 de setembro de 2025). "Muere Giorgio Armani a los 91 años: el diseñador de los yuppies de los 80 en general y de los trajes de chaqueta en particular". elmundo.es (en castelán). Consultado o 2 de outubro de 2025. 
  2. Molho 2007, pp. 28–29.
  3. Molho 2007, pp. 33–36.
  4. Pizzi, Sara (16 de maio de 2010). "Giorgio Armani". Vogue. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 01 de xullo de 2021. 
  5. Giorgio Armani costume design drawings for AMERICAN GIGOLO. Margaret Herrick Library (Academy of Motion Picture Arts and Sciences). Consultado o 19 de maio de 2015. 
  6. Snead, Elizabeth (28 de xuño de 1987). "'The Untouchables': A Clothes Controversy". Sun-Sentinel. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 01 de xullo de 2021. 
  7. "Armani, Giorgio (b. 1934)". glbtq.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2015. Consultado o 24 de abril de 2015. 
  8. Will Giorgio Armani be the Last Fashion Designer? New York. Consultado o 24 de abril de 2015.
  9. Giorgio Armani and Sergio Galeotti: A Love Story LuxeMag, 21 de xullo de 2010. Consultado o 24 de abril de 2015.
  10. "Giorgio armani biography". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2007. Consultado o 01 de xullo de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]