Motosu
Aparencia
| 本巣市 (ja) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Xapón | ||||
| Prefecturas | Prefectura de Gifu | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 32.664 (2020) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 374,65 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de febreiro de 2004 | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Sitio web | city.motosu.lg.jp | ||||
Motosu (本巣市, もとすし, Motosu-shi) é un concello da prefectura de Gifu no Xapón. Está situado no centro da rexión de Chūbu e da rexión de Tōkai, e ao sur da prefectura, na zona da provincia histórica de Mino, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 374,57 km², a poboación é de 34.984 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 93,4 h/km².
O concello de Motosu limita cos concellos de Ibigawa, Ōno, Mizuho, Kitagata, Gifu, Yamagata, Seki (que son da prefectura de Gifu); e Ōno (este último é da prefectura de Fukui).
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade de Motosu foi fundada pola fusión de tres concellos de vilas (Motosu-chō, Sinsei-chō e Itonuki-chō) e un concello de aldea (Neo-mura) do distrito de Motosu o 1 de febreiro de 2004.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]
Echizen, prefectura de Fukui, Xapón (1994).
