Itzubaltzeta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Igrexa de San José

Itzubaltzeta (en castelán: Romo) é un barrio do concello de Getxo, en Biscaia. Atópase entre os barrios de Neguri e Areeta e o concello de Leioa.

Ten a súa orixe nun empresario de apelido Romo que construíu no campo da zona as casas para os traballadores da súa empresa Itzubaltzeta.

Aínda que a maior parte do barrio pertence a Getxo, unha parte forma parte do concello de Leioa, a coñecida como Pinueta. Unha rúa, que recibe o nome de Gobelaurre en Getxo e Avenida Amaia en Leioa fai de fronteira entre ambos os concellos.