Geneviève Thiroux d'Arconville

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGeneviève Thiroux d'Arconville

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Marie-Geneviève-Charlotte Darlus Editar o valor em Wikidata
17 de outubro de 1720 Editar o valor em Wikidata
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte23 de decembro de 1805 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional, poesía, tradución e química Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónquímica , escritora , bióloga , anatomista , tradutora , poeta Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLouis-Lazare Thiroux d'Arconville (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosLouis Thiroux de Crosne (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiAndré-Guillaume Darlus (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Marie-Geneviève-Charlotte Thiroux d’Arconville, nada en París o 17 de outubro de 1720 e finada en París o 23 de decembro de 1805, máis coñecida como Geneviève Thiroux d’Arconville, foi unha escritora, tradutora e anatomista francesa. Estudou a putrefacción e a conservación de alimentos.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de André-Guillaume Darlus, un rico fermier général e de Françoise Geneviève Gaudicher, que faleceu cando Geneviève Thiroux d’Arconville só tiña catro anos.[1][4][2]

Creceu xunto á súa irmá máis nova e ambas foron educadas, como obrigaban as normas da época para nenas acomodadas, insistindo na súa formación artística. Neste contexto, Geneviève non aprendeu a escribir até os oito anos e aos catorce foi desposada nun matrimonio acordado con Louis-Lazare Thiroux d’Arconville (1712-1789), asesor do Parlamento de París e máis tarde presidente dunha das cámaras. O matrimonio tivo tres fillos: Louis Thiroux de Crosne (1736-1794), André-Claude Thiroux de Gervilliers (1737-1810) e Alexandre-Louis Thiroux de Montdésir (1739-1822).[1][4][2]

Estes antecedentes -filla da nobreza financeira e parlamentaria e casada tan nova- non impediron que desenvolvese unha paixón pola física, a química, a medicina, a botánica, a literatura, a moral, as linguas e a historia. Até tal punto que, a pesar do seu interese tamén apaixonado pola arte, o teatro e a ópera, chegase a renunciar á vida en sociedade para dedicarse ao estudo destas materias.[1][4][2]

É probábel que nesta decisión tivesen que ver as secuelas físicas consecuencia da variola que contraeu con vinte e tres anos, empuxándoa a retirarse da vida mundana.[1][4][2]

Geneviève Thiroux d’Arconville publicou gardando o seu anonimato sen que se coñezan as razóns precisas de tal decisión. A información existente fai pensar que a súa condición de esposa dun personaxe público posibelmente a levou a esconder a súa identidade, así como o temor a sufrir as críticas ás que as mulleres científicas eran sometidas nun campo que se consideraba impropio do xénero feminino. Así pois, aínda que os seus escritos non ían dirixidos a outras mulleres, os seus textos estaban cheos de referencias que permitían chegar a recoñecela.[1][4][2]

Faleceu o 23 de decembro de 1805. O seu sobriño, o médico e botánico Pierre Bodard de la Jacopière (1758-1826), lembrábaa naquel entón con estas palabras: «Con 85 anos, o seu espírito conservara toda a súa amabilidade, todo o seu lume, e a súa imaxinación non perdera nada da frescura e os encantos da mocidade. Case ao final dos seus días, aínda escribiu os seus Souvenirs, dos cales existe unha antoloxía de trece volumes manuscrito.»[1][4][2]

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

Está recoñecida como polímata.[Cómpre referencia]

Traballo científico[editar | editar a fonte]

Vista frontal do esqueleto feminino, comparando as diverxencias co esqueleto masculino, con vista posterior (realizado por Jean J. Sue para o Traité d'Ostéologie de Marie-Geneviève-Charlotte Thiroux d’Arconville).

A súa primeira obra científica publicada foi a tradución dun tratado de osteoloxía do médico británico Alexander Monro (1697-1767) titulado Osteology, A treatise on the anatomy of the human bones with An account of the reciprocal motions of the heart and A description of the human lacteal sac and duct. Na súa versión, e en contra da opinión de Monro, que sostiña que a única maneira de aprender era traballar directamente con cadáveres, Thiroux d’Arconville engadiu unha trintena de táboas de esqueletos, entre elas unha das primeiras representacións dun esqueleto feminino.[2][3]

Tamén engadiu unha táboa de materias para visualizar a orde da obra, modificada por ela, unha dedicatoria a Alexander Monro, un longo prefacio, notas explicativas, así como comentarios. Mentres que a versión orixinal é un tratado de talle modesto e sen ilustracións, a versión francesa preséntase en forma de dous volumes e con ilustracións. Con todo, a pesar destas achegas, o libro non se publicou recoñecendo a autora destas achegas, cabe pensar que para preservarse das críticas que recibían as mulleres científicas da época. Finalizada en 1759, tras un longo proceso, a tradución publicouse baixo o nome de Jean-Joseph Sue (1710-1792), o anatomista que realizou os trinta e un debuxos da obra.[2][3]

Entre 1755 e 1763, Geneviève Thiroux d’Arconville dedicouse ao estudo da putrefacción, que consideraba como a chave de todas as ciencias físicas e a base da historia natural. Estudou a conservación dos alimentos e, ademais, iniciou un estudo sobre a transformación da materia. Realizou varios centenares de experimentos sobre a conservación de substancias putrescíbeis (carnes, peixes, ovos, leite etc.) seguindo un rigoroso protocolo: anotaba cada día o estado de degradación das súas mostras xunto ás condicións exteriores (humidade, calor etc.).[2]

Tamén introduciu o cloruro de mercurio como axente susceptíbel de loitar contra a putrefacción. Recompilando os resultados dos seus experimentos, publicou en 1766 o seu Essai pour servir à l’histoire da putréfaction.[2][3]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Entre as súas publicacións destacan:

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Avis d’un Père à sa Fille, 1756, traducido do inglés de Lord Halifax.[5][6]
  • Leçons de chimie, 1759, traducido do inglés de Shaw.[6] Thiroux D’Arconville corrixiu erros do orixinal, engadiu experimentos do médico inglés, os descubrimentos que se fixeron desde o momento en que estas leccións se publicaron en Inglaterra até que se publicou a tradución que fixo en francés. Encabezando este tratado, escribiu un discurso preliminar onde describe o nacemento e o progreso da química.
  • Romans, 1761, traducido do inglés de Littleton e de Aphra Behn.[6]

Ensaios[editar | editar a fonte]

  • De l’Amitié, 1761, no que fala das diferentes clases de amizade.[6]
  • Traité des passions, 1764.[6]
  • Méditations sur les tombeaux.[6]
  • Mélanges de littérature, de morale et de physique, 1775.[6]
  • Pensées et réflexions morales sur divers sujets, 1760, reeditado en 1766.[6]

Novelas[editar | editar a fonte]

  • Dona Gratia d’Ataïde, comtesse de Ménessés, histoire portugaise, 1770.[6]
  • Estentor et Thérisse.[6]
  • L'Amour éprouvé par la mort, 1763.[6]
  • Les Malheurs de la jeune Émilie.
  • Les Samiens, conto.[6]
  • L’amour éprouvé par la mort, ou Lettres modernes de deux amans de Vieille-Roche, 1763.[6]
  • Mémoires de Mlle de Valcourt, 1767.[6]

Historia[editar | editar a fonte]

  • Histoire de François II, roi de France et d’Écosse, 1783.[6]
  • Histoire de Saint-Kilda.[6]
  • Vie de Marie de Médicis, princesse de Toscane, reine de France et de Navarre, 1774.[6]
  • Vie du cardinal d’Ossat, avec son Discours sur la Ligue, 1771.[6]

Ciencia[editar | editar a fonte]

  • Traité d’ostéologie.[6]
  • Essai pour servir à l'histoire de la putréfaction, 1766.[6] Tratado froito das súas experiencias e reflexións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Noyce, Pendred,. Remarkable minds : seventeen more pioneering women in science and medicine. ISBN 978-0-9907829-0-2. OCLC 893454123. Consultado o 2020-10-11. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 "Marie-Geneviève-Charlotte Thiroux d’Arconville: una polímata en el Siglo de las Luces". Mujeres con ciencia (en castelán). Consultado o 9 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Noyce, Pendred (9 de decembro de 2017). "Geneviève Thiroux d'Arconville" (en inglés). ISBN 9780990782902. Consultado o 9 de febreiro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Passeron, Irène (2011-11-15). "Patrice Bret et Brigitte VanTiggelen : Madame d’Arconville. Une femme de lettres et de sciences au siècle des Lumières. Préface d’Elisabeth Badinter, Hermann, 2011, 198 p., ISBN : 978 2 7056 8085 5." (46): 270–272. ISSN 0769-0886. doi:10.4000/rde.4881. Consultado o 2020-10-11. 
  5. Reynolds, Siân (2018-12-01). "Fortunée Briquet, Dictionnaire historique des Françaises connues par leurs écrits (édition commentée de Nicole Pellegrin). Strasbourg, Presses universitaires de Strasbourg, 2016, 403 p." (en francés) (48). ISSN 1252-7017. Consultado o 2020-10-11. 
  6. 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 6,10 6,11 6,12 6,13 6,14 6,15 6,16 6,17 6,18 6,19 "Marie-Geneviève-Charlotte Thiroux d'Arconville (1720-1805) - Auteur - Ressources de la Bibliothèque nationale de France" (en francés). Consultado o 9 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]