Saltar ao contido

Levando áncoras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Levando áncoras
Imaxe
 Título
Anchors Aweigh Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
Irene (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Temática
 Ambientado en
Publicación
 Produtor/a
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Formato de distribución
Datas
 Data de publicación
1945 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración143 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Recoñecemento
 Premios
 Nomeamentos
Óscar ó mellor filme (27 de xaneiro de 1946)
Óscar ao mellor filme en cor (27 de xaneiro de 1946)
Óscar ó mellor actor (27 de xaneiro de 1946)
Óscar á mellor música cinematográfica orixinal (27 de xaneiro de 1946) Editar o valor en Wikidata
 Puntuación da crítica
53% Rotten Tomatoes (8 de setembro de 2024)
6.8/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
ISAN0000-0001-2C3B-0000-I-0000-0000-K Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0kprr Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0037514 Filmaffinity: 991083 Allocine: 1201 Rottentomatoes: m/anchors_aweigh Mojo: anchorsaweigh Allmovie: v2180 TCM: 10 Metacritic: movie/anchors-aweigh TV.com: movies/anchors-aweigh Netlix: 26255899 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Levando áncoras (en inglés: Anchors Aweigh) é un filme musical estadounidense de 1945 dirixido por George Sidney, protagonizado por Frank Sinatra, Kathryn Grayson e Gene Kelly e con cancións de Jule Styne e Sammy Cahn. No filme, dous mariños cun permiso de catro días en Hollywood coñecen a un neno e a súa tía, unha moza aspirante a cantante á que os mariños intentan axudar a que consiga unha audición na Metro-Goldwyn-Mayer. Ademais dunha secuencia en que Kelly baila co rato Jerry, de Tom e Jerry, no filme aparecen José Iturbi, Pamela Britton, Dean Stockwell e Sharon McManus.[1]

Foi estreada en galego pola Televisión de Galicia o 11 de xullo de 1990.[2]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Dous mariños son condecorados polas súas accións de guerra na armada estadounidense. Joe (Kelly) salvou a vida de Clarence (Sinatra), polo que se sente en débeda por el, de xeito que Clarence, máis tímido e apoucado, consegue que Joe lle ensine a lograr unha moza da que se namora, a tía Susie (Grayson).

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Produción

[editar | editar a fonte]

O filme foi escrito por Natalie Marcin e Isobel Lennart e dirixido por George Sidney. Foi o primeiro de tres filmes de compañeiros con Kelly e Sinatra, ao que seguiron Take Me Out To The Ball Game e On the Town, ambos de 1949. A produción tentou mesturar algúns dos elementos de máis éxito de filmes musicais anteriores da MGM, como Meet Me in St. Louis (1944).

O filme é lembrado polo número musical en que Gene Kelly baila sen interrupción co rato Jerry, ao que pon voz Sara Berner. O gato Tom aparece brevemente como un mordomo na secuencia supervisada por William Hanna e Joseph Barbera. A animación foi realizada totalmente por Kenneth Muse, Ray Patterson e Ed Barge. Orixinariamente, os produtores querían empregar a Mickey Mouse para a escena. Algunhas fontes indican que inicialmente Walt Disney aceptou prestar a Mickey, mais que Roy Disney rexeitou o acordo. Segundo o libro Bob Thomas sobre Roy Disney, o estudio tiña débedas despois da segunda guerra mundial e estaban centrados en estrear os seus propios filmes nese momento. Segundo Roy, non era un negocio realizar animacións para outras persoas.[3]

  1. Higham, Charles; Greenberg, Joel (1968). Hollywood in the Forties. Londres: A. Zwemmer Limited. p. 85. ISBN 978-0-498-06928-4. 
  2. Programación de televisión
  3. Bob Thomas. "Building a Company: Roy O. Disney and the Creation of an Entertainment Empire." Finalmente, Disney emprestou o seu mago dos efectos Joshua Meador arranxar o filme da MGM de 1956 Forbidden Planet.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Monder, Eric (1994). George Sidney:a Bio-Bibliography. Greenwood Press. ISBN 9780313284571.