Gastão Cruz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gastão Cruz
Nome completoGastão Santana Franco da Cruz
Nacemento20 de xullo de 1941
Lugar de nacementoFaro
Falecemento20 de marzo de 2022
Lugar de falecementoLisboa
NacionalidadePortugal
Alma máterFaculdade de Letras da Universidade de Lisboa
Ocupacióntradutor, poeta, crítico literario e escritor
editar datos en Wikidata ]

Gastão Santana Franco da Cruz, más coñecido como Gastão Cruz, nado en Faro o 20 de xullo de 1941 e finado en Lisboa o 20 de marzo de 2022,[1] foi un poeta, crítico literario, escritor, escenógrafo e tradutor portugués.[2]

Biografía[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filoloxíia Xermánica pola Facultade de Letras da Universidade de Lisboa. Foi profesor de ensino secundario e lector de Portugués no King's College, pertencente á Universidade de Londres.[3] Xa nos tempos de universidade, e despois de ter sido preso no auxee das folgass académicas de 1962, foi un dos organizadores da Antologia de Poesia Universitária (1964).[4]

Como poeta, o seu nome aparece inicialmente ligado á publicación colectiva Poesía 61 (que reuniu a Gastão Cruz, Casimiro de Brito, Fiama Hasse Pais Brandão, Luiza Neto Jorge e Maria Teresa Horta)[5], unha das principais contribucións para a renovación da linguaxe poética portuguesa na década de 1960. Como crítico literario, coordinou a revista Outubro e colaborou en varios xornais e revistas ao longo dos anos sesenta - Seara Nova, O Tempo e o Modo ou Os Cadernos do Meio-dia (publicados baixo a dirección de Casimiro de Brito e António Ramos Rosa). Esa colaboración foi reunida en volume, co título A Poesia Portuguesa Hoje (1973), libro que permanece hoxe como unha referencia para o estudo da poesía portuguesa da década dos sesenta.

Da amizade con Fiama, con quen casou, naceu a paixón polo teatro.[4] Gastão Cruz foi un dos fundadores do Grupo de Teatro Hoje (1976-1977), para o cal encenificou pezas de Crommelynck, Strindberg, Camus, Tchekov ou unha adaptación súa de Uma Abelha na Chuva (1977), de Carlos de Oliveira. Algunhas delas foron, por primeira vez, traducidas para portugués polo poeta. Foi igualmente un dos fundadores do Grupo de Teatro de Letras, en 1965.

Canto á súa poesía, comezando por asumir unha escrita experimentalista, Gastão Cruz adoptou despois formas clásicas como o soneto e a canción, que reflexionan ben, desde os anos 60, a influencia de Camões que, de feito, o autor non desmentiu. As súas obras están caracterizadas pola contención cuantitativa, sendo así reducido o número de textos que compoñen cada volume.[6]

O percorrido literario de Gastão Cruz incluíu a tradución de nomes como William Blake, Jean Cocteau, Jude Stéfan e Shakespeare. As Doze Canções de Blake que traduciu fan, de feito, parte da súa bibliografía poética.

O 8 de novembro de 2019 foi agraciado co grao de Grande-Oficial da Orde do Infante D. Henrique.[7]

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • A Morte Percutiva - en Poesia 61 (1961)
  • Hematoma (1961). Livraria Nacional.
  • A Doença (1963). Portugália.
  • As Aves (1969). Assírio & Alvim, en 2006.
  • Teoria da Fala (1972). Dom Quixote.
  • Campânula (1978)
  • Poesia 1961-1981 (1983). Modo de Ler.
  • Órgão de Luzes. Poesia Reunida. (1990). INCM – Imprensa Nacional Casa da Moeda
  • As Leis do Caos (1990)
  • Transe (1992). Relógio D'Água, en 2007.
  • As Pedras Negras (1995). Relógio D'Água, en 2007.
  • Poemas Reunidos (1999). Dom Quixote.
  • Crateras (2000). Assírio & Alvim.
  • Rua de Portugal (2002). Assírio & Alvim.
  • Repercussão (2004). Assírio & Alvim.
  • Poemas de Gastão Cruz ditos por Luís Miguel Cintra (2005). Assírio & Alvim.
  • A Moeda do Tempo (2006). Assírio & Alvim.
  • Outro Nome / Escassez / As Aves (2006). Assírio & Alvim.
  • A Vida da Poesia (2009). Assírio & Alvim.
  • Os poemas (2009). Assírio & Alvim..
  • Escarpas (2010). Assírio & Alvim.
  • Observação do Verão (2011)
  • Fogo (2013)[8]. Assírio & Alvim.
  • Óxido (2015)[9]. Assírio & Alvim.
  • Existência (2017)[10]. Assírio & Alvim.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • A Poesia Portuguesa Hoje (1973; 1979 – 2ª ed., revisada). En Relógio D'Água, 1999.

Colectáneas[editar | editar a fonte]

  • Os Poemas (2009)

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1985, 2007, 2014: Prémio PEN Clube Português de Poesia, por O Pianista, A Moeda do Tempo e Fogo
  • 2000: Prémio D. Dinis, por Crateras.
  • 2002: Grande Prémio de Poesia APE/CTT, por Rua de Portugal
  • 2005: Grande Prémio de Literatura dst, por Repercussão
  • 2009: Prémio Correntes d'Escritas, por A moeda do tempo.
  • 2017/2018: Grande Prémio de Poesia Maria Amália Vaz de Carvalho APE/ CM de Loures, por Existência.
  • 2018: Medalha de Mérito Cultural por "uma vida dedicada à poesia”[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Poeta Gastão Cruz morre aos 80 anos, Lusa 20.03.2022
  2. "Gastão Cruz". Algarve Primeiro. Consultado o 2020-05-23. 
  3. Infopédia. "Gastão Cruz - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-05-22. 
  4. 4,0 4,1 "Biografia". livro.dglab.gov.pt. Consultado o 2020-05-23. 
  5. Marques, Susana Moreira. "Gastão Cruz: um leitor sobrevivente". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-05-23. 
  6. "Gastão Cruz. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-05-23. 
  7. "ENTIDADES NACIONAIS AGRACIADAS COM ORDENS PORTUGUESAS - Página Oficial das Ordens Honoríficas Portuguesas". www.ordens.presidencia.pt. Consultado o 2020-05-22. 
  8. Fogo, Gastão Cruz - Assírio Alvim. 
  9. Óxido, Gastão Cruz - Assírio Alvim. 
  10. Existência, Gastão Cruz - Assírio Alvim. 
  11. "Gastão Cruz distinguido com a Medalha de Mérito Cultural por "uma vida dedicada à poesia”". instituto-camoes.pt/.