Gabeador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cértidos / Certíidos
Certhiidae
Gabeador norteño
Gabeador norteño
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Infraorde: Passerida
Superfamilia: Certhioidea
Familia: Certhiidae
Leach, 1820
Xéneros

A dos cértidos[1] (Certhiǐdae) é unha familia de aves paseriformes, cuxas especies son coñecidas vulgarmente co nome de gabeadores, debido ao seu hábito de gabear polos troncos das árbores na busca do seu alimento.

Porén, tamén reciben este nome diversas especies de paseriformes doutras familias, tamén caracterizadas por gabearen, estes especialmente polas rochas, como o gabeador azul (Sitta europaea), o gabeador rupestre (Sitta neumayer), ambas da familia dos sítidos, ou o gabeador vermello (Thichodroma muraria), da familia dos ticodromádidos.[2] [3]

Características[editar | editar a fonte]

Os gabeadores típicos da familia dos certíidos son todos de aspecto moi semellante, e non é doado diferenciar as diferentes especies.

Son aves de pequenas dimensións que viven en hábitats boscosos e que teñen a plumaxe da parte superior do corpo de cor parda e, a da inferior, branca.

Teñen bicos finos e curvados cara a abaixo, que usan para extraeren insectos da casca das árbores.[4]

Na cola teñen unhas plumas moi tesas que usan, ao xeito dos petos, para suxeitarse en árbores de tronco vertical.[4]

Fan os niños en fendas dos troncos ou entre o casqueiro das árbores.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1820 polo zoólogo inglés William Elford Leach.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Certhiidae está formado, como é usual, sobre a raíz do nome do xénero tipo, Certhia, coa adición do sufixo do latín científico ´-idae, neutro plural de ´-ideus, tirado do sufixo patronímico do grego antigo -ίδης -ídēs (indicando semellanza), co que se forman os nomes da familias de animais.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Na fammilia recoñécense dous xéneros, coas seguintes especies:

Evolución[editar | editar a fonte]

Segundo as investigacións máis recentes, que teñen en conta estudos das secuencias de ADN e da estrutura do canto (Tietze et al., 2006),[8] estas especies forman dúas liñas evolutivas. As primeiras catro son o resultado dunha irradiación holoártica, mentres que o resto de especies do xénero Certhia están distribuídas nunha área ao sur e o leste do Himalaia, sendo o gabeador de Hodgson o único representante do antigo antecesor do gabeador común presente ao sur destes montes.

As especies de Salpornis teñen unha plumaxe manchada, que as distinguen claramente do resto da familia. Salpornis spilonotus vive no norte da India, e S salvadori, na África subsahariana.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. cértidos no dicionario da RAG.
  2. gabeador -ra 1 adx Que gabea. 2 1 s m ANIMAL/ORNIT Ave da orde dos paseriformes que se alimenta especialmente de invertebrados. 2 gabeador azul [Sitta europaea] ANIMAL/ORNIT Gabeador da familia dos sítidos, forestal, coa plumaxe de cor azul cinsento no dorso e branco ocráceo no centro e cunha lista negra desde o peteiro ata os lados do pescozo. 3 gabeador común [Certhia brachidactila] ANIMAL/ORNIT Gabeador forestal, da familia dos cértidos, de plumaxe cor castaña co manchas escuras e peteiro longo, fino e curvado. 4 gabeador vermello [Tichodroma muraria] ANIMAL/ORNIT Gabeador, da familia dos ticodromádidos, de peteiro fino, longo e lixeiramente curvado, de cor cinsenta, coas as ás negras e vermellas, e a gorxa e a parte superior do peito negras na plumaxe estival. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISBN 84-7680-504-7.
  3. GABEADOR -ORA adx. 1. Que gabea. // s. m. 2. Subidor, ave paseriforme da familia dos cértidos (Certhia branchydactyla -sic-), de pequeno tamaño, cor parda, peteiro longo, fino e curvado [que vive nos xardíns, sebes e bosques das rexions montañosas de case toda Europa]. G. azul loc. s., ave paseriforme (Sitta europaeae) duns 14 cm de lonxitude que se distingue por ter o píleo e as partes superiores dun gris azulado, as partes inferiores ocráceas, os flancos castaños, as meixelas e a gorxa brancas e unha marcada liña negra que lle cruza o ollo (sic). No Gran dicionario Xerais da lingua, Vigo, Xerais, 2009, Volume I, ISBN 978-84-9914-071-1.
  4. 4,0 4,1 Penas patiño et al. (1991), p. 276.
  5. Certhiidae Leach, 1820 no ITIS.
  6. Certhia Linnaeus, 1758 no ITIS.
  7. Salpornis G. R. Gray, 1847 no ITIS.
  8. Tietze, Dieter Thomas; Martens, Jochen & Sun, Yue-Hua (2006): "Molecular phylogeny of treecreepers (Certhia) detects hidden diversity" Resume, en Ibis, 148 (3): 477-488.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Harrap, Simon & David Quinn (1996): Chickadees, Tits, Nuthatches, and Treecreepers. Pinceton: Princeton University Press. ISBN 978-0-6910-1083-0.
  • Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Carlos Silvar (1991): Guía das aves e Galicia. A Coruña: Bahia Edicións. ISBN 84-8767-406-2.
  • Peterso, Roger; Guy Mountfort & P. A. D. Hollom (1973): Guía de campo de las aves de España y demás países de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-334-2.
  • Svensson, Lars, & Peter J. Grant (2001): Guía de aves. La guía de campo de aves de España y de Europa más completa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2821-218-X.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]