Conversa:Gabeador

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Na miña opinión, e dado que hai moitas especies de gabeadores, mesmo en Galicia, sería oportuno cambiar o nome do artigo, Gabeador, polo de Cértidos, nome que dá á familia RAG (mentres non o cambie polo máis conforme á etimoloxía, certíidos). Ver tamén, para iso, as ligazóns ás outras Wikis. Para mair inri, a Galipedia inclúe dúas especies galegas de gabeadores, o gabeador azul e o gabeador vermello, que pertencen, respectyivamente, ás familias dos sítidos e os ticodromádidos.

No caso de ser aceptada esta proposta, habería que cambiar a páxina de homónimos que acabo de editar, Gabeador (homónimos), por Gabeador, facendo os cambios oportunos. --XoioÉche o que hai 5 de abril de 2017 ás 17:19 (UTC)[responder]

  • Si, parece lóxico. --Atobar (conversa comigo) 5 de abril de 2017 ás 17:52 (UTC)[responder]
  • Esta páxina do gabeador non a fixen eu, pero si é certo que existe bastante confusión co nome gabeador, que se lle ten dado ás especies dos xéneros Sitta, Certhia e Tichodroma. Ademais, o gabeador azul (Sitta europaea) tamén se lle chama piquelo azul, pero piquelo tamén é un nome para os petos. En canto a cértidos ou certíidos, o DRAG é consistente coa solución cértidos en todos os nomes de múltiples familias que teñen dous is seguidos; sempre o reduce a un i (por discutible que sexa). Concordo en que é moito mellor chamarlle a esta páxina cértidos e facer unha páxina de homónimos co título gabeador, mellor que gabeador (homónimos).--Miguelferig (conversa) 5 de abril de 2017 ás 19:44 (UTC)[responder]
  • Grazas Alejandro e Miguel. A ver se algún administrador fai eses cambios. En canto ao criterio da Academia de reducir os dous is, tanto en nomes de familias como de ordes (ciconiformes versus ciconiiformes) xa estou afeito, e non é a primeira vez que protesto por iso. En cambio, aceptan a morfoloxía anemone, parasito ou ruminantes, por exemplo, atendendo á estrita etimoloxía e acentuación etimolóxica. E polo que respecta aos gabeadores, temos fontes fiabeis (das que dispoño eu) para a Galipedia: o Dicionario de galego, de Ir Indo, e mais o Gan dicionario Xerais da lingua . --XoioÉche o que hai 5 de abril de 2017 ás 21:22 (UTC)[responder]
Penso que temos que seguir o que ditaminou a RAG e de haberen outros termos rexistrados noutras obras indicalos. Polo tanto, se non hai ningunha referencia para certíidos (ata novo aviso) creo que hai que o quitar. Saúdos.--Isili0n (conversa) 6 de abril de 2017 ás 19:22 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Gabeador. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de agosto de 2018 ás 01:09 (UTC)[responder]