Gabeador norteño
Gabeador norteño | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Subespecie C. f. macrodactyla ou C. f. familiaris
| |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Certhia familiaris' Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||
Verde – residente todo o ano
Azul – inverno Maxenta – subespecie |
O gabeador norteño (Certhia familiaris) é un paxaro de pequeno tamaño da familia dos gabeadores (Certhiidae).
Descrición[editar | editar a fonte]
Os gabeadores norteños están entre as aves máis pequenas de Europa e son moi semellantes os gabeadores comúns. Dos que é moi difícil diferencialos a.simple vista . Miden entre 12 e 13 cm., e pesan .uns 9 gramos. O seu bico, aguzado e curvado cara abaixo, mide de 12 a 14 mm. A cola é relativamente longa, medindo ata 5 cm. A plumaxe é branca na parte inferior do corpo; na superior e da cor da casca das árbores. Teñen unha marca superciliar branca . Femias e machos son semellantes de aspecto. Os gabeadores norteños poden vivir ata sete anos.
As subespecies hodgsoni, mandellii e khamensis, da beira sur do Himalaia, foron clasificadas recentemente dentro dunha especie separada , o gabeador de Hodgson (C. hodgsoni) (Tietze et al., 2006).
Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]
Viven en boa parte da Europa temperada e en partes de Asia. En xeral máis ó norte có gabeador común, co que, por´rn, coinciden nunha ampla zona da Europa occidental. É a única especie de gabeador presente nas illas Británicas e en máis de Escandinavia.
Viven en zonas boscosas, con preferencia polos bosques de coníferas ou os mixtos Nas zonas onde ámbolos dous coinciden, o gabeador común adoita preferir as coníferas.
Alimentación[editar | editar a fonte]
Buscan insectos e outros artrópodos que atrapan co bico (especialmente xeitoso para este tipo de tarefa) entre a casca das árbores agatuñando en espirais polos troncos.
Reprodución[editar | editar a fonte]
Maduran sexualmente ó ano de idade. A época reprodutora va ide marzo a xullo. Fan un niño de coteliños, musgo, pelos de mamífero e plumas, agochado entre cascas soltas das árbores. Poñen entre 5 e oito ovos, que chocan nas femias unhas dúas semanas. Os polos tardan 14 ou 15 días en deixa-lo niño, pero son coidados polos pais aínda durante un tempo.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ BirdLife International (2012). "Certhia familiaris". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Biografía[editar | editar a fonte]
- Tietze, Dieter Thomas; Martens, Jochen & Sun, Yue-Hua (2006): Molecular phylogeny of treecreepers (Certhia) detects hidden diversity. Ibis 148 (3): 477-488
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gabeador norteño |
O gabeador norteño na "Lista vermella de especias amenazadas"" da IUCN