Gabeador norteño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Certhia familiaris")
Gabeador norteño
Subespecie C. f. macrodactyla ou C. f. familiaris
Subespecie C. f. macrodactyla ou C. f. familiaris
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Certhiidae
Xénero: Certhia
Especie: C. familiaris
Nome binomial
'Certhia familiaris'
Linnaeus, 1758
Verde – residente todo o ano Azul – invernoMaxenta – subespecie

Verde – residente todo o ano
Azul – inverno
Maxenta – subespecie

O gabeador norteño (Certhia familiaris) é un paxaro de pequeño tamaño da familia dos gabeadores (Certhiidae).

Descrición[editar | editar a fonte]

Os gabeadores norteños están entre as aves máis pequenas de Europa e son moi semellantes os gabeadores comúns. Dos que é moi difícil diferencialos a.simple vista . Miden entre 12 e 13 cm., e pesan .uns 9 gramos. O seu bico, aguzado e curvado cara abaixo, mide de 12 a 14 mm. A cola é relativamente longa, medindo ata 5 cm. A plumaxe é branca na parte inferior do corpo; na superior e da cor da casca das árbores. Teñen unha marca superciliar branca . Femias e machos son semellantes de aspecto. Os gabeadores norteños poden vivir ata sete anos.

As subespecies hodgsoni, mandellii e khamensis, da beira sur do Himalaia, foron clasificadas recentemente dentro dunha especie separada , o gabeador de Hodgson (C. hodgsoni) (Tietze et al., 2006).

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Viven en boa parte da Europa temperada e en partes de Asia. En xeral máis ó norte có gabeador común, co que, por´rn, coinciden nunha ampla zona da Europa occidental. É a única especie de gabeador presente nas illas Británicas e en máis de Escandinavia.

Viven en zonas boscosas, con preferencia polos bosques de coníferas ou os mixtos Nas zonas onde ámbolos dous coinciden, o gabeador común adoita preferir as coníferas.

Alimentación[editar | editar a fonte]

Buscan insectos e outros artrópodos que atrapan co bico (especialmente xeitoso para este tipo de tarefa) entre a casca das árbores agatuñando en espirais polos troncos.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Maduran sexualmente ó ano de idade. A época reprodutora va ide marzo a xullo. Fan un niño de coteliños, musgo, pelos de mamífero e plumas, agachado entre cascas soltas das árbores. Poñen entre 5 e oito ovos, que chocan nas femias unhas dúas semanas. Os polos tardan 14 ou 15 días en deixa-lo niño, pero son coidados polos pais aínda durante un tempo.

Notas[editar | editar a fonte]

  • Tietze, Dieter Thomas; Martens, Jochen & Sun, Yue-Hua (2006): Molecular phylogeny of treecreepers (Certhia) detects hidden diversity. Ibis 148 (3): 477-488

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

O gabeador norteño na "Lista vermella de especias amenazadas"" da IUCN

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2012). "Certhia familiaris". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.