Certhia
Certhia Rango fósil: plioceno - actualidade | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Certhia brachydactyla | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
|
Certhia é un xénero de aves paseriformes, o tipo da familia dos cértidos, ou certíidos (Certhiidae), que comprende aos gabeadores máis típicos.
Catacterísticas
[editar | editar a fonte]As súas especies ocupan gran parte dos bosques da rexión temperada do hemisferio norte norte. Normalmente non migran máis que en desprazamentos locais, como os descensos das montañas das especies que viven no Himalaia.[1]
Son paxaros forestais pequenos, todos de aparencia moi similar (tanto que é difícil diferencialos cando ocupan o mesmo territorio). Teñen as partes superiores pardas con pintas e as inferiores abrancazadas.[2].
Teñen bicos finos, acabados en afiada punta e curvados cara a abaixo, que usan para sacaren insectos das físgoas das codias das árbores. As plumas da súa cola son estreitas e ríxidas, e úsanas como apoio cando gabean en troncos verticais, como os paxaros carpinteiros. Todas as plumas da cola, menos as dúas centrais, múdanse nunha rápida sucesión; as dúas centrais no as mudan até que as demais xa medraron, polo que o paxaro sempre se pode sustentar con axuda da cola.[2]
Aditan construíren os seus niños en forma de cunca en plataformas de ramas, e escondidos tras as cascas soltas do tronco dunha árbore. Tamén poden usar as caixas niño colocadas nos troncos se teñen dúas aberturas, unha para a entrada e outra para saíren. Poñen de 3 a 9 ovos (xeralmente 5 ou 6), que son brancos con pencas pardo avermelladas. A femia chócaos durante 14 ou 15 días. Os pitos deixan o niño en 15 ou 16 días. O macho pode coidar deles mentres a femia incuba e alimenta a unha segunda niñada. Raramente o macho emparella cunha segunda femia mentres a primeira choca, e mesmo hai rexistros de dúas femias incubando as súas postas unha canda a outra nun mesmo niño.[2]
Polo menos algunhas das especies dormen en pequenas cavidades alongadas que escavan elas mesmas tras as codias soltas. Poden durmir sos ou en grupos (probabelmente familiares) que, cando o frío é intenso poden chegar a superar os 12 individuos.[1]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito polo naturalista sueco Carolus Linnaeus, na 10ª edición do seu Systema Naturae.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Certhia é unha alteración do latín certhius, "gabeador", derivado do grego antigo κέρθιος kérthios.[3]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Segundo recentes estudos das secuencias, de ADN mitocondrial, do citocromo b e da estrutura dos seus cantos, recoñécense as seguintes especies:[4][5][6]
- Xénero Certhia Linnaeus, 1758
- Certhia familiaris Linnaeus, 1758 - gabeador norteño
- Certhia hodgsoni W. E. Brooks, 1871 - gabeador de Hodgson
- Certhia americana Bonaparte, 1838 - gabeador americano
- Certhia brachydactyla C. L. Brehm, 1820 - gabeador común
- Certhia himalayana Vigors, 1832 - gabeador do Himalaia
- Certhia tianquanensis G. Li, 1995 - gabeador do Sichuan
- Certhia nipalensis Blyth, 1845 - gabeador do Nepal
- Certhia discolor Blyth, 1845 - gabeador de Sikkim
- Certhia manipurensis Hume, 1881 - gabeador de Manipur
Evolución
[editar | editar a fonte]Forman parte de dúas liñaxes evolutivas: as catro primeiras especies citadas son froit da radiación holoártica, mentres que as cinco restantes están distribuídas ao sur e ao leste do Himalaia. Unha excepción é Certhia hodgsoni, recentemente recoñecido como especie á parte, que vive no sur do Himalaia sendo descendente dos mesmos antepasados que os gabeadores norteños.
Os membros do grupo holoártico teñen un canto máis melodioso, que sempre (excepto o de C. familiaris da China) empeza ou termina cun agudo sriih. En cambio o grupo do Himalaia ten un trilo máis rápido sen o son sriih.
Rexistro fósil
[editar | editar a fonte]O fósil máis antigo do xénero é Certhia immensa (do plioceno de Csarnota, Hungría).[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Mead 2003.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Perrins 1991; Mead 2003.
- ↑ Certhia no Merriam-Websters Dictionary.
- ↑ Tietze et al., 2006; Tietze et al., 2008
- ↑ Certhia Linnaeus, 1758 no ITIS.
- ↑ Certhia Arquivado 07 de abril de 2017 en Wayback Machine. na EOL.
- ↑ Kessler, E. (2013): "Neogene songbirds (Aves, Passeriformes) from Hungary". Hantkeniana, Budapest, 8: 37-149.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Certhia |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Certhia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mead, Christopher J. (2003). "Holarctic Treecreepers". En Chris Perrins. The Firefly Encyclopedia of Birds. Firefly Books. pp. 538–540. ISBN 1-5529-7777-3.
- Perrins, C. (1991). Forshaw, Joseph, ed. Encyclopaedia of Animals: Birds. London: Merehurst Press. p. 204. ISBN 1-8539-1186-0.
- Tietze, Dieter Thomas; Martens, Jochen & Sun, Yue-Hua (2006): "Molecular phylogeny of treecreepers (Certhia) detects hidden diversity" Resume. Ibis 148 (3): 477-488}}
- Dieter Thomas Tietze, Jochen Martens, Yue-Hua Sun & Martin Paeckert (2008): "Evolutionary history of treecreeper vocalisations (Aves: Certhia)" Resume en Organisms, Diversity & Evolution 8 (4): 305–324.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Certhia na ADW.
- Certhia Arquivado 07 de abril de 2017 en Wayback Machine. na EOL.
- Certhia Linnaeus, 1758 no ITIS
- Certhia no NCBI.