Saltar ao contido

Salpornis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Salpornis é un xénero de aves paseriformes, un dos dous que conforman a familia dos cértidos, que comprende aos gabeadores máis típicos.

Características

[editar | editar a fonte]

De pequeno tamaño e aspecto típico dos gabeadores, a súa cola ten doce plumas, arredondadas nos extremos. A fosa nasal está libre, desprovista de serdas. A lingua termina en cinco serdas.[1]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1847 polo zoólogo inglés George Robert Gray.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome Salpornis está formado pos elementos do latín científico salp-, tirado, segundo algún s etimoloxístas, do termo do grego antigo σαλιγκτής salpinktḗs "o trompeta", e -ornis, derivado do grego antigo ὄρνις órnis, "paxaro".[2]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

No xénero recoñécense na actualidade dúas especies, unha que vive na India e outra de distribución africana, esta última considerada anteriormente como unha subespecie. Pero as diferenzas en tamaño, chíos e as secuencias do ADN mitocondrial apoiaron a división das poboacións africanas e indias, para formar a nova especie Salpornis salvadori.[3][4]

Daquela, no xénero recoñécense dúas especies, unha delas con dúas subespecies (ou tres, segundo os autores).

  • Xénero Salpornis G. R. Gray, 1847 [5][6]
    • Salpornis salvadori (Bocage, 1878)
    • Salpornis spilonotus (Franklin, 1831) (Ás veces denominada Salpornis spinolota)
      • Salpornis spilonotus rajputanae Meinertzhagen & A. Meinertzhagen, 1926 [7]
      • Salpornis spilonotus salvadori (Bocage, 1878) [8]
      • Salpornis spilonotus spilonotus (Franklin, 1831) [9]
Cabezas e pés de Tichodroma e Salpornis.

Controversia taxonómica

[editar | editar a fonte]

Salpornis é un xénero que na actualidade se inclúe na familia dos Certhiidae. Pero no pasado fora incluído na familia dos Sittidae ou colocado nunha familia propia, a dos Salpornithidae.

As análise filoxenéticas moleculares mostran que definitivamente está dentro da superfamilia dos Certhioidea, pero subsiste certa incerteza acerca da súa situación en relación cos xéneros Sitta, Tichodroma e Certhia.

Aínda que son de aparencia similar aos gabeadores do xénero Certhia, porén, non utilizan as súas colas para apoialas nos troncos das árbores nas súas escaladas, e algunhas evidencias moleculares demostran que está máis cerca dos gabeadores do xénero Sitta,[10] mentres que outro estudo suxire unha relación máis estreita con Tichodroma muraria.[3]

  1. Hellmayr, CE (1911). Wytsman, Philogene, ed. Genera Avium. Passeres. Fam. Certhiidae. p. 9. 
  2. Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of scientific bird names. London: Christopher Helm. p. 346. 
  3. 3,0 3,1 Tietze, Dieter Thomas; Martens, Jochen (2010). "Intraspecific differentiation in Spotted Creepers, Salpornis spilonotus (Aves:Passeriformes:Certhiidae)" (PDF). Vertebrate Zoology 60 (2): 163–170. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 06 de abril de 2017. 
  4. Salpornis spilonotus na orde Passeriforme. Congreso Ornitolóxico Internacional. (Consultado o 6 de abril de 2017).
  5. Salpornis G. R. Gray, 1847 no ITIS.
  6. Salpornis no NCBI.
  7. Salpornis spilonotus rajputanae Meinertzhagen & A. Meinertzhagen, 1926 no ITIS.
  8. Salpornis salvadori salvadori (Bocage, 1878) en Avibase (en inglés).
  9. Salpornis spilonotus spilonotus (Franklin, 1831) no ITIS.
  10. Johansson, Ulf S.; Fjeldså, Jon; Bowie, Rauri C.K. (2008). "Phylogenetic relationships within Passerida (Aves: Passeriformes): A review and a new molecular phylogeny based on three nuclear intron markers" (PDF). Molecular Phylogenetics and Evolution 48 (3): 858–876. PMID 18619860. doi:10.1016/j.ympev.2008.05.029. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de xaneiro de 2014. Consultado o 06 de abril de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Tietze D. T. & J. Martens (2010): "Intraspecific differentiation in Spotted Creepers, Salpornis spilonotus (Aves: Passeriformes: Certhiidae)", Vertebrate Zoology 60: 163-170.
  • Rasmussen, P. C. & J. C. Anderton (2012): Birds of South Asia: the Ripley Guide, 2ª ed. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]