Paco Sedano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Francisco Sedano Antolín»)
Infotaula de personaPaco Sedano

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de decembro de 1979 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de fútbol sala , futbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol sala Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoPorteiro Editar o valor em Wikidata
Número deportivo28 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Seleção Espanhola de Futsal (pt) Traducir
1999- FS Móstoles (en) Traducir
2007-2018 FC Barcelona Futsal Editar o valor em Wikidata

UEFA: 98556 Editar o valor em Wikidata

Francisco Sedano Antolín, nado en Madrid o 2 de decembro de 1979, é un ex-porteiro español de fútbol sala coñecido como Paco Sedano. Foi primeiro capitán e porteiro do F. C. Barcelona de Primeira División da LNFS.[1][2]

Está considerado un dos tres mellores porteiros de Móstoles xunto a David Cobeño e Iker Casillas. O seu irmán Kikillo tamén xoga ao fútbol sala como á e peche do Massey Ferguson Valdepeñas en Segunda División, con el coincidiu varias tempadas no histórico equipo do Móstoles F.S. que ascendeu a División de Honra.

Biografía[editar | editar a fonte]

Xogador de fútbol sala criado en Móstoles. Xogou na liga Municipal desta cidade durante algúns anos e proseguiu a súa traxectoria en División de Honra de xuvenís en Madrid e nos Autos García de Coslada para finalmente recalar no equipo da súa cidade, o Móstoles F.S. club no que xogou sete tempadas. Tras a campaña 2006/2007, fichou polo F.C. Barcelona Mobicat como parte do ambicioso proxecto de situar a este equipo, a curto prazo, como un dos mellores da División de Honra. É o único xogador madrileño en gañar a copa Comunidade de Madrid e a Copa Cataluña.[3]

O 10 de xaneiro de 2018, foi elixido como mellor porteiro do mundo do ano 2017.[4] O 13 de xuño anunciou a súa retirada como porteiro profesional.[5][6] O 19 de xuño xogou o seu derradeiro partido como profesional no quinto partido da final dos play-offs pola liga ante o Inter Movistar, onde o club madrileño se impuxo nos penaltis.[7]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

  • 1998/1999 - Autos García Coslada
  • 1999/2007 - Móstoles F.S.
  • 2007/2018 - F.C. Barcelona

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • 50 veces internacional
  • Internacional Sub-21, Sub-23 e Universitario
  • Mellor porteiro mundial universitario (Hungría 2002)
  • 1 Campionato do Mundo (China-Taipei 2004)
  • 2 Campionatos de Europa (2005, 2016)
  • 1 Campionato de Liga División de Prata (1999 / 2000)
  • 1 Ascenso a División de Prata (1996)
  • 1 Ascenso a División de Honra (2000)
  • 1 Copa Comunidade de Madrid (2004)
  • Mellor Xogador Copa Comunidade de Madrid (2004)
  • 6 Copas de Cataluña (2008, 2009, 2011, 2013, 2014, 2015,2016)
  • 3 Copas de España (2011, 2012, 2013)
  • 5 Copas do Rei de Fútbol sala (2011, 2012, 2013, 2014,2018)
  • 3 Ligas Nacionais de Fútbol sala (2011, 2012, 2013)
  • 1 Supercopa de España (2013)
  • 2 Copas da UEFA (2012, 2014)
  • Mellor porteiro da liga (2012 / 2013) (2013 / 2014) (2015 / 2016) (2016/2017)
  • Mellor porteiro do Mundo (2017)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Europeo Fútbol Sala 2018: Paco Sedano, un portero con alma de pívot - Marca.com". Marca.com (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2018. 
  2. "Fútbol Sala: Los equipazos de Paco Sedano - Marca.com". Marca.com (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2018. 
  3. "Las mil vueltas de Paco Sedano: del benjamín del Madrid a capitán del Barcelona". ELMUNDO (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2018. 
  4. "Paco Sedano, mejor portero del mundo del 2017 | FC Barcelona". Consultado o 20 de xuño de 2018. 
  5. "El mejor portero del mundo cuelga los guantes". abc (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2018. 
  6. "Fútbol sala: Paco Sedano anuncia su retirada: "He tenido una carrera soñada" - Marca.com". Marca.com (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2018. 
  7. Sport (20 de xuño de 2018). "Paco Sedano: "Lo intentamos, nos vaciamos..."". sport (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]