Vratsa
| Враца (bg) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| País | Bulgaria | ||||
| Provincia | Vratsa (província) (pt) | ||||
| Concello | Vratsa (en) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 48.147 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 148,924 km² | ||||
| Altitude | 344 m | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 3000 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 092 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | vratza.bg | ||||
Vratsa (en búlgaro: Враца) é unha cidade situada no noroeste de Bulgaria, nunha zona de outeiros nos montes Balcáns. É a capital administrativa da provincia de Vratsa.
A cidade de Vratsa é un centro de comercio e artesanía e un nó ferroviario. Nela estabeleceuse a industria téxtil, metalúrxica, química e cerámica. Durante o dominio otomán (séculos XV ó XIX) foi un centro administrativo e unha gornición. A área municipal está habitada por un total de 80.040 persoas, segundo o censo de 2004.
Xeografía
[editar | editar a fonte]É unha das cidades máis "pintorescas" do país. Atópase nos outeiros situados ós pés de "Vrachanski Balkan" (montañas Vratsa), co río Leva cruzando a cidade. Vratsa atópase a aproximadamente 116 km da capital búlgara, Sofía.
A área rural do concello ofrece diversos atractivos, que lle outorga o encanto da zona oriental do noroeste búlgaro. Nos terreos de bosques do estado de Vratsa, localízanse numerosos parques naturais protexidos, así como monumentos históricos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vratsa |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 10 de abril de 2008 en Wayback Machine. (en búlgaro)
