Francisco Otero Besteiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Otero Besteiro
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1933 Editar o valor em Wikidata
O Corgo, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de maio de 1994 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , escultor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Monumento a Luís Pimentel en Lugo

Francisco Otero Besteiro, nado no Corgo o 3 de marzo de 1933 e finado en Madrid o 21 de maio de 1994, foi un escultor, debuxante e deseñador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou estudos de arte en Galicia e máis tarde trasladouse a Madrid, onde ingresou en 1947 na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando. Celebrou a súa primeira exposición no Museo de Arte Moderna de Madrid.

En 1960, obtivo unha bolsa da Fundación Juan March para estudar en Roma. Posteriormente afianzou os seus coñecementos na École des Beaux-Arts para volver a Madrid, onde fixou a súa residencia. A mediados da década de 1980 dedicouse a crear unha colección de xoias-escultura que se expuxo en 1989 no mercado Puerta de Toledo de Madrid e que supuxo a súa derradeira exposición.[1]

Faleceu aos 61 anos de idade por mor dunha doenza cardíaca. Os seus restos foron trasladados ao Corgo para seren enterrados nunha tumba-mosca que construíra en 1976.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

Foi unha personaxe peculiar apaixonada da filosofía e grande admirador das persoas dedicadas á investigación científica e en especial á medicina. Home de gran sensibilidade artística, procurando sempre novas formas de expresión, conseguiu reunir unha obra persoal, diversa e sorprendente, mesmo realizando inventos para solucións cotiás.

Realizou esculturas monumentais de animais feitas principalmente en bronce, granito e mármore, cerámicas, xoias en ouro e prata, acuarelas e debuxos.

A súa obra está presente no Museo de Arte Moderna de Madrid e no Museo Carlos Maside e foi recoñecido por grandes escritores e críticos da época, como Francisco Umbral e Camilo José Cela, que opinaba que "as formas de Otero Besteiro están por riba da anécdota e da representación, e a un lado da materia e das tendencias".[3] Foi distinguido coa medalla da Bienal de Alexandría.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. de Cora, José (2019-04-02). "Francisco Otero Besteiro". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2021-04-02. 
  2. "Fallece a los 61 años el escultor Otero Besteiro". El País (en castelán). 1994-05-22. ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-04-02. 
  3. Corredoira, Pilar. "Francisco Otero Besteiro, a la espera de nuevas relecturas". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-04-02. 
  4. "OTERO BESTEIRO - Afundación". afundacion.org. Consultado o 2021-04-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]