Douglas Fairbanks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Douglas Fairbanks
Douglas Fairbanks signed 1921 photo.jpg
Fairbanks en 1921
Nome completoDouglas Elton Thomas Ullman
Nacemento23 de maio de 1883
LugarDenver (Colorado Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento12 de decembro de 1939
LugarSanta Monica (California) Estados Unidos de América Estados Unidos
CausaInfarto agudo de miocardio
SoterradoHollywood Forever Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Cónxuxe(s)Anna Beth Sully (1907-1919)
Mary Pickford (1920-1936)
Sylvia Ashley (1936-1939)
FillosDouglas Fairbanks, Jr.
ProfesiónActor
editar datos en Wikidata ]

Douglas Elton Thomas Ullman, nado en Denver (Colorado) o 23 de maio de 1883 e finado en Santa Monica (California) o 12 de decembro de 1939 foi un actor, director e produtor estadounidense, coñecido como Douglas Fairbanks.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fairbanks comezou a actuar de neno en teatros afeccionados de Denver. Na década de 1900 mudouse a Nova York para iniciar a súa carreira como profesional, uníndose á compañía de Frederick Warde. Debutou en Broadway en 1902.

Tras marchar aos Ánxeles asinou un contrato con Triangle Pictures en 1915, traballando con David Wark Griffith. No seu primeiro filme, The Lamb, demostrou as súas capacidades atléticas, chamando a atención do público.

En 1916 coñeceu a actriz Mary Pickford, comezando unha relación. Os dous, xunto con D.W. Griffith e Charles Chaplin fundaron en 1919 a United Artists, para ter o control artístico total dos seus filmes.

En 1920, cando xa era o actor máis popular de Hollywood casou con Mary Pickford, tralo rápido divorcio desta. Convertéronse na primeira parella famosa de Hollywood, vivindo nunha mansión chamada Pickfair. Neses anos comezou a revitalizar o xénero dos filmes de aventuras.

En 1927 Fairbanks e Pickford foron os primeiros en deixar as súas pegadas no cemento fronte o Grauman's Chinese Theatre. Ademais, Fairbanks converteuse no primeiro presidente da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas e o primeiro presentador dos premios Oscar.

Perdeu o entusiasmo coas limitacións que trouxo o cinema sonoro e despois de 1934 retirouse da interpretación. Mantívose relacionado marxinalmente coa industria do cinema ata que a súa saúde comezou a decaer.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Acreditado como
Role Produtor Guionista Director
1915 The Lamb Gerald
Martyrs of the Alamo Bit part
Double Trouble Florian Amidon / Eugene Brassfield
1916 His Picture in the Papers Pete Prindle
The Habit of Happiness Sunny Wiggins
The Good Bad Man Passin' Through Si Si
Reggie Mixes In Reggie Van Deuzen
The Mystery of the Leaping Fish Coke Ennyday / El mesmo
Flirting With Fate Augy Holliday
The Half-Breed Lo Dorman
Intolerance Home no cabalo branco
Manhattan Madness Steve O'Dare
American Aristocracy Cassius Lee
The Matrimaniac Jimmie Conroy
The Americano Blaze Derringer
1917 All-Star Production of Patriotic
Episodes for the Second Liberty Loan
El mesmo
In Again, Out Again Teddy Rutherford Si Si
Wild and Woolly Jeff Hillington
Down to Earth Billy Gaynor Si Si Si Si
The Man from Painted Post "Fancy Jim" Sherwood Si Si
Reaching for the Moon Alexis Caesar Napoleon Brown Si Si
A Modern Musketeer Ned Thacker Si Si
1918 Headin' South Headin' South Si Si
Mr. Fix-It Dick Remington Si Si
Say! Young Fellow The Young Fellow Si Si
Bound in Morocco George Travelwell Si Si Si Si
He Comes Up Smiling Jerry Martin Si Si
Sic 'Em, Sam Democracia
Arizona Lt. Denton Si Si Si Si Si Si
1919 The Knickerbocker Buckaroo Teddy Drake Si Si Si Si
His Majesty, the American William Brooks Si Si Si Si
When the Clouds Roll by Daniel Boone Brown Si Si Si Si
1920 The Mollycoddle Richard Marshall III, IV e V Si Si
The Mark of Zorro Don Diego Vega / Señor Zorro Si Si Si Si
1921 The Nut Charlie Jackson Si Si Si Si
The Three Musketeers D'Artagnan Si Si Si Si
1922 Robin Hood Robin Hood Si Si Si Si
1923 Hollywood El mesmo
1924 The Thief of Bagdad O ladrón de Bagdad Si Si Si Si
1925 Don Q, Son of Zorro Don Cesar Vega / Zorro Si Si
Ben-Hur Extra na multitude
1926 The Black Pirate The Black Pirate Si Si Si Si
1927 A Kiss From Mary Pickford El mesmo
The Gaucho The Gaucho Si Si Si Si
1928 Show People El mesmo
1929 The Iron Mask D'Artagnan Si Si Si Si
The Taming of the Shrew Petruchio
1930 Reaching for the Moon Larry Day Si Si
1931 Around the World in 80 Minutes with Douglas Fairbanks El mesmo Si Si Si Si Si Si
1932 Mr. Robinson Crusoe Steve Drexel Si Si Si Si
1934 The Private Life of Don Juan Don Juan

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]