Cessna 208 Caravan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cessna 208 Caravan
Iraqi Air Force Cessna 208 Caravan training mission.jpg
Tipoavión utilitario
FabricanteCessna
Primeiro voo9 de decembro de 1982
Introducido1984
Principais usuariosFedEx Feeder
Forza Aérea Brasileira]
Forza Aérea de Afganistán
Forza Aérea de Colombia
Produción1982 - presente
Unidades construídas2 600
VariantesSoloy Pathfinder 21

O Cessna 208 Caravan é un avión utilitario producido por Cessna. O proxecto iniciouse o 20 de novembro de 1981 e o primeiro prototipo voou o 9 de decembro de 1982. O modelo de produción foi certificado pola FAA en outubro de 1984 e desenvolveuse a súa variante de carga Cargomaster para FedEx. O 208B Super Cargomaster 1,2 m máis longo voou por vez primeira en 1986 e a partir del desenvolveuse o 208B Grand Caravan de pasaxeiros.

O 208 transporta tipicamente a nove pasaxeiros nunha cabina sen presurizar, está impulsado por un único motor turbohélice Pratt & Whitney Canada PT6A e ten un tren de aterraxe fixo en triciclo que pode ser tamén de frotadores ou esquís. En novembro de 2017 foran entregadas 2 600 unidades sumando 20 millóns de horas de voo. Os Caravan úsanse para adestramento de voo, para transporte de pasaxeiros por parte de aeroliñas de proximidade, transporte VIP, carga ou en misións humanitarias.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O 20 de novembro de 1981 o proxecto recibiu o visto e prace de Cessna para as súas instalacións de enxeñería de Pawnee. John Berwick, xefe de enxeñería en Pawnee, chgou cun concepto dun avión monomotor, con á alta e unha gran carga útil. Orixinalmente Berwick presentáralle ao vicepresidente Bill Boettger a idea e unha vez que Dwane Wallace, o presidente da compañía, deulle a súa aprobación Berwick díxolle a Russ Meyer que el deseñaríaa.[1]

O prototipo voou por vez primeira o 9 de decembro de 1982.[2] O modelo de produción production foi certificado pola Administración Federal de Aviación (FAA) en outubro de 1984.[3] Desenvolveuse unha variante de carga sen fiestras a petición de Federal Express que sería bautizada como Cargomaster.[3] Outra variante de carga para Federal Express, cunha fuselaxe máis grande e unha vaina de carga baixo o ventre, desenvolveuse como o 208B Super Cargomaster, voando por vez primeira en 1986.[3] FedEx planeara inicialmente construír avións bimotores de pistóns con Piper Aircraft, pero elixiu o Caravan despois de inspeccionalo e voar no seu prototipo, converténdose no seu avión de transporte estándar.[1]

Un modelo de pasaxeiros, o 208B Grand Caravan, derivaba do Super Cargomaster.[3] Dende entón, o Caravan pasou por varias evolucións de deseño, incluída a actualización da aviónica en 2008 para proporcionarlle unha cabina de cristal co sistema Garmin G1000.[4] En xaneiro de 2013 recibiu a certificación da FAA unha versión co máis potente P&WC PT6A-140, o Grand Caravan EX.[5]

En agosto de 2016 Textron anunciou que movería a liña de produción do Cessna 208 dende a súa sede de Wichita ata as súas instalacións de produción en Independence, Kansas, onde se fabricaban os modelos con motores de pistóns 172, 182, 206 e TTx; e reactor lixeiro Citation M2. O movemento realizouse para deixar espazo para a produción dos Citation Longitude e Denali en Wichita.[6] En 2021 un 208 Caravan custaba 2,45 millóns de dólares e o 208B Grand Caravan EX 2,845 millóns.[7]

Produción chinesa[editar | editar a fonte]

En maio de 2012 Cessna anunciou que establecería unha liña de montaxe para o 208 en China, coa empresa estatal China Aviation Industry General Aircraft (CAIGA) realizando a montaxe final de Caravans na súa planta de Shijiazhuang para o mercado chinés.[8] A aprobación do goberno foi concedida en setembro do ano seguinte e o primeiro Caravan montado na China entregouse en decembro de 2013.[9][10] En abril de 2016 uns 30 avións, montados a partir de partes enviadas dos Estados Unidos por Cessna, foran entregados a operadores chineses.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Rodengen, Jeffrey L. (1998). The legend of Cessna. Ft. Lauderdale, FL: Write Stuff Enterprises. p. 205. ISBN 0-945903-30-8. OCLC 39556014. 
  2. Simpson, R. W. (1991). Airlife's general aviation : a guide to post-war general aviation manufacturers and their aircraft (1st ed ed.). Shrewsbury, England: Airlife Pub. p. 103. ISBN 1-85310-194-X. OCLC 24151647. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Frawley, Gerald (1997). The International directory of civil aircraft, 1997-98 (2nd ed ed.). Fyshwick, Australia: Aerospace Publications. p. 76. ISBN 1-875671-26-9. OCLC 36815113. 
  4. "Cessna Caravan Perfected?". FLYING Magazine (en inglés). 2008-04-26. Consultado o 2022-05-17. 
  5. Pia Bergqvist, Cessna Grand Caravan EX Certified, Flying, marzo de 2013, p. 14
  6. Trautvetter, Chad. "Cessna Moving Caravan Production to Independence Plant". Aviation International News (en inglés). Consultado o 2022-05-17. 
  7. "BCA Table – Turboprops - Infogram". infogram.com (en inglés). Consultado o 2022-05-17. 
  8. "Cessna Caravans Final Assembly In China". AVweb (en inglés). 2012-05-03. Consultado o 2022-05-17. 
  9. "With 100 Caravan Sales In China, Cessna Focuses On Fleet Support". aviationweek.com. Consultado o 2022-05-17. 
  10. Wynbr, James; t. "Cessna highlights deliveries of the first China-built XLS+". Aviation International News (en inglés). Consultado o 2022-05-17. 
  11. Waldron, Greg. "​ABACE: Cessna Caravan powers ahead in China". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-05-17.  Carácter espazo nulo en |título= na posición 1 (Axuda)