Atlas Oryx

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atlas Oryx
Tipohelicóptero utilitario
Primeiro voo1986
Introducido1987
Produción1986-1991

O Atlas Oryx (chamado así polo antílope Oryx) é un helicóptero utilitario mediano fabricado pola compañía Atlas Aircraft Corporation (agora Denel Aviation) de Suráfrica.

Deseño e desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Fóra de Francia a Forza Aérea de Suráfrica (SAAF) era o maior usuario do Aérospatiale SA 330 Puma. O Oryx pode remontar a súa orixe á guerra da fronteira de Suráfrica. A pesar dos esforzos do canoneiro Alouette, recoñeceuse a necesidade dun canoneiro dedicado. Atlas Aircraft Corporation fabricou un helicóptero de ataque experimental, o Alpha XH-1. Este helicóptero foi usado para realizar estudos de viabilidade e podería non ter ningún propósito práctico, isto levou ao máis potente XTP-1 en abril de 1987. Dous XTP-1 foron convertidos baseándose na célula dun Puma J. Probáronse varias armas e sistemas no XTP-1 e abriuse o camiño para o proxecto Denel Rooivalk. Porén, os compoñentes dinámicos de voo do XTP-1 fixeron que Atlas se decatase das vantaxes dun Puma actualizado.

Un 330L Puma, número 177, foi convertido na configuración Oryx e usado como prototipo e os resultados superaron todas as expectativas do programa Oryx. As sancións da época incentivaron á industria aeronáutica local para converterse en autosuficiente na produción de compoñentes para helicópteros e, co coñecemento de montar aparellos prefabricados, conseguir as habilidades técnicas para fabricar Puma completos se xordese a necesidade. Isto incluía células completas e compoñentes dinámicos como caixas de cambios, palas de rotor e turbinas. As entradas dos motores están equipadas con filtros de po producidos localmente e garanten maior eficiencia e fiabilidade.

O Oryx é unha versión actualizada e remanufacturada do Aérospatiale SA 330 Puma, equivalente ao Eurocopter AS332 Super Puma, e ofrece unha mellora de rendemento sobre o orixinal, ademais de reducir os custos operacionais entre un 25 e un 30%. Os primeiros exemplos equipáronse cos últimos filtros de po usados nos Puma da SAAF. Esas unidades tiñan unha unidade auxiliar de entrada de aire na fronte. Un novo deseño de filtro de po foi equipado posteriormente sen a entrada de aire auxiliar. No caso de que un dos motores fallase, o outro tiña potencia suficiente para impulsar o Oryx e completar a súa misión. If an engine fails in flight, the management system automatically advances the power setting on the remaining engine. This ensures the Oryx sustains flight with very little crew input, during such an emergency.

A célula básica aínda é a mesma que a do Puma orixinal, pero a estrutura modernizouse co uso extensivo de materiais compostos de carbono producidos localmente. Eses materiais fixeron que a célula fose máis lixeira e máis forte, aumentando a dureza e a supervivencia do Oryx. The obvious external difference is the new modified tailboom which is slightly longer (50 cm), than the Puma.

A mediados de 1991 a SAAF recoñeceu que o Oryx estaba xa en servizo como substituto do Puma e do Aérospatiale SA 321 Super Frelon. Foi mostrado por vez primeira ao público nun día de portas abertas en Potchefstroom en agosto de 1991. No presente o Oryx está en servizo en varios escuadróns da Forza Aérea de Suráfrica, con ao redor de 35 unidades operando.

O Oryx é un helicóptero multipropósito. Os seus usos principais na SAAF son: voos de transporte e comunicacións, operacións de despregue rápido, extinción de incendios e misións de busca e rescate. Pode levar ata 20 soltados totalmente equipados, ou a 6 feridos en padiolas con asistentes, ou 3 000 kg de carga na cabina, ou 4 500 kg colgados no exterior. As súas tarefas na Armada surafricana son o transporte, o reaprovisionamento no mar, multiplicación de forzas, recoñecemento, e busca e rescate.

A meirande parte dos Oryx están equipados cun montacargas hidráulico de 50 m para dúas persoas usado en operacións de rescate. Ademais pódese instalar unha grande estrutura de metal na bodega de carga que permite que catro persoas poidan facer rappel ou descendan do helicóptero simultaneamente. Os Oryx que operan en escuadróns costeiros levan equipos de flotación de emerxencia.

Actalización[editar | editar a fonte]

No ano 2006 a SAAF iniciou unha actualización para estender a vida operativa de 35 Oryx ata o ano 2015-2020. Debido a restricións orzamentarias a actualización limitouse a aumentar a vida da célula. cunha actalización limitada nas comunicacións e a navegación.