Beechcraft Super King Air

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Beechcraft Super King Air
Tipoutilitario civil
FabricanteBeechcraft
Primeiro voo27 de outubro de 1972
Introducido1972
Estadoen servizo
Produción1972 - presente
Unidades construídas3 781 (2015)
VariantesBeechcraft C-12 Huron
Beechcraft 1900

A familia Beechcraft Super King Air é parte dunha liña de avións con dous motores turbohélice producidos por Beechcraft. As series Model 200 e Model 300 comercializáronse orixinalmente como a familia "Super King Air"; a designación "Super" desapareceu en 1996.[1] Forma a liña King Air cuntos coas series King Air Model 90 e 100.[2]

No presente Beechcraft ofrece os modelos 250 (designación B200GT[3]) e o máis grande 350i (B300[3]).[4] O 350ER (B300CER[3]) está dispoñible para gobernos, militares e clientes comerciais para operacións especiais,[5] como vixilancia aérea, ambulancia ou voos de inspección.[6] O avión rexional Beechcraft 1900 derivou do Model B200 King Air.[7]

A familia Super King Air fabricouse continuamente dende 1974,[8] o período de fabricación máis longo de calquera turbohélice civil da súa clase. O modelo superou a todos os seus competidores anteriores; o único outro avión turbohélice multimotor presurizado que agora está en produción é o Piaggio P.180 Avanti.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Raytheon Beechcraft King Air 200". Airliners.net. Consultado o 2020-12-06. 
  2. Phillips 1992, p. 7-10
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "2016 Business Airplanes Purchase Planning Handbook" (PDF). Business & Commercial Aviation. maio de 2016. 
  4. "Products". txtav.com. Consultado o 2020-12-06. 
  5. "Beechcraft King Air 350ER". beechcraft.txtav.com. Consultado o 2020-12-06. 
  6. "Beechcraft - Special Missions: Overview". www.beechcraft.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2021. Consultado o 2020-12-06. 
  7. Phillips 1992, p. 70
  8. "Hawker Beechcraft aircraft Serial Number Lists 1945 to present" (PDF). Archived from the original on 11 de abril de 2009. Consultado o 7 de decembro de 2020. 

Bibliografía[editar | editar a fonte]