Spinefarm Records foi fundado por Riku Pääkkönen en 1990. Orixinalmente era unha empresa de venda por correo ata que Pääkkönen iniciou o seu propio negocio editorial.[1] O primeiro lanzamento do selo foi o EP Ihmisiä kuolee! da banda Rytmihäiriö.[2]
No ano 1999 Sami Tenetz, guitarrista da banda de black metalThy Serpent creou un subselo chamado Spikefarm Records. Dende 2002 Spinefarm forma parte de Universal Music Group, pero opera como unha unidade de negocio independente.[3]