Descarga (arquivos)
Aparencia
(Redirección desde «Descarga dixital»)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/99/1328101811_Download.png/200px-1328101811_Download.png)
Descargar ou baixar arquivos (en inglés: Download) é a acción informática polo cal un arquivo que non está no ordenador dun usuario pasa a estalo mediante unha transferencia de datos cunha rede dende outro ordenador ou calquera aparato electrónico que si o alberga.
Protocolos e métodos[editar | editar a fonte]
A continuación preséntanse os protocolos, a nivel de aplicación do modelo TCP/IP, e métodos ou modelos máis utilizados pola descarga de arquivos por Internet.
Protocolos (a nivel de aplicación)[editar | editar a fonte]
- HTTP:Protocolo estándar para o intercambio de documentos de hipertexto e multimedia utilizado polos navegadores para visualizar as páxinas web.
- FTP: Protocolo estándar para intercambiar ficheiros entre ordenadores con calquera sistema operativo.
Métodos[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3f/P2P-network.svg/200px-P2P-network.svg.png)
- Cliente - Servidor: O servidor ofrece uns recursos (neste caso, arquivos informáticos) os cales o cliente require.
- P2P (peer-to-peer): É un sistema de comunicación por Internet que non ten clientes nin servidores fixos, senón unha serie de nodos que se comportan ao mesmo tempo como clientes e como servidores dos outros nodos da rede.