Fiopáns, A Baña
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Fiopáns | |
---|---|
Igrexa de San Pedro de Fiopáns. | |
Concello | A Baña[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°55′56″N 8°41′38″O / 42.9322, -8.694 |
Área | 4,69 km² |
Poboación | 181 hab. (2016) |
Densidade | 38,59 hab./km² |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro de Fiopáns é unha parroquia que se localiza no leste do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 181 habitantes (94 homes e 87 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 268 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]Idade Media
[editar | editar a fonte]Da época medieval existe un conxunto de doce cazoletas de pequeno tamaño realizadas sobre a superficie horizontal dun afloramento granítico de grandes dimensións. Este conxunto chámase Petróglifo do Monte da Calexa, situado en Alde.[2]
Cultura
[editar | editar a fonte]Patrimonio
[editar | editar a fonte]Patrimonio arquitectónico relixioso
[editar | editar a fonte]- Igrexa parroquial. Situada en San Pedro de Fiopáns, é de estilo barroco. Nela consta documentación do 1777, aínda que se supón que a súa construción se remonta a varios anos antes. Destaca a presenza de varios escudos de armas, seis dentro da igrexa, e un no hórreo próximo á casa reitoral.
Patrimonio etnolóxico
[editar | editar a fonte]Muíños[3]
[editar | editar a fonte]Todos están situados no regueiro chamado da Calexa (río Portalaxe)
- de Baixo da Calexa, moía catro meses no ano.
- de Rebordáns da Calexa, ídem.
- do Crego, ídem.
- dos Batáns, ídem.
- dos Herdeiros, ídem.
- da Baña, moía dous meses no ano.
Pombais[3]
[editar | editar a fonte]- Pombal do cura.
Etnografía
[editar | editar a fonte]Festas
[editar | editar a fonte]- 2 de febreiro: As Candeas
- 29 de xuño: San Pedro
- 30 de xuño: Santo Antón
- Último domingo de agosto: San Roque
- 8 de outubro: A Inmaculada
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes da Baña.
-
Cruceiro en Fiopáns.
-
Cruceiro no cemiterio de Fiopáns.
-
Escudo na fachada e pía bautismal no adro da igrexa.
-
Imaxe de San Pedro na fachada da igrexa.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Fiopáns
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Fiopáns no concello da Baña (A Coruña) | |
---|---|
Agrocovo | O Alde | Estibadiña | Fiopáns | Peisais | San Pedro | Troitomil | Vilar de Suso |
Parroquias da Baña
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "PXOM A Baña".
- ↑ 3,0 3,1 Rodríguez Troncoso, Amador (2014). Os albores de Feiraco. Feiraco.