Estudio de Caiga Quien Caiga en Telefé (Arxentina)Eduardo de la Puente, Nacho Goano, Mario Pergolini e Juan Di Natale en CQC Arxentina.
Caiga Quien Caiga é un programa televisivo orixinal da Arxentina cuxa versión española foi estreada por Telecinco en maio de 1996.
Trátase dun formato pensado para resumir as noticias e acontecementos máis destacados de cada semana mediante reportaxes realizadas en ton crítico e clave de humor. O seu signo máis característico son unhas lentes negras que levan sempre os reporteiros e cuxas que entregan ós personaxes famosos cos que se atopan na realización das reportaxes. Entre as numerosas caras populares que accederon a poñerse as lentes cabe salientar o Rei Xoán Carlos I.
O programa acadou unha grande fama, tanto entre o público coma entre a clase política española ata o punto de que José María Aznar, daquela presidente do goberno español, invitou ó equipo do programa a comer na Moncloa.