Feminismo da igualdade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Símbolo da igualdade de xénero.

O feminismo da igualdade é unha teoría feminista e un movemento social que ten como obxectivo conseguir a igualdade entre homes e mulleres e expón que para iso non é suficiente a igualdade formal ou legal senón que é necesario estabelecer un novo contrato social. O feminismo da igualdade inclúe diferentes feminismos como son os socialistas, marxista e anarquistas.

Así mesmo, o feminismo radical estadounidense e os feminismos de Simone de Beauvoir e materialistas como Christine Delphy e Lidia Falcón tamén forman parte desta perspectiva teórica. Todos estes feminismos cren que homes e mulleres son orixinariamente seres humanos. O feminismo da igualdade considera que a loita pola igualdade real e efectiva, material, entre mulleres e homes transforma de maneira radical todas as áreas da vida social, o propio concepto do que é un ser humano e reformula os fins e o sentido da vida individual e colectiva.

Entre as feministas históricas máis relevantes do feminismo da igualdade están Olympe de Gouges e Mary Wollstonecraft na Revolución francesa até Flora Tristán, Alexandra Kollontai e Sylvia Pankhurst entre as sufraxistas e marxistas, Kate Millett e Shulamith Firestone entre as feministas radicais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]