Saltar ao contido

Feminismo liberal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O feminismo liberal é unha forma individualista de teoría feminista centrada na capacidade das mulleres para manter a súa igualdade a través das súas propias accións e decisións. As feministas liberais argumentan que a sociedade ten a falsa crenza de que as mulleres son, por natureza, menos capaces que os homes intelectual e fisicamente, polo tanto, tende a discriminar as mulleres na academia, o foro e o mercado. As feministas liberais cren que "a subordinación feminina se basea nun conxunto de restricións de costumes e legais que bloquean a súa entrada e o éxito no chamado espazo público". A súa loita é, pois, lograr a igualdade entre os sexos a través da reforma política e legal.[1]

Mary Wollstonecraft

O obxectivo das feministas liberais a finais de 1800 e principios de 1900 era lograr o voto das mulleres coa idea de posteriormente gañar a liberdade individual. Preocupáballes obter a liberdade a través da igualdade pondo fin á crueldade dos homes cara ás mulleres e logrando a liberdade de oportunidades para converterse en persoas completas.[2] Consideraban que ningún goberno ou costume debía prohibir o exercicio da liberdade persoal. As feministas liberais iniciais tiveron que combater o suposto de que só os homes brancos merecían ter todos os dereitos de cidadanía.

Feministas como Mary Wollstonecraft, Judith Sargent Murray e Frances Wright avogaron pola inclusión política plena das mulleres. En 1920, despois de case 50 anos de intenso activismo, finalmente se concedeu ás mulleres dos Estados Unidos o dereito de voto e o dereito a exercer unha función pública.

  1. Tong, Rosemarie. Feminist Thought: A Comprehensive Introduction (PDF). Oxon, United Kingdom: Unwin Human Ltd. Chapter 1. Consultado o 1 de novembro de 2016. 
  2. Marilley, Suzanne (1996). "Woman Suffrage and the Origins of Liberal Feminism in the United States, 1820-1920". www.hup.harvard.edu (en inglés). Cambridge, MA: Harvard. pp. 1–10. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2016. Consultado o 1 de novembro de 2016.