Felis nigripes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Felis nigripes
Gato de patas negras
Zoo Wuppertal Schwarzfusskatze.jpg
Felis nigripes no zoo de Wuppertal
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Feliformia
Familia: Felidae
Subfamilia: Felinae
Tribo: Felini
Xénero: Felis
Especie: F. nigripes
Nome binomial
Felis nigripes
Burchell, 1824
Mapa de distribución do gato de patas negras

Mapa de distribución do gato de patas negras
Subespecies
Véxase o texto

Felis nigripes é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos e tribo dos felininos, pertencente ao xénero Felis.[1][2][3]

É un pequeno felino que vive no suroeste de África, concretamente en Botsuana, Namibia e a República Surafricana.[1][2]

É solitario e non se habitúa ben a condicións de catividade. Emite uns ruxidos roucos similares aos do león, pero de menor potencia. Esta cualidae é común nos felinos que viven en paraxes de grandes espazos descubertos, como o gato das areas, o manul, o león e, en menor medida, o gato salvaxe africano, e que precisan facer chegar o seus seus gritos o máis lonxe posíbel.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1824 polo naturalista e explorador británico William John Burchell, en Travels Interior of Southern Africa, 2: 592.[2]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Para o xénero, véxase Felis.

O epíteto específico, nigripes, é un termo do latín científico formado pola raíz nigri-, do adxectivo latino niger, -gra, -grum, 'negro' e o elemento -pes, do substantivo latino pēs, pedis, 'pata de animal', en alusión á cor os seus pés.

Subespecies[editar | editar a fonte]

Dentro desta especie recoñécense as seguintes dúas subespecies:[2][3]

  • Felis nigripes nigripes Burchell, 1824 en Botswana, Namibia e o nordeste de Suráfrica.
  • Felis nigripes thomasi Shortridge, 1931 no sueste de Suráfrica.

Características[editar | editar a fonte]

Retrato dun Felis nigripes

O Felis nigripes é unha das especies de felinos máis pequenos que existen. Os machos adultos pesan entre 1,9 kg e un máximo de 2,45 kg. As femias adultas pesan entre 1,3 kg e un máximo de 1,65 kg.[4] Os machos acadan unha lonxitude de entre 36,7 a 43,3 cm e as súas colas de entre 16,4 a 19,8 cm de longo. As femias son máis pequenas cunha lonxitude total de 36,9 cm e colas de 12,6 a 17,0 cm de longo.[5][6]

Soamente as almofadas e as partes inferiores das patas son de cor negra, o que lle dá ao gato o seu nome. A pelaxe varía entre a cor canela e marrón avermellada, e posúe manchas negras ou marróns que se fusionan para formar aneis nas patas, pescozo e cola. Porén, a pel é de cor rosa sen pigmentar, a diferenza da doutros gatos manchados.[7]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Macho adulto sentado nun xardín.

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

O gato de pés negro vive en zonas secas como sabanas, pasteiros e zonas semidesérticas con arbustos e árbores, en altitudes de até os 2000 m.[1]

Endémico da África austral, habita en zonas secas,[8] por onde está amplamente distríbuido, pero con pouca densidade de poboación.[Cómpre referencia] A súa área de distribución abarca desde o sur de Angola e o norte de Botsuana, polo norte, até a antiga provincia do Cabo, en Suráfrica, polo sur, comprendendo case toda Botsuana e Namibia.[9]

Comportamento[editar | editar a fonte]

É un animal solitario e nocturno, difícil de ver, e aínda máis difícil de capturar debido ao seu reducido tamaño, aos seus costumes nocturnos e á súa propensión a vivir escondido, xa que pasa a maior parte do día no fondo dun tobo, onde se protexe da calor. Pasa o día descansando e sae a cazar despois da posta do sol.[10]

Alimentación[editar | editar a fonte]

Debido ao seu pequeno tamaño, estes gatos cazan principalmente pequenas presas, como roedores e aves pequenas, aínda que tamén son capaces de cazar avutardas e lebres do Cbo, estas últimas máis pesadas ca el. Os insectos e as arañas reprenentan menos do 1 % da masa das presas consumidas.[11][12] Son cazadores moi activos, chegando a matar até catorce pequenos animais nunha noite.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Os Felis nigripes viven até 10 anos en cativerio. As femias acadan a madureza sexual aos 8 ou 12 meses. A súa época de apareamento dura só un ou dous días, e adoitan aparearse durante unhas horas, o que require localizar a machos rapidamente. Durante este período, a cópula repiítese con frecuencia. A xestación dura 63 a 68 días. Unha camada componse polo xeral de dúas crías, pero pode variar dunha a catro. Os cachorros pesan entre 60 e 84 g ao nacer cegos e indefensos aínda que son quen de arrastrarse despois dunhas poucas horas. Poden camiñar pasadas dúas semanas e comenzan a inxerir alimentos sólidos despois dun mes.[13]

As femias poden ter até dúas camadas durante a primavera, verán e outono e edúcannos en tobeiras, movéndoos a novas localizacións regularmente despois da primeira semana. En xeral, as crías desenvólvense máis axiña que outros gatos dun tamaño semellante para adaptarse rapidamente a unha contorna relativamente hostil. Adoitan independizarse aos cinco meses de idade aínda que poden permanecer dentro do alcance da súa nai.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Sliwa, A., Wilson, B., Küsters, M. & Tordiffe, A. (2016): Black-footed Cat Felis nigripes na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 16 de decembro de 2018.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Felis nigripes Burchell, 1824 en MSW.
  3. 3,0 3,1 Felis nigripes Burchell, 1824 no ITIS.
  4. Sliwa, A. (2004). Home range size and social organization of black-footed cats (Felis nigripes). Mammalian Biology 69 (2): 96–107.
  5. Smithers, R.H.N. (1983) The mammals of the southern African subregion. University of Pretoria
  6. Stuart, C.T., Wilson, V.J. (1988) The cats of southern Africa. Chipangali Wildlife Trust, Bulawayo.
  7. Pollard, Michael (2003). The encyclopedia of the cat. Barnes and Noble Books. p. 369. ISBN 978-0-7607-3459-9.
  8. Dorst, J. & Dandelot, P. 1973, p. 142.
  9. Haltenorth, T. & Diller, H. 1986, p. 228.
  10. Olbricht, G. & Sliwa, A. (1997): "In situ and ex situ observations and management of black-footed cats Felis nigripes". International Zoo Yearbook 35: 81–89.
  11. Sliwa, A. (1994): "Black-footed cat studies in South Africa". Cat News 20: 15–19.
  12. Sliwa, A. (2006): "Seasonal and sex-specific prey composition of black-footed cats Felis nigripes". Acta Theriologica 51 (2): 195–204.
  13. Leyhausen, P., Tonkin, B. (1966). Breeding the black-footed cat (Felis nigripes) in captivity. International Zoo Yearbook 6: 178–182
  14. Sunquist, M. & Sunquist, F. (2002): Wild cats of the World. Chicago: University of Chicago Press, pp. 76–82. ISBN 0-2267-7999-8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
  • Groves, Colin & Peter Grubb (2011): Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8.
  • Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-0021-9778-2.
  • Jackson, Peter & Adrienne Farrell Jackson (1996): Les félins, toutes les espèces du monde: París / Lausanne: Delachaux et Niestlé. La bibliothèque du naturaliste. ISBN 2-6030-1019-0.
  • Marion, Rémy; Catherine Marion, Géraldine Véron, Julie Delfour, Cécile Callou & Andy Jennings (2005): Larousse des Félins. París: Larousse. ISBN 2-0356-0453-2.
  • Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore e Londres: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
  • Wilson, Don E. & Reeder, Dee Ann M., eds. (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]