José Rodríguez Mourelo
José Rodríguez Mourelo | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1857 |
Lugo | |
Falecemento | 21 de novembro de 1932 |
Madrid | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | químico e político |
Pai | Antonio Rodríguez Pérez |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Rodríguez Mourelo, nado en Lugo o 24 de febreiro de 1857 (aínda que segundo otras fontes, naceu o 21 de novembro[1]) e finado en Madrid o 21 de novembro de 1932, foi un químico galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Antonio Rodríguez Pérez, alcalde de Lugo. Estudou nas Universidades de Santiago e Madrid, ampliou estudos en Xenebra e París. Foi profesor de Química no, chamado daquela, Instituto masculino de Lugo -hoxe IES Lucus Augusti- durante os cursos 1876-1878, e posteriormente profesor de Química Industrial e Orgánica na Escola Central de Artes e Industrias de Madrid, e conselleiro de Agricultura[2].
Formou parte do Comité Internacional para a publicación das Táboas Físico-Químicas e pertenceu a diversas corporacións científicas nacionais e estranxeiras, Colaborou en periódicos e revistas como Revista Europea, Revista de España, Revista contemporánea (1897-), La Ilustración española (1897-)... con artigos científicos.
Foi nomeado individuo de número da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales[2] en 1902, chegando a ser presidente da Sección de Física e Química[1]. Foi tamén membro de distintas sociedades como a Real Sociedade de Física e Historia Natural de Xenebra ou a Comisión Internacional das Táboas Físico-Químicas, ademais de conselleiro de instrución pública. Entre as súas obras publicadas destacaron os traballos sobre a radioactividade, a materia radiante e a radiofonía.
Casou coa escritora Fanny Garrido.
Obras[editar | editar a fonte]
- La civilización moderna, 1880.
- Concepto actual del Cosmos, 1880.
- Concepto de la energía, 1882.
- La radiofonía, 1883.
- Del método experimental en la Psicología, 1884.
- Historia, progresos y estado actual de las ciencias naturales en España, 1886.
- La noción del cuerpo simple en la Química moderna, 1887.
- Condición de los labradores en Galicia, 1890.
- Llave para la resolución de problemas en el laboratorio de Química de la Escuela general preparatoria de Ingenieros y Arquitectos, 1890.
- Los derivados del petroleo, 1891.
- Apuntes sobre algunos descubrimientos científicos realizados por españoles en América, 1892.
- Las disoluciones sólidas, artigo publicado na Revista da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de Madrid (Tomo IV). Impr. La Gaceta de Madrid, 1906
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Fernández García, Mª Isabel (2013). "A química en Lugo.Estudos académicos e lucenses eximmios na materia". Lucensia. XXIII (46): 25–40. ISSN 1130-6831.
- ↑ 2,0 2,1 Ossorio y Bernard, Manuel (1903). «Rodríguez Mourelo (José)». Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX. Imprenta y litografía de J. Palacios. p. 388.