Saltar ao contido

Faneca de Noruega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Faneca de Noruega
Trisopterus esmarkii
Sven Nilsson 1855 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Sinonimia
Referencia [1][2]
  • Boreogadus esmark (Nilsson, 1855)
  • Gadus esmarkii Nilsson, 1855
  • Trisopterus esmarki (Nilsson, 1855)
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
OrdeGadiformes
FamiliaGadidae
XéneroTrisopterus
EspecieTrisopterus esmarkii Editar o valor en Wikidata
Nilsson, 1855 Trisopterus esmarkii Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0fqpmhl Editar o valor en Wikidata
ITIS164756 Editar o valor en Wikidata
OTT926146 Editar o valor en Wikidata
UICN18125208 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A faneca de Noruega,[3]Trisopterus esmarkii, descrita en 1855 por Sven Nilsson como Gadus esmarkii, é un peixe osteíctio da orde dos gadiformes e familia dos gádidos, moi común na costa europea do océano Atlántico (é a máis abundantre das especies dos gádidos de pequeno tamaño),[4][5]

Encóntrase no mar de Barents, mar do Norte, Báltico occidental, fronte as costas de Noruega e o suroeste de Suecia, Islandia, as illas Británicas e noutros lugares do océano Atlántico nordeste (chega até o S de Groenlandia polo norte, e até as costas da Bretaña francesa polo sur.[4]

Características

[editar | editar a fonte]

Moi semellante ás outras especies do xénero Trisopterus (as fanecas), das que se distingue sobre todo polos seus grandes ollos, pola coloración, máis clara do lombo, pola gran mandíbula protráctil, pola súa pequena barbela no mento e polo tamaño, menor (aínda que pode alcanzar os 35 cm de lonxitude, a media dos exemplares capturados é de 19 cm, sendo raro ver algún que chegue aos 25).[4]

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Distribuída polas zonas do Atlántico nororiental citadas anteriormente, é un peixe peláxico que nada formando pequenos cardumes, con frecuencia cerca do fondo, a prufundidades de entre os 100 e os 200 m; porén, no Skagerrak e no leste do Kattegat pode encontrarse a profundidades menores de 40 m.[4]

Aliméntase sobre todo de pequenos crustáceos e peixiños. Adquire a madurez sexual aos 1 ou 2 anos de idade. A desova ten lugar no norte do mar do Norte, norte de Escocia, e as illas Órcadas, Shetland e Feroe. Parece que as diferentes poboacións autorreclúense para a reprodución. Alcanza unha lonxitude de 9 a 13 cm no primeiro ano e de 14 a 19 cm no segundo.[4]

Esta faneca ten unha grande importacia biolóxica indirecta, porque serve de alimento ao merlán (Merlangius merlangus), o eglefino (Melanogramnus aeglefinus), a faneca prateada (Pollachius virens) e outras especies de interese pesqueiro.[4]

Pesca e utilización

[editar | editar a fonte]

Péscase activamente, principalmente con artes de arrastre, sobre todo para a súa transformación en fariña de peixe para a elaboración de pesos (especialmente para a acuicultura e alimento das aves domésticas. Como consecuencia das considerábeis capturas accidentais de individuos inmaturos de especies importantes como o eglefino, o bacallau e o merlán nesta pescaría, estableceuse unha zona protexida no mar do Norte, onde se prohibiu a pesca industrial,[4]

Nos últimos anos as capturas da faneca e Noruega diminuíron drasticamenrte, pasando das 877.910 t en 1974 a tan só 39.223 t en 2008.[6]

  1. Catalogue of Life (en inglés)
  2. Trisopterus esmarkii (Nilsson, 1985) en BioLib.
  3. Lahuerta e Vázquez (2000), p. 92.
  4. 1 2 3 4 5 6 7 Muus, Bent. J. (1998), p. 129.
  5. Cohen, D. M., T. Inada, T. Iwamoto e N. Scialabba (1990): FAO species catalogue. Vol. 10. Gadiform fishes of the world (Order Gadiformes). An annotated and illustrated catalogue of cods, hakes, grenadiers and other gadiform fishes known to date. FAO: FAO Fish. Synop, volume10, nº 125, 442 pp.
  6. "Trisopterus esmarkii". Fisheries Global Information System. Food and Agriculture Organization of the United Nations. Consultado o 29 de xullo de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]