Familia (socioloxía)
Unha familia é unha unidade social formada por un conxunto de individuos vinculados por relacións de matrimonio, parentesco ou afinidade, que conviven e organizan colectivamente a vida cotiá ou parte dela.[1] Segundo a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, é o elemento natural, universal e fundamental da sociedade e ten dereito á protección da sociedade e do Estado.
Non hai consenso sobre unha definición universal da familia. É un concepto antropolóxico inferior ao clan, a tribo e a nación; sociolóxico e incluso económico (unidade mínima de empresa). A familia nuclear é o modelo principal de familia e a estrutura máis difundida na actualidade; porén, as formas de vida familiar son moi diversas, dependendo de factores sociais, culturais, económicos e afectivos. A familia, como calquera institución social, tende a adaptarse ao contexto dunha sociedade.[2]
O Día Internacional das Familias, celebrado o 15 de maio, foi instituído pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de setembro de 1993. Acordouse celebrar no ano 1994 o Ano Internacional da Familia e concretar no día 15 de maio de tódolos anos os actos conmemorativos, que se comezaron a convocar en todo o mundo a partir dese ano 1994 [3].
O obxectivo proposto é poñer de manifesto a importancia que a comunidade internacional debe conferir á familia como unidade básica da sociedade e motor do desenvolvemento económico e social, o que comporta tomar en consideración tódolos problemas que poidan afectar á situación das familias no mundo e promove-la adopción das medidas adecuadas para resolver eses problemas, incluíndo a necesidade de que os gobernos teñan en consideración as necesidades familiares á hora de establecer prioridades nas decisións políticas que adopten.
Características
[editar | editar a fonte]Segundo defende a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, "a familia é o elemento natural e fundamental da sociedade e ten dereito á protección da sociedade e do Estado". Na maioría dos países a familia goza de personalidade xurídica e crea entre os seus membros obrigas e dereitos de carácter social e material.
Os lazos principais que definen unha familia son de dous tipos: vencellos de afinidade, derivados do establecemento dunha relación sentimental recoñecida socialmente como o matrimonio ou unha unión de feito entre dúas ou máis persoas, e vencellos de consanguinidade, como a filiación entre pais e fillos ou os lazos de que se establecen entre os irmáns que descenden do mesmo pai ou da mesma nai. Tamén pódese diferenciar a familia segundo o grao de parentesco entre os seus membros.
Orixe
[editar | editar a fonte]Segundo expón Claude Lévi-Strauss, a familia ten a súa orixe no matrimonio, consta de marido, muller e fillos nacidos da súa unión e os seus membros mantéñense unidos por lazos legais, económicos e relixiosos. Dentro desta visión, historicamente unha das principais funcións da familia foi regular a procreación[4][5]. Para os meniños a familia adoita ser a referencia primeira na súa socialización e integración cultural[6]. Ademais a orde social establece unha rede de prohibicións e privilexios sexuais ligados á familia e unha cantidade variable e diversificada de lazos psicoafectivos como amor, afecto, respecto, temor etc.
En oposición a este enfoque, Radhika Coomaraswamy defenden que "non se debería definir a familia mediante unha construción formalista, nuclear, a de marido, muller e fillos. A familia é o lugar onde as persoas aprenden a coidar e a seren coidadas, a confiar e a que se confíe nelas, a nutrir a outras persoas e a nutrirse nelas".
Tipos de familias
[editar | editar a fonte]As familias poden estar clasificadas nos seguintes tipos:
- Familia nuclear: formada polos proxenitores e un ou máis fillos.
- Familia extensa: avós, tíos, curmáns e outros parentes consanguíneos ou afíns.
- Familia monoparental: en que o fillo ou fillos contan cun só proxenitor.
- Familia ensamblada, reconstituída o mixta: en que un ou ambos os membros da parella teñen un ou varios fillos de unións anteriores.
- Familia homoparental: aquela onde unha parella de homes ou de mulleres se converten en proxenitores.
- Familia de pais separados: en que o fillo ou fillos conviven cun só proxenitor, xa que os proxenitores se negan a vivir xuntos; non son parella mais deben seguir cumprindo o seu rol de pais ou nais antes a súa descendencia, por moi afastada que esta estea.
- Familia sen fillos por escolla: en que os membros da familia toman a decisión de non teren descendentes.
- Familia por convenio: Familia que se conforma por unha alianza de diñeiro ou por convenio.
Crítica
[editar | editar a fonte]Algúns científicos sociais defenderon a abolición da familia. Un opoñente inicial da familia era Sócrates, cunha posición que foi esbozada por Platón na República.[7] No Libro 5 desta obra Sócrates dille aos seus interlocutores que unha cidade xusta é aquela en que os cidadáns non teñen lazos familiares.[8][9]
Ao ser a familia unha institución moi arraigada e venerada, poucos intelectuais se aventuraron a falar contra ela. O familiarismo foi atipicamente definido como unha "estrutura social onde... os valores dunha familia se levan a cabo en máis alta estima que os valores dos membros individuais da familia."[10] O favoritismo ou preferencia que teñen funcionarios públicos para dar empregos a familiares ou amigos, sen importar o mérito para ocuparen o cargo, senón a súa lealdade ou alianza chámase nepotismo.[11]
A filósofa individualista ruso-estadounidense Ayn Rand comparou a parcialidade cara á consanguinidade co racismo, como unha manifestación de pequena escala deste último.[12] "A adoración da familia é simplemente racismo, como unha cruamente primitiva primeira base para a adoración da tribo. Coloca o accidente do nacemento por riba dos valores dunha persoa e o deber á tribo sobre o dereito dunha persoa á súa propia vida".[13] Ademais, manifestouse a favor dun childfree lifestyle ("estilo de vida sen fillos"), seguíndoo ela mesma.[12]
O xornalista estadounidense Marty Nemko considera que a familia está sobrevalorada. "Os políticos, clérigos, e só xente sinxela enxalzan a familia como a institución máis importante. / Creo que a familia está sobrevalorada. Moitas persoas sofren excesivamente dende a familia... / Millóns de persoas nin sequera falan cun membro da familia. Millóns máis gastan anos e fortunas en terapeutas, tratando de desfacer os males que a familia perpetrou neles. / Todo isto non debería sorprender. Despois de todo, a diferenza de cos amigos, somos postos na nosa familia de orixe de forma aleatoria, sen voz no asunto".[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dicionario de galego Arquivado 28 de outubro de 2008 en Wayback Machine. editorial Ir Indo.
- ↑ Valdivia Sánchez, Carmen (2008). "La familia: concepto, cambios y nuevos modelos" (PDF). La Revue du REDIF, vol. 1 pp. 15-22 (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de outubro de 2015. Consultado o 03 de xuño de 2018.
- ↑ "Día Internacional de las Familias. 15 de mayo" (en castelán). Consultado o 2022-11-22.
- ↑ Schneider, David (1984). A Critique of the Study of Kinship. Ann Arbor: University of Michigan Press, p. 182
- ↑ Deleuze-Guattari (1972). Part 2, ch. 3, p. 80
- ↑ John Russon (2003). Human Experience: Philosophy, Neurosis, and the Elements of Everyday Life, Albany: State University of New York Press, pp. 61-68.
- ↑ "Abolition of the Family for the Guardians and the Use of War (457b-471c)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de maio de 2018. Consultado o 03 de xuño de 2018.
- ↑ SparkNotes: The Republic: Book V
- ↑ LitCharts | The Republic: Book 5 Summary, Analysis & Themes
- ↑ "Your Dictionary (the Dictionary You Can Understand)". Dictionary definitions. familialism.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para nepotismo.
- ↑ 12,0 12,1 Heller, Anne C. (2009). Ayn Rand and the World She Made. Nova York: Doubleday. pp. 320–321. ISBN 978-0-385-51399-9. OCLC 2290274371. Afirmado nunha das conferencias que deu Ayn Rand.
- ↑ Afirmado nunha das conferencias públicas que deu Ayn Rand.
- ↑ Nemko, Marty. "Family is Overrated. 12 de setembro de 2008
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Familia |
A Galicitas posúe citas sobre: Familia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bel Bravo, María Antonia (2000). La familia en la historia. Encuentro. ISBN 9788474905700.
- Becker, Gary S. (2009). A Treatise on the Family. Harvard University Press. ISBN 9780674020665.
- Calò, Emanuele (2009). Matrimonio à la carte: Matrimoni, convivenze registrate e divorzi dopo l'intervento comunitario. Milán: Giuffrè.
- Carta de los derechos de la familia. Santa Sede. 1983.
- Declaración de Ámsterdam. V Congreso Mundial de Familias. 12 de agosto de 2009.
- Del Fresno García, Miguel (2011). Retos para la intervención social con las familias en el siglo XXI. Trotta. ISBN 978-84-9879-184-6.
- Del Fresno García, Miguel (2011). Familia y crisis del matrimonio en España. Poznań: Studia Europaea Gnesnensia. Instytut Kultury Europejskiej. Uniwersytet im Adama Mickiewicza. ISSN 1233-8672.
- Del Fresno García, Miguel (2013). Trabajo social con familias los estilos familiares como indicadores de riesgo. Una investigación etnográfica. Portularia. Revista de Trabajo Social. ISSN 1578-0236.
- Estrada, L. (2003). El ciclo vital de la familia. México: Grijalbo.
- Gough, K.; Lévi-Strauss, C.; Spiro, M. E. (1974). "Los nayar y la definición del matrimonio. El origen de la familia". Polémica sobre el origen y la universalidad de la familia. Barcelona: Anagrama.
- Instituto Juan Pablo II para la Familia (2002). Memorias del 3er Congreso Nacional de la Familia. México: Ediciones Castillo.
- Lucas, R. (1999). El hombre, espíritu encarnado. Ediciones Sígueme.
- Martín López, Enrique (2000). Familia y sociedad. Ediciones Rialp. ISBN 9788432132797. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2013. Consultado o 03 de xuño de 2018.
- Organización Mundial de la Familia (1988). Vuelve la Familia. Congreso Internacional de la Familia. Encuentro. ISBN 9788474902105.
- Papalia, D. (2004). Desarrollo humano. México: Mc Graw Hill.
- Ramírez, Aline. Tesis: La comunicación interpersonal como un elemento de funcionalidad en el noviazgo. México: Instituto Superior de Estudios para la Familia.
- Sgreccia, E. (1996). Manual de bioética. México: Diana.
- Vázquez de Prada, Mercedes (2008). Historia de la familia contemporánea. Rialp. ISBN 9788432137075.
- Wojtyla, K. (1969). Amor y responsabilidad. Madrid: Razón y Fe.