Evangelina Jaso González
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1909 ![]() Vigo, España ![]() |
Morte | 24 de abril de 1937 ![]() Tui, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
Familia | |
Pai | Enrique Jaso Paz ![]() |
Irmáns | Enrique Jaso González ![]() |
![]() |
Evangelina Jaso González, nada en Vigo en 1909 e finada en Tui o 24 de abril de 1937, foi unha republicana galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Filla de Enrique Jaso Paz. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o seu marido, José Alonso Martínez foi detido e executado así como o seu pai e o seu irmán Enrique Jaso González. Na Semana Santa de 1937 Evangelina ocultou na súa casa de Tui tres veciños do Porriño: os irmáns Eduardo e Rogelio Fernández Miniño e o sobriño de Eduardo, Herminio Saavedra. Sospeitando dela, un día ao mencer os falanxistas rodearon a casa e os agochados intentaron fuxir. Eduardo e Rogelio conseguírono, mentres Herminio torceu un pé ao caer e foi detido xunto con Evangelina. Foron xulgados e condenados a pena de morte. Foi executada na Alameda de Tui con Herminio Saavedra o 24 de abril de 1937. Eduardo e Rogelio foron asasinados meses despois.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. p. 221. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Paz Antón, Xosé Ramón (2007). O Porriño 1936. Vigo: A Nosa Terra. pp. 168–169. ISBN 978-84-8341-157-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Marga do Val (20/9/2009). "Fulgor e morte de Evangelina Jaso". Tudensia.