Enrique Jaso Paz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1879 Laguardia, España |
Morte | 27 de agosto de 1936 (56/57 anos) Tui, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Fillos | Evangelina Jaso González, Enrique Jaso González |
Enrique Jaso Paz, nado en Laguardia en 1879 e finado en Tui o 27 de agosto de 1936, foi un agrarista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado na Rioxa arabesa nunha familia de ascendencia viguesa. Chegou a Tui cara 1902 para traballar como oficial da secretaría do Concello. De ideoloxía socialista, foi secretario da Federación Obrera de Tui nos anos dez e presidente da Federación Agraria de Tui e director de Vida Agraria. Foi detido en novembro de 1922 pola folga de abastecementos convocada pola organización agraria pontevedresa. Coa ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro en xaneiro de 1924, pero abandonou a corporación en abril, para encabezar a oposición dun sector do agrarismo. Creou en 1926 o Centro Republicano de Tui, e na II República foi un dos fundadores da agrupación de Izquierda Republicana da localidade. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, xulgado por traizón e condenado a pena de morte. Foi executado en Tui, na explanada do Instituto de Segundo Ensino o 27 de agosto de 1936. Os seus fillos Enrique e Evangelina Jaso González tamén foron executados.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alonso Fernández, Bieito (1996). "Enrique Jaso, lembranza dun líder agrario". Os Mártires do 36 (A Nosa Terra): 19–22.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Evangelina Jaso González (filla)
- Enrique Jaso González (fillo)