Saltar ao contido

EuroChallenge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «FIBA Europe League»)
Modelo:Competición deportivaEuroChallenge
Tipocompetição de basquetebol (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFIBA Europa Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorCyprus Basketball Division 1 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia2003 – 2015 Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaoutubroEditar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialfibaeurope.com… Editar o valor en Wikidata

O EuroChallenge (chamada FIBA Europe League entre 2003 e 2005, e FIBA EuroCup entre 2005 e 2008) foi unha competición de baloncesto organizada pola FIBA Europa, sendo a máxima competición masculina que organiza. Nesta competición xogaban os mellores equipos de Europa que non se clasificaron para a Euroliga ou a Copa ULEB, isto é as competicións da Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB). Non debe confundirse coa FIBA EuroCup Challenge, a extinta segunda competición organizada pola FIBA Europa disputada entre o 2002 e o 2007. No ano 2015, a FIBA disolveu a competición para empezar unha nova, a FIBA Europe Cup, co obxectivo de competir coa Eurocup.

Co propósito de dar continuidade á histórica Copa de Europa, disputada por última vez co nome de Suproliga na tempada 2000-01, o torneo naceu na tempada 2003-04 coa denominación de Liga Europea da FIBA.

Ao consolidarse a Euroliga como máxima competición continental, en novembro de 2004 a FIBA chegou a un acordo coa organización que representa aos equipos escindidos na tempada 2000-01 para recoñecela como sucesora da Copa de Europa e, á súa vez, renomear á súa Liga Europea como Eurocopa de cara á seguinte tempada, converténdose así na terceira competición en importancia no ámbito dos clubs europeos.

O trofeo que se lle entrega ao equipo campión é o mesmo que se empregaba para tal efecto durante a etapa da Copa de Europa. O Maccabi Tel Aviv gravou o seu nome na placa situada na base que acompaña ao trofeo ao gañar a Suproliga no 2001.

Sistema de Competición

[editar | editar a fonte]

A competición organizábase do seguinte xeito:

  • Unha primeira fase, na que participan 32 equipos, que se distribúen en oito grupos de catro cada un. Xógase a xeito de liguiña, de tal xeito que tódolos participantes encadrados nun mesmo grupo se enfrontan entre si en dúas ocasións (ida e volta). Os dous primeiros clasificados de cada un avanzan á seguinte fase.
  • Unha segunda fase de 16 equipos, distribuídos en catro grupos de catro equipos. O sistema de competición é o mesmo da fase anterior e tamén se clasifican os dous primeiros.
  • Un play off de cuartos de final ao mellor de tres partidos.
  • Unha Final Four ou final a catro. Dispútanse dúas semifinais a partido único, cuxos vencedores se encontran na final. O vencedor deste último partido álzase co título de campión da competición.

Final Fours

[editar | editar a fonte]
Ano Final Semifinalistas
Campión Marcador Subcampión Terceiro posto Marcador Cuarto posto
2003–04
UNICS
87–63
Maroussi

Hapoel Tel Aviv
112–104
Ural Great Perm
2004–05
Dinamo San Petersburgo
85–74
Kyiv

Khimki
86–79
Fenerbahçe
2005–06
Joventut Badalona
88–63
Khimki

Kyiv
83–81
Dinamo San Petersburgo
2006–07
Girona
79–72
Azovmash

Virtus Bologna
82–60
Estudiantes
2007–08
Barons LMT
63–62
Mons-Hainaut

AEL
79–70
Tartu Ülikool
2008–09
Virtus Bologna
77–75
Cholet

Triumph Lyubertsy
94–82
AEL
2009–10
Göttingen
83–75
Krasnye Krylia

Chorale Roanne
86–80
Victoria Libertas
2010–11
Krka
83–77
Lokomotiv Kuban

Oostende
94–92
Spartak San Petersburgo
2011–12
Beşiktaş
91–86
Élan Chalon

Triumph Lyubertsy
94–87
Szolnoki Olaj
2012–13
Krasnye Krylia
77–76
Karşıyaka

Oldenburg
84–76
Gravelines
2013–14
Reggio Emilia
79–65
Triumph Lyubertsy

Gaziantep
87–75 (OT)
Szolnoki Olaj
2014–15
Nanterre
64–63
Trabzonspor

Energia Târgu Jiu
83–80
Skyliners Frankfurt

Final Four MVP

[editar | editar a fonte]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Equipo Título Ano
UNICS Kazan 1 2003-04
Dynamo San Petersburgo 1 2004-05
España DKV Joventut 1 2005-06
España Akasvayu Girona 1 2006-07
Barons LMT Riga 1 2007-08
Italia Virtus Bologna 1 2008-09
Alemaña BG Göttingen 1 2009-10
Eslovenia KK Krka 1 2010-11
Beşiktaş 1 2011-12
Krasnye Krylia Samara 1 2012-13
Italia Reggio Emilia 1 2013-14
Francia Nanterre 1 2014-15

Adestradores

[editar | editar a fonte]
Adestrador Títulos Anos
Stanislav Eremin 1 2003-04
David Blatt 1 2004-05
España Aíto García Reneses 1 2005-06
Svetislav Pešić 1 2006-07
Karlis Muiznieks 1 2007-08
Italia Matteo Boniciolli 1 2008-09
John Patrick 1 2009-10
Aleksandar Džikić 1 2010-11
Ergin Ataman 1 2011-12
Sergei Bazarevich 1 2012-13
Italia Massimiliano Menetti 1 2013-14
Francia Pascal Donnadieu 1 2014-15

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns

[editar | editar a fonte]