BC Oostende
Filou Oostende | |
![]() | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Basketbal Club Oostende |
Liga | BNXT League |
Alcume | BCO |
Fundación | 25 de maio de 1970 |
Cores | Amarelo, negro |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | COREtec Dôme |
Capacidade | 5 000 |
Inauguración | 2006 |
Campionatos | |
Liga | 23 (1981, 1982, 1983, 1984, 1985, 1986, 1988, 1995, 2001, 2002, 2006, 2007, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2020, 2021, 2022) |
Copa | 19 (1979, 1981, 1982, 1983, 1985, 1989, 1991, 1997, 1998, 2001, 2008, 2010, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018) |
Supercopa | 11 (1981, 1982, 1988, 1989, 1999, 2000, 2006, 2014, 2015, 2017, 2018, 2021) |
bcoostende.be |
O Basketbal Club Oostende, tamén coñecido por motivos de patrocinio como Filou Oostende, é un club profesional de baloncesto belga con sede na cidade de Oostende (Flandres Occidental). Actualmente xoga na BNXT League, a máxima categoría do baloncesto de Bélxica e os Países Baixos. O Oostende é o equipo máis laureado do baloncesto belga con 23 títulos de Liga e 19 de Copa. Fundado o 25 de maio de 1970, disputa os seus partidos como local no COREtec Dôme, pavillón con capacidade para 5 000 espectadores.
Historia[editar | editar a fonte]
O club foi fundado como Sunair Oostende o 25 de maio de 1970, sendo as cores escollidas para o equipo o azul e o amarelo. O BCO, un dos alcumes do club, comezou a xogar na Segunda División de Bélxica, mais xa na súa primeira temporada, despois de levarse o título, ascendeu á máxima categoría. A súa estadía na elite, con todo, dura pouco e descenden no primeiro ano. Porén, o equipo foi capaz de recuperarse, ascendeu unha vez máis e desde aquela nunca volveron perder a categoría. Na temporada 1974−75 o club fixo a súa primeira aparición en Europa, xogando 10 partidos na Copa Korać. Pouco despois, en 1979, conseguen o seu primeiro título, a Copa de Baloncesto de Bélxica con Ron Adams como adestrador. En 1981 gañan o seu primeiro título de liga, esta vez con Roger Dutremble como adestrador. De feito, conseguen outros cinco títulos máis de forma consecutiva até 1986. Tras un ano no que non conseguen gañar o campionato, en 1988 repiten e gañan ademais a primeira e única Copa do Benelux. En 1995 conseguen de novo o título de liga.
Antes do comezo da temporada 1999−00 o club mude por vez primeira o seu nome, converténdose no Telindus Oostende, novo patrocinador principal. Despois de que o club gañase algúns trofeos máis para pór na súa vitrina, no ano 2005 o club consegue trasladarse a un novo pavillón, o Sea'Arena (actual Sleuyter Arena), recinto con capacidade para 5.000 espectadores. Na temporada 2010−11 o equipo volve mudar o seu nome, esta vez a Telenet Oostende. N segunda compaña con este novo, o equipo muda de adestrador, despedindo a Jean-Marc Jaumin a asinando ao croata Dario Gjergja. Coa chegada do novo técnico o equipo consegue gañar de forma consecutiva os títulos de 2013, 2014, 2015, 2016, 2017 e 2018. Neste perído cómpre destacar a retirada do dorsal número 10 de Veselin Petrović, que permanecera no club desde 2005 até a súa retirada en 2014.
Nomes[editar | editar a fonte]
Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:
- Sunair Oostende (1970–1999)
- Orange Oostende (1999–2000)
- Telindus Oostende (2000–2008)
- Base Oostende (2008–2010)
- Telenet Oostende (2010–2017)
- Filou Oostende (2018–presente)
Ano a ano[editar | editar a fonte]
Ano | Nivel | Liga | Pos. | Copa | Competicións europeas | |
---|---|---|---|---|---|---|
2000–01 | 1 | PBL | 1º | Campión | 1 Suproliga | OF |
2001–02 | 1 | PBL | 1º | 1 Euroliga | LR | |
2002–03 | 1 | PBL | 3º | 2 Copa ULEB | LR | |
2003–04 | 1 | PBL | 4º | Subcampión | 3 Europe League | OF |
2004–05 | 1 | PBL | 4º | 2 Copa ULEB | LR | |
2005–06 | 1 | PBL | 1º | |||
2006–07 | 1 | PBL | 1º | 2 Copa ULEB | LR | |
2007–08 | 1 | PBL | 5º | Campión | 2 Copa ULEB | LR |
2008–09 | 1 | PBL | 7º | 3 EuroChallenge | LR | |
2009–10 | 1 | PBL | 3º | Campión | ||
2010–11 | 1 | PBL | 4º | Subcampión | 3 EuroChallenge | 3º |
2011–12 | 1 | PBL | 1º | 2 Eurocup | LR | |
2012–13 | 1 | PBL | 1º | Campión | 2 Eurocup | LR |
2013–14 | 1 | PBL | 1º | Campión | 2 Eurocup | L32 |
2014–15 | 1 | PBL | 1º | Campión | 2 Eurocup | L32 |
2015–16 | 1 | PBL | 1º | Campión | 3 FIBA Europe Cup | R16 |
2016–17 | 1 | PBL | 1º | Campión | 3 Champions League | LR |
4 FIBA Europe Cup | SF | |||||
2017–18 | 1 | PBL | 1º | Campión | 3 Champions League | LR |
4 FIBA Europe Cup | R16 | |||||
2018–19 | 1 | PBL | 1º | Subcampión | 3 Champions League | LR |
4 Europe Cup | CF | |||||
2019–20 | 1 | PBL | 1º | Semifinais | 3 Champions League | R16 |
2020–21 | 1 | PBL | 1º | Campión | 3 Champions League | LR |
2021–22 | 1 | BNXT | 3º | Subcampión | 3 Champions League | R16 |
Títulos[editar | editar a fonte]
- Campión (23): 1981, 1982, 1983, 1984, 1985, 1986, 1988, 1995, 2001, 2002, 2006, 2007, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2020, 2021, 2022
Copa de Bélxica
- Campión (19): 1979, 1981, 1982, 1983, 1985, 1989, 1991, 1997, 1998, 2001, 2008, 2010, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2021
Supercopa de Bélxica
- Campión (11): 1981, 1982, 1988, 1989, 1999, 2000, 2006, 2014, 2015, 2017, 2018, 2021
Xogadores[editar | editar a fonte]
Destacados[editar | editar a fonte]
Paul Bayer
Ronny Bayer
Jean-Marc Jaumin
Thomas de Thaey
Doum Lauwers
Matt Lojeski
Rik Samaey
Tomas Van Den Spiegel
Sam Van Rossom
Denis Wucherer
Elvir Ovčina
Mirza Teletović
Teo Čizmić
Damjan Rudež
Toby Bailey
Jimmy Baxter
Ralph Biggs
Mark Brown
Dwight Buycks
Ed Cota
Tony Farmer
Nick Fazekas
Jason Gardner
Eddie Gill
Jon Heath
Henry James
Tre Kelley
Barry Mitchell
Carl Nicks
Lavor Postell
Ed Rains
Jason Rich
Quinton Ross
Sean Singletary
Kennedy Winston
Bracey Wright
Rashad Wright
Vincent Yarbrough
Gert Kullamäe
Andrius Giedraitis
Rimantas Kaukėnas
Marijonas Petravičius
Virginijus Praškevičius
Jon Robert Holden
Dušan Kecman
Ivan Paunić
Veselin Petrović