Antonio Docampo
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Antonio Docampo | |
---|---|
Nacemento | 28 de agosto de 1929 |
Falecemento | 26 de xaneiro de 2017 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | director de cinema |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Antonio Docampo García, nado en 1929 e finado na Coruña o 26 de xaneiro de 2017[1], foi un cineasta galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi o cámara de El andamio dirixida por Rogelio Amigo, unha historia sobre o ambiente obreiro galego na posguerra, premiada no Festival de San Sebastián en 1958. Tamén é autor de He matado a un hombre (1965), Mano Izquierda, La Gaita Gallega, Así es Galicia, El Gas, Botadura del 'Butrón' (1973) e Lalín, capital do Deza (1987).
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Recibiu a medalla da Academia Galega de Belas Artes en 1999.