Saltar ao contido

Ewa Kłobukowska

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEwa Kłobukowska

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de outubro de 1946 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Varsovia, Polonia Editar o valor en Wikidata
Altura170 cm Editar o valor en Wikidata
Peso60 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónvelocista, atleta Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
1964Xogos Olímpicos de 1964 Editar o valor en Wikidata
Premios

IAAF: 14430637 Olympic.org: ewa-klobukowska Editar o valor en Wikidata

Ewa Janina Kłobukowska, nada en Varsovia o 1 de outubro de 1946, é unha economista e ex atleta polaca, especializada na proba de 4×100 m, na que chegou a ser campioa olímpica en 1964.[1]

Todos os seus títulos e récords foron anulados pola Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF) en 1967, cando foi sometida a unha proba de xénero en que se decidiu que debía ser considerada xeneticamente como un varón. Posteriormente se descubriu que os procedimentos da proba eran inadecuados.[2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Kłobukowska nacu nunha familia de intelectuais. En 1965 graduouse na Escola Técnica de Economía e en 1972 da Escola de Economía de Varsovia.[3]

Éxitos deportivos

[editar | editar a fonte]

Competiu nos Xogos Olímpicos de Tokio, nos que obtivo unha medalla de ouro e un récord olímpico no relevo de 4×100 m cun tempo de 43,6 segundos. O equipo polaco, formado tamén por Irena Kirszenstein, Halina Górecka e Teresa Cieply, chegou á meta por diante dos Estados Unidos e do Reino Unido. Tamén obtivo unha medalla de bronce pola proba de velocidade dos 100 m.[4]

No Campionato Europeo de Atletismo de 1966 gañou dúas medallas de ouro e unha de prata.

Kłobukowska estableceu tres récords mundiais, un nos 100 m (11,1 s) o 9 de xullo de 1965 en Praga e dous no relevo de 4×100 m (44,2 s e 43,6 s) o 13 de setembro de 1964 en Lodz e o 21 de outubro de 1964 en Tokio.

Anulación por proba de xénero

[editar | editar a fonte]

Durante o Campionato Europeo de Atletismo de 1967, celebrado en Kíiv, Kłobukowska non pasou unha proba de xénero tradicional para a competeción feminina. De acordo á IAAF, tiña un mosaico xenético de XX/XXY. Por esa razón foille prohibido competir en competicións deportivas profesionais femininas.[5]

Ademais de prohibirlle competir, a IAAF borrou os tres récords mundiais establecidos por Kłobukowska, incluídos os dous récords do equipo no relevo de 4×100 m. [3][6]

Posteriormente modificáronse as análises médicas, e se competise nos Xogos Olímpicos de 1968 en México pasaría a proba, xa que se demostrou que, a pesar do seu mosaico xenético era positiva a análise de corpos de Barr, é dicir, Kłobukowska é xenotipicamente unha muller. Neses xogos olímpicos, as atletas suspendidas para as probas femininas foron exclusivamente as que non presentaban corpúsculo de Barr. De feito, Kłobukowska deu a luz o seu primeiro fillo en 1968.[7]

A humillación pública á que fora sometida Kłobukowska, sumada ao posterior recoñecemento do erro en que incorrera a IAAF, levaron a un cambio nas políticas de verificación de xénero por parte do Comité Olímpico Internacional, que dende entón mantivo os resultados das probas en segredo.[8]

  1. "Ewa Kłobukowska" (en inglés). Comité Olímpico Internacional (IOC). Consultado o 11 de decembro de 2017. 
  2. Ritchie, R.; Reynard, J.; Lewis, T. (2008). "Intersex ande the Olympic Games". JRSM (en inglés) 101 (8): 395. doi:10.1258/jrsm.2008.080086. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Kłobukowska Ewa". Polish Olympic Committee (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2019. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  4. "Ewa Kłobukowska". Sports Reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2015. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  5. Ferguson-Smith, M.A.; Ferris, E.A. (1991). "Gender verification in sport: The neede for change?". British Journal of Sports Medicine (en inglés) 25 (1): 17–20. PMC 1478807. PMID 1817477. doi:10.1136/bjsm.25.1.17. 
  6. "Athletics at the 1964 Tokyo Summer Games: Women's 4 × 100 metres Relay". Sports Reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2015. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  7. Adams, Guy (1 de agosto de 2012). "Tarnishede gold: Some of the 'great' Olympics cheats". The Independent (en inglés). 
  8. Schultz, Jaime; Wagg, Stephen (2012). "Disciplining Sex: 'Gender Verification' Policies ande Women's Sports". En Jefferson Lenskyj, Helen. The Palgrave Handbook of Olympic Studies (en inglés). Palgrave Macmillan. pp. 443–60. ISBN 9780230367463. Consultado o 2 de marzo de 2015.