Europa Universalis IV

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Europa Universalis IV
Desenvolvedor(es)Paradox Development Studio
Distribuidora(s)Paradox Interactive
Director(es)Johan Andersson
MotorClausewitz Engine 2.5
Versión1.11.4
Lanzamento13 de agosto de 2013
XéneroEstratexia en tempo real
Modos de xogoUn xogador / Multixogador
Clasificación PEGI PEGI 12 (2009-2010).svg
ESRB ESRB 2013 Teen.svg
Plataforma(s)Windows, Mac OS X, Linux
ControisRato e teclado
SerieEuropa Universalis
editar datos en Wikidata ]

Europa Universalis IV é un xogo de estratexia desenvolvido por Paradox Development Studio[1][2] e publicado por Paradox Interactive.[3] Foi anunciado en agosto de 2012 e púxose á venda o 13 de agosto de 2013.[4]

O xogo mantén o mesmo estilo de xogo que as entregas anteriores, e a campaña principal comeza o 11 de novembro de 1444 e finaliza o 2 de xaneiro de 1821.[5]

Características[editar | editar a fonte]

O xogo está ambientado principalmente na era dos descubrimentos e a colonización do novo mundo. Comeza no contexto histórico do final da Guerra dos Cen Anos e a caída do Imperio Bizantino e continúa a través das revolucións americana e francesa, e conclúe tras as Guerras Napoleónicas. Con todo, durante o desenvolvemento do xogo, as decisións do xogador alterarán radicalmente o curso da historia, polo que cara ao final do xogo gran parte do mundo diferirá, en gran medida, da realidade. Centos de nacións deste período están dispoñibles, desde as superpotencias como España, Francia ou Inglaterra até as potencias rexionais como Persia e Baviera e outros grupos como os nativos americanos e as civilizacións orientais.

O mapa de xogo comprende o mundo enteiro (exceptuando as rexións polares), e os xogadores son libres para explorar e expandirse por practicamente todo o territorio explorado historicamente durante os anos nos que se desenvolve o xogo. Hai distintos escenarios históricos entre os cales o xogador pode elixir comezar a partida, como o descubrimento de América en 1492, a Guerra do Trinta Anos ou a Guerra de Sucesión Española entre outros.

 Expansións e contido para descargar[editar | editar a fonte]

Conquest of Paradise[editar | editar a fonte]

O 4 de novembro de 2013, Paradox anunciou a expansión Conquest of Paradise prevista para xaneiro de 2014.[6] Unha expansión de contidos que dará a oportunidade ao xogador de explorar o Novo Mundo, á vez que nos permitirá encarnar a algunha das nacións nativas de América, coas súas propias mecánicas de xogo federais, ideas nacionais, construcións e eventos. 

Do mesmo xeito, desde Europa poderemos enviar os nosos barcos para colonizar estas novas terras, que poderemos converter en colonias da nosa nación, a risco de sufrir tamén guerras e revoltas. Doutra banda, desde Paradox Interactive aseguran que esta expansión outorgará unha maior importancia a a exploración do territorio, co fin de transmitir o mesmo espírito aventureiro que acompañou aos colonos que chegaron ao Novo Mundo. Ademais, convén ter en conta que as nacións nativas de América desenvolverán a súa vida de forma realista, podendo invadir outros territorios si así o creen oportuno, aliarse con outras nacións, etc. 

Wealth of Nations[editar | editar a fonte]

A segunda expansión para Europa Universalis IV, engade melloras significativas ao comercio e ás repúblicas mercantes, ademais dun parche grande que fai correccións ao balance do xogo.[7][8]

Res Publica[editar | editar a fonte]

Res Republica é a terceira expansión do xogo. Engade novas melloras ao goberno e ao comercio, ademais de mellorar por completo algúns eventos. Foi lanzada o 16 de xullo de 2014.[9]

Art of War[editar | editar a fonte]

Art of War é a cuarta expansión de Europa Universalis IV, trae novas melloras no apartado das frotas, habilitar a xogabilidade das revolucións e influír e cambiar as formas de goberno doutros países, a relixión católica (posibilidade de usar a influencia papal para conseguir prestixio, estabilidade...etc), unha profunda reforma no continente americano con novas provincias engadidas, ademais de nacións. Moitos países obterán ideas propias. O lanzamento da expansión é o 30 de outubro de 2014.[10]

El Dorado[editar | editar a fonte]

El Dorado é a quinta expansión de Europa Universalis IV, incluíndo mellorar no sistema de nacións de América Central e América do Sur, así como nas súas relixións. Tamén engade un novo e interesante sistema: O editor de Nacións, co cal se poden crear desde cero novas nacións, modificando todas as súas características, como a súa bandeira, o seu territorio, a súa forma de goberno ou as súas ideas. Foi lanzada o 26 de xaneiro de 2015.

The cossacks[editar | editar a fonte]

The cossacks é a sexta expansión de Europa Universalis IV, nesta inclúense melloras na diplomacia, espionaxe e cambios culturais, políticas de acción cos nativos e un novo sistema de arrasamento de provincias e puntos de unión de horda (nas nacións nómades). Agora o tengrismo é unha relixión sincrética, e pode coexistir con outra.

Implantouse un novo sistema interno de clases sociais (burgueses, clero, nobres, dhimmis, tribos e cosacos) cos cales se debe interactuar e controlar a súa lealdade e influencia. Esta lanzouse o 1 de decembro de 2015.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Paradox Development Studio". Consultado o 16 de agosto de 2012. 
  2. "Official Press Release". Consultado o 16 de agosto de 2012. 
  3. Haas, Pete (10 de agosto de 2012). "Grand Strategy Game Europa Universalis 4 Coming In 2013". Consultado o 10 de agosto de 2012. 
  4. "Europa Universalis IV - Paradox Store". 
  5. "Europa Universalis IV: The Original Grand Strategy Game". GameSpot. 16 de agosto de 2012. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2012. Consultado o 29 de agosto de 2012. 
  6. Paradox Arquivado 13 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)Plantilla:Lien Web
  7. "Europa Universalis 4's Wealth of Nations expansion detailed by Paradox". Consultado o 19 de febreiro de 2014. 
  8. "Paradox announces Europa Universalis IV: Wealth of Nations". Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2014. Consultado o 2 de febreiro de 2014. 
  9. "Europa Universalis 4 targets trade and governance in Res Publica mini-expansion". Consultado o 17 de xuño de 2014. 
  10. "Europa Universalis 4 Art of War". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2014. Consultado o 27 de outubro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]