Saltar ao contido

Eucalyptus obliqua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eucalyptus obliqua,  é unha especie de eucalipto madeireiro nativo do sueste de Australia.[1] Atópase ocasionalmente naturalizado en Galiza.

En inglés coñécese comunmente coma carballo australiano ("Australian oak"), copa parda ("brown top"), casca fibrosa de copa parda ("brown top stringbark") ou e carballo de Tasmania ("Tasmanian oak").

Toros
No seu hábitat

Descrición

[editar | editar a fonte]

É unha árbore que acada os 90 metros de alto, cun toro de até tres metros de grosor Ten un lignotúber, así que as árbores queimadas ou talladas ás veces recupéranse no hábito mallee. Ten unha casca grosa, rugosa, fibrosa, e follas verde con brillo de até 22 centímetros de longo, e 1½ de 7 centímetros de largo. As inflorescencias consisten de sete a 15 flores brancas. Os froitos teñen forma de bocoi miúdo.[2]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

E. obliqua esténdese polas áreas máis frescas do sueste de Australia. Distribúese desde a Illa Kangaroo, a través de Australia Meridional, en toda Victoria e Tasmania, principalmente ao leste das mesetas en Nova Gales do Sur, cunhas poucas poboacións estendéndose ao sur de Queensland. Polo tanto o rango total de latitude é 28–43½°S. Desenvólvese desde o nivel do mar até elevacións de 1200 msnm nas Mesetas do Norte de Nova Gales do Sur. O clima é húmido ou subhúmido, con temperaturas variando desde frescas até mornas, e unhas precipitacións anuais indo desde os 500 a 2400 mm . Severas xeadas invernais son comúns, e a intensa seca non é común.[3]

Desenvólvese nunha gran variedade de solos en áreas montañosas e outeiros. En áreas frescas montañosas forma bosques abertos altos con outras especies de eucalipto tales como E. fastigata ("brown barrel"), E. nitens ("shining gum"),  E. cypellocarpa (eucalipto gris de montaña, "mountain grey gum"), E. viminalis eucalipto do maná ("manna gum") e  E. delegatensis (freixo alpino, "alpine ash").

É unha das madeiras duras máis importantes de Australia, E. obliqua acostúmase vender con E. regnans (mountain ash) como "freixo de Victoria" (Vic ash) ou "carballo de Tasmania" (Tasmanian oak). É lixeiramente máis denso que E. regnans – os estimados de densidade varían de 720 kg/m³ to 830 kg/m³ - e é máis dura tamén. O sámago é cor café pálida, a cerna é cor café. Ten unha textura moi homoxénea, con gran recto ás veces entrelazados, e aneis ben definidos. As veas no eucalipto son comúns.[4]

A madeira ten moderada dureza e forza, mais pouca duración. É fácil de cortar, trabállaselle comodamente, é aglomerada e marcada; é conveniente para se dobrar ao vapor. É na súa maior parte usada para produción de polpa e para construción e manufactura, especialmente en construción de casas, ebanistaría, chans, e moblaxe.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Eobliqua ten a distinción taxonómica de ser a primeira especie de Eucalyptus descuberta e publicada. Foi por vez primeira colleitada durante a terceira expedición de James Cook; o botanista David Nelson recadou un espécime de Bruny Island, unha illa a cal é parte de Tasmania. Este espécime foi enviado ao Museo Británico en Londres, onde foi examinado polo botánico francés Charles Louis L'Héritier de Brutelle. L'Héritier usouno como especie tipo para o novo xénero, o cal o publicou en 1788. Nomeou o xénero Eucalyptus do grego eu ("bo, ben") e calyptos ("cuberto") en referencia á cuberta do gomo da flor. Deulle á especie o nome obliqua do latín obliquus ("oblicuo"), en referencia ás bases das follas de desigual lonxitude.[5] Polo tanto o nome completo da especie é Eucalyptus obliqua L'Hér.[6] e foi publicado en Sertum Anglicum 18. 1788[1789].[7]

Eucalyptus: nome xenérico que provén do grego antigo: = "ben, xustamente" e kalyptós = "cuberto, que recobre". En Eucalyptus L'Hér., os pétalos, soldados entre si e ás veces tamén con sépalos, forman parte do opérculo, perfectamente axustado ao hipanto, que se desprende á hora da floración.[8]

obliqua: epíteto latíno que significa "oblicuo".[9]

Estas especies ten moitos sinónimos:

  • Eucalyptus nervosa Miq. nom. illeg.
  • Eucalyptus fabrorum Schltdl.
  • Eucalyptus falcifolia Miq.
  • Eucalyptus pallens DC.
  • Eucalyptus heterophylla Miq.
  • Eucalyptus procera Dehnh.
  • Eucalyptus obliqua var. degressa Blakely
  • Eucalyptus obliqua var. megacarpa Blakely
  • Eucalyptus obliqua L'Hér. var. obliqua
  • Eucalyptus decaisneana Blume, Mus. Bot. 1: 83 (1850).[10]
  1. "Australian Plant Common Name Database". Australian National Botanic Gardens. 
  2. "Factsheet - Eucalyptus obliqua". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 04 de xullo de 2017. 
  3. Boland, D. J.; et al. Forest Trees of Australia (4th Edition ed.). ISBN 0-643-05423-5. 
  4. Bootle, Keith R. Wood in Australia : types, properties and uses. McGraw-Hill. ISBN 0074510479. 
  5. "The History of Eucalyptus". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2010. Consultado o 04 de xullo de 2017. 
  6. Eucalyptus obliqua L.Hér.". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 04 de xullo de 2017. 
  7. "Eucalyptus obliqua". 
  8. En Flora Vascular
  9. En Epítetos Botánicos
  10. "Eucalyptus obliqua". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]