Sámago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anatomía dun toro:
1. arro ou miolo
2. Cerna
3. Sámago
4. Cámbium
5. Floema
6. Casca.
Toro de teixo (Taxus baccata), no que se pode ollar moi ben 27 aneis de crecemento, a cerna (a madeira escura) e mais o sámago (a madeira alba).

O sámago é a parte máis branda e clara do toro dunha árbore, comprendida entre a casca e a cerna. É a madeira máis nova e de peor calidade e branda, sendo a mellor a da cerna.

Tamén recibe en galego os nomes de ámago , magolo e moguelo.[1]

O sámago corresponde cos últimos aneis de crecemento da árbore, producidos polo cámbium vascular no talo dunha planta, que corresponde ao único xilema funcional. O sómago adoita ser dunha cor máis clara.

Anatomía[editar | editar a fonte]

É a parte da torada da árbore, que se atopa a rentes por baixo da casca, que inclúe os aneis de crecemento máis novos. É máis alba, menos mesta, máis permeábel e contén máis humidade que a cerna. Malia que unha ampla maioría das súas células finaran, contén células que fican fisioloxicamente activas (células do parénquima). Contribúe ás funciones de sustentáculo estrutural, condución ascensional do zume e de almacenaxe de materiais de reserva. A morte do parénquima provoca a transformación do sómago a cerna, fisioloxicamente muorto, no centro do tronco.

Toro de piñeiro rubio, onde o sámago (a madeira un chisco máis clara) e mais a cerna pódense distinguir de xeito menos doado que no caso do teixo.
Toro dunha faia europea (Fagus sylvatica), no que a cerna e mais o sámago case non e distinguen.

Importancia industrial[editar | editar a fonte]

Dende o punto de vista da industria da madeira, e especialmente da carpintaría, o sómago é un factor a ter moi en conta en cada unha das madeiras, tanto é así que en calquera informe técnico sobre calquera especie o primeiro que se menciona é a cor da cerna (parte interna do toro achegada ao miolo) e ao sámago; hai algunhas madeiras que se o seu sámago fose máis resistente serían máis aprezadas, xa que o sámago non serve normalmente para ser ben traballado ou podrece antes, incluso chega a ter unha cor completamente diferente, que case sempre é alba.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

GACÍA HORTA, José Antonio.Fibras papeleras (2007). Barcelona. Edicions UPC