Eucalipto nitens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Eucalyptus nitens")
Eucalipto nitens
Brown Mountain old growth tree.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Myrtales
Familia: Myrtaceae
Subfamilia: Myrtoideae
Tribo: Eucalypteae
Xénero: Eucalyptus
Especie: E. nitens
Nome binomial
'Eucalyptus nitens'
H.Deane & Maiden

O eucalipto nitens[1] (Eucalyptus nitens), coñecido en inglés coma shining gum, é unha especie nativa de Victoria e o leste de Nova Gales do Sur en Australia. Medra en bosques húmidos tépedos e nas súas marxes, en solos fértiles de áreas de clima fresco.[2] Atópase naturalizado en Galicia, aínda que en menor medida ca o eucalipto azul. Atura mellor as xeadas ca este último.

Descrición[editar | editar a fonte]

Eucalyptus nitens é un árbore grande que medra até 60 m de altura, en Victoria ocasionalmente acada os 90 m de alto.[3][4] A casca é persistente na parte baixa do toro, cinsenta a café agrisada, fibrosa-escamosa, lisa na parte exterior, branca, cinsenta ou amarela, mudándoa en longos listóns. As follas son opostas, ovadas a elípticas, cordadas, glaucas, e as follas adultas son estreitas-lanceoladas ou lanceoladas, 15–25 cm de longo, 1,5–2,5 cm de largo, verdes, brillosas, concolorosas. A inflorescencia é de 7 flores, o pedúnculo estreitamente chan ou angular, 6–15 mm de longo. Os casulos son sésiles, ovoides ou cilíndricos, 5–7 mm long, 3–4 mm de diámetro, a cicatriz do anel é causada pola muda do opérculo exterior; a caliptra é cónica, aguda ou obtusa, máis curta ou tan larga como hipantio. O froito é cilíndridico ovoide, 4–7 mm de longo, 4–6 mm de diámetro; o disco é deprimido e as valvas encerradas ou ao nivel do aro.

Usos[editar | editar a fonte]

En Tasmania Eucalyptus nitens é unha das especies máis importantes madeireiras usadas en plantacións xunto con Eucalyptus globulus (eucalipto azul de Tasmania) e Pinus radiata (piñeiro insigne).

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Eucalyptus nitens foi descrita por H.Deane & Maiden e publicado en A critical revision of the genus Eucalyptus 2: 273. 1913.[5]

Etimoloxía

Eucalyptus: nome xenérico que provén do grego antigo: = "ben, xustamente" e kalyptós = "cuberto, que recubre". En Eucalyptus L'Hér., os pétalos, soldados entre si e ás veces tamén con sépalos, forman parte do opérculo, perfectamente axustado ao hipanto, que se desprende á hora da floración.[6]

nitens: epíteto latíno

Sinonimia
  • Eucalyptus goniocalyx var. nitens H.Deane & Maiden, Proc. Linn. Soc. New South Wales 24: 462 (1899).[7]

Biometría[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome común galego en VV. AA. (2012) Vocabulario forestal, Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo
  2. "Flora of New South Wales". Royal Botanic Gardens, Sydney. 
  3. Boland, D. J. et al.: Forest Trees of Australia.
  4. Brooker, M. I. H. & Kleinig, D. A. 2006: Field Guide to Eucalypts, Volume 1 South-eastern Australia.
  5. "Eucalyptus nitens". 
  6. En Flora Vascular
  7. "Eucalyptus nitens". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]