Eubalaena australis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eubalaena australis
Balea franca austral
Eubalaena australis na península Valdés (Arxentina)
Eubalaena australis na península Valdés (Arxentina)
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Cetacea
Suborde: Mysticeti
Familia: Balaenidae
Xénero: Eubalaena
Especie: E. australis
Nome binomial
Eubalaena australis
(Desmoulins, 1822) [1]
Distribución de Eubalaena australis

Distribución de Eubalaena australis
Sinonimia
Referencia:[2]
  • Balaena antarctica Lesson, 1828
  • Balaena antipodum Gray, 1843
  • Balaena australis Desmoulins, 1822
  • Balaena capensis Gray, 1868
  • Balaena glacialis Mueller, 1776
  • Balaena glacialis australis Scheffer & Rice, 1963
  • Balaena hectori Gray, 1874
  • Balaena mysticetus antarcticus Schlegel, 1841
  • Eubalaena capensis Gray, 1866
  • Eubalaena glacialis australis Tomilin, 1962
  • Halibalaena britannica Gray, 1873
  • Hunterus temminckii Gray, 1864
  • Macleayius australiensis Gray, 1865
Calosidades na cabeza de Eubalaena australis.
Sopro en forma de "V" característico.
Escultura de Eubalaena australis en Tasmania.
Observadores de baleas cerca da península Valdés.

Eubalaena australis (Desmoulins, 1822), é unha especie de cetáceo misticeto da familia dos balénidos, descrita en 1822 por Desmoulins como Balaena australis..

É una das tres especies do xénero Eubalaena, as coñecidas como baleas francas, que anteriormente foron clasificadas como unha soa especie,[3] e que son denomiandas así (baleas francas = baleas fáciles de cazar) porque nadan lentamente, son moi confiadas e, cando morren, flotan na auga, o que facilita moito os labores dos baleeiros que as cazaban. Por iso, na nomenclatura internacional, coñécese como balea franca austral.

Características[editar | editar a fonte]

As proincipais caracetrísticas de Eubalaena australis son as seguintes:[4]

  • Moi semellante ás outras baleas francas ten o corpo repoludo, de até os 13 ou 15 m nos machos e ao redor dos 16 nas femias, e un peso que oscila entre as 30 e as 80 t. Ao naceren miden de 3 a 5 m, e pesan ao redor de unha tonelada.
  • A cabeza é e grande, e presenta calosidades, zonas de pel elevadas de máis de 5 cm de grosor e consistencia córnea. A distribución, dimensións e forma destes calos varían dunha balea a outra pero non cambian co crecemento, polo que funcionan a xeito de pegadas dactilares que identifican a cada animal durante toda a súa vida. Estas calosidades, desenvolviudas xa na etapa fetal, son de cor gris escuro, e presentan densas poboacións de pequenos crustáceos anfípodos ciámidos (ou piollos das baleas) que, nalgunhas ocasións, se intercalan con cirrípedes que fan que as calosidades se vexan brancas, amarelas, alaranxadas ou de cor rosa clara.
  • Dentro da boca, de forma curva, a mandíbula superior sostén unhas 260 barbas de até uns 2,50 m de longo, coas que fitran o krill e outros pequenos crustáceos dos que se alimentan.

Distribución[editar | editar a fonte]

Eubalaena australis é unha especie de distribución circumpolar, rexistrándose a súa presenza polo menos entre os 20º S e os 55º S. Reprodúcense en inverno nas costas do subcontinente sudamericano, principalmente nas da Arxentina e do Brasil, aínda que tamén algúns individuos o fan nas de Chile e o Perú, e nas da illa de Tristán da Cunha, sur de África, principalmente nas da Republica Sudafricana, chegando até Mozambique e as costas occidentais de Madagascar, sur de Australia, Tasmania e Nova Zelandia, migrando en verán cara ás augas frías da Antártida,[4] [5] onde se encontran principalmente entre as latitudes 40º S e 50º S,[5] aínda que tamén se puideron ver, especialmente nos últimos anos, tan ao sur como nos 65° S,[6] e nos arredores de Xeorxia do Sur.[7]

Poboación[editar | editar a fonte]

A Comisión Baleeira Internacional realizou a súa última revisión importante das baleas francas austrais en 1998 (CBI 2001), constatando que, tras o grave esgotamento histórico pola caza comercial, varias subpoboacións reprodutoras (Arxentina, Brasil, Sudáfrica e Australia) mostraron evidencias dunha forte recuperación, cun tempo de duplicación de 10-12 anos.[8] [9] [10]

As outras subpoboacións de cría aínda son moi pequenas, e os datos dispoñíbeis son insuficientes para determinar se se están a recuperar. Calcúlase que el tamaño total da población a partir de 1997 era de 7 500 animais (dos cales 1 600 eran femias maduras, incluíndo 547 de Arxentina e 659 de Sudáfrica), e as tres principais subpoboacións continuaron aumentando a unha taxa similar desde entón.[11] [12]

As capturas ilegais da Unión Soviética (principalmente na década de 1960) inhibiron temporalmente a recuperación, pero en xeral a poboación parece que medrou bastante desde entón.

Parece que hai un intercambio substancial entre os criadeiros do mesmo continente, por exemplo entre Arxentina e Brasil,[13] pero a taxa de intercambio é moito menor entre subpoboacións afastadas xeograficamente, por exemplo, entre as de Australia e Nova Zelandia,[14] e entre as de Arxentina e Tristán da Cunha.[15]

Comportamento[editar | editar a fonte]

Como as outras baleas francas, Eubalaena australis nada lentamente, pero tamén pode facer acrobacias: saltos, golpes na auga coas aletas pectorais e diversos movementos coa aleta caudal, coa que pode facer o pino, axitando a cola perpendicularmente ao vento até 2 minutos utilizándoa como vela de navegación, posto que a manobra fai que seo animal se deslice libramente pola auga. Isto parece que se trata dunha forma de xogo, xa que polo xeal nadan atçé o punto de partida para repetir o deslizamento.[4]

Cando efectúan as inmersións, a cabeza sae moito da auga, mostrando as sñuas calosidades, e lanzando o típico sopro en "V" das baleas francas, que adoita ter unha altura duns 5 m; despois a cabeza dresaparece por debaico da superficie, e o único que se ve é o dorso ancho, liso, sen aleta dorsal e sen calosidades.[4]

Ameazas e medidas de protección[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Caza de baleas.

As baleas francas austrais foron cazadas intensamente por baleeiros premodernos a partir de principios do século XVII, pero especialmente nos séculos XVIII e XIX por baleeiros americanos e europeos.

Aínda que non se conservan moitos rexistros, pénsase que o número total de animais capturados entre 1770 e 1900 foron uns 150 000, dos cales entre 48 000 e 60 000 foron tan só na década de 1830.[16]

Cando comezou a caza de baleas moderna, a principios do século XX, a especie xa era moi rara, e as capturas até que as baleas comexzaromn a estar algo protexidas a partir de 1935 ascenderon a só uns 1 600 exemplares. Sobre 3 000 animais foron capturados ilegalmente polas flotas baleeiras soviéticas na década de 1960.[17]

A población hemisférica en 1770 estímase entre 55 000 e 70 000 individuos, e se cre que descendeu até un mínimo de cerca de 300 animais na década de 1920.

A especie probabelmente comezou a recuperarse despois de protección iniciada en 1935, pero as capturas ilegais soviéticas na década de 1960 fixeron que, segundo estimacións, se eliminara á metade da poboación existente neses momentos, e que se atrasara a súa recuperación.[16]

Debido á intensa caza da que foi obxecto, chegou, por tanto, e como a súa conxénere do norte, Eubalaena glacialis, case a extninguirse. No século XIX, a súa poboación se reducira até un 90 %. Pero desde a moratoria de 1986 a poboación da especie experimentou un aumento aproximado do 7 % nos últimos anos (ver máis arriba), e na actualidade existen aproximadamente 8 000 exemplares.

Para protexer esta especie, en 1984 a República Arxentina sancionou a lei 23094 pola que se declaraba Monumento natural a todas as baleas francas austrais que se visualicen nas súa augas xurisdiccionais. Tal decisión se fundamentou na imperiosa necesidade de outorgarlle a debida protección a esta especie animal que se reproduce en aguas austrais, e que é motivo da práctica do moderno turismo de avistamento de baleas na península Valdés, na Patagonia. Hai un crecente interese na posibilidade de crear un santuario para la preservación de esta especie no Atlántico sur.[18]

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

Nos anos 1990, o estatus da poboación de Eubalaena australis era considcerada como vulnerábel:

  • 1994 – Vulnerábel (Groombridge 1994)
  • 1990 – Vulnerábel (IUCN 1990)
  • 1988 – Vulnerábel (IUCN Conservation Monitoring Centre 1988)

Nos últimos tempos a IUCN, dado o tamaño da poboación estimada recente (1 600 femias maduras en 1997 e aproximadamente o duplo deste número en 2007), e o forte incremento da taxa observada nalgunhas partes moi estudadas da área de distrubución da especie, a poboaciómn actual, aínda que sendo escasa en relación coa súa riqueza histórica, non se considera ameazada a nivel hemisférico. Estímase que a poboación agora é maior do que era hai tres xeracións (87 anos, supoñendo un tempo de xeración de 29 anos).[19]

Algunhas subpoboacións, en particular s de Chile e Perú, aínda son moi pequenas e poden necesitar protección especial pata que se restableza. Porén, a UICN cualificou en 2013 o estado global da especie como "LC" (pouco preocupante).[16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eubalaena australis (Desmoulins, 1822 no SIIT.
  2. Eubalaena australis (Desmoulins, 1822) en Perrin, W. F. (2012): World Cetacea Database.
  3. Daquela, clasificábanse como subespecies:
    • Eubalaena glacialis glacialis, no Atlántico norte (hoxe, E. glacialis).
    • Eubalaena glacialis japonica, no Pacífico norte (hoxe, E. japonica).
    • Eubalaena glacialis australis, no Atlántoico sur, Pacífiico sur e Índico sur (hoxe, E. australis).
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Carwardine, M. (1995), pp. 44-45.
  5. 5,0 5,1 Eubalaena australis na UICN.
  6. Bannister, J. L., Pastene, L. A. and Burnell, L. A. (1999): "First record of movement of a southern right whale (Eubalaena australis) between warm water breeding grounds and the Antarctic Ocean, south of 60 degrees South. Marine Mammal Science 15 (4): 1337-1342.
  7. Rowntree, V. J., Payne, R. S. and Schell, D. S. (2001): "Changing patterns of habitat use by southern right whales (Eubalaena australis) on their nursery ground at Peninsula Valdes, Argentina, and in their long-range movements". Journal of Cetacean Research and Management 2: 133-144.
  8. Bannister, J. (2001): "Status of Southern right whales (Eubalanea australis) off Australia". Journal of Cetacean Research and Management Número especial 2: 103-110.
  9. Best, P. B., Brandão, A. and Butterworth, D. S. (2001): "Demographic parameters of Southern right whales off South Africa". Journal of Cetacean Research and Management Número especial 2: 161-169.
  10. Cooke, J. G., Rowntree, V. J. and Payne, R. S. (2001): "Estimates of demographic parameters for Southern right whales (Eubalaena australis) observed off Peninsula Valdes, Argentina". Journal of Cetacean Research and Management 2: 125-132.
  11. Best, P. B., Brandão, A. and Butterworth, D. S. (2005): "Updated estimates of demographic parameters for Southern right whales off South Africa". International Whaling Commission Scientific Committee.
  12. Cooke, J. G., Rowntree, V. J. and Payne, R. (2003): Analysis of intra-annual variation in reproductive success of South Atlantic right whales (Eubalaena australis) from photo-identification of calving females observed off Peninsula Valdes, Argentina, 1971-2000. International Whaling Commission Scientific Committee.
  13. Groch, K. R., Fabian, M. E., Adler, F. R., Palazzo Jr., J. T. and Flores, P. A. C. (2004): Recent rapid increases in the Brazilian right whale population. International Whaling Commission Scientific Committee.
  14. Anónimo (2004): Report on the Australasian workshop on right whales photo-identification and data analysis. Department of Environment and Heritage, Canberra: 21 pp.. Adelaide, South Australia.
  15. Best, P. B., Payne, R., Rowntree, V., Palazo, J. T. and do Carmo Both, M. (1993): "Long-range movments of South Atlantic right whales Eubalaena australis". Marine Mammal Science 9: 227-234.
  16. 16,0 16,1 16,2 Reilly, S. B., Bannister, J. L., Best, P. B., Brown, M., Brownell Jr., R. L., Butterworth, D. S., Clapham, P. J., Cooke, J., Donovan, G., Urbán, J. & Zerbini, A. N. (2013): Eubalaena glacialis na "Lista vermella" da UICN.
  17. Tormosov, D. D., Mikhaliev, Y. A., Best, P. B., Zemsky, V. A., Sekiguchi, K. and Brownell Jr., R. L. ( 1998): "Soviet catches of Southern Right Whales Eubalaena australis, 1951–1971. Biological data and conservation implications". Biological Conservation 86: 185–197.
  18. Uruguay busca crear santuario mundial de ballenas y delfines en sus aguas juridiccionales La Red 21. 7 de Octubre, 2013.
  19. Taylor, B. L., Chivers, S. J., Larese, J. and Perrin, W. F. (2007): Generation length and percent mature estimates for IUCN assessments of Cetaceans. Southwest Fisheries Science Center.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Eubalaena australis
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Eubalaena australis

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]